Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O DESCONTROL DOS INVASORES23-07-2011
Haz click para ampliar Como cada venres e cada martes, sobre todo cando hai nortada, vanse os postos dos invasores e deixan todas as bolsas e papeis no chan para que o vento os leve pola vila adiante e unha boa parte deles van parar ó mar, axudando a acabar un pouquiño máis coa vida que ten e co alimento que os mariñeiros sacan cada día del e facendo o seu traballo máis duro pola cantidade de lixo que ven nas redes.

Non hai quen sexa capaz de poñer firmes a estes inconscientes? Tanto costaría que cada un recollera o lixo que xenera en vez de deixalo no chan? Tanto costaría meterlle unha multa ou non darlle permiso a seguinte vez ao que non o fixera?

Outro goberno máis e a vila tan porca coma sempre.
chegan a Balea


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O DESCONTROL DOS INVASORES23-07-2011
Efectivamente, compañeiro, a falta de conciencia ecolóxica está demasiado arraigada na xente e todos somos mui tolerantes coa barbarie.
Os políticos esstán demasiado preocupados cos votos e non se atreven a meter man destes bárbaros...e de outros que tiran papeis, pipas, pitillos e o que faga falta. A incultura é tan grande que nin se enteran que están contaminando "asúa propia casa".
Sei que na esquerda hai algo máis de consciencia, pero non acaban de coller o touro polos cornos e deixarse de pamplinas, estouche ben farto das paparruchadas esas de que:
- é que non quero reprimir
- é que é millor facer unha campaña de concienciación
- éque hai que explicarrle á xente....
- bla, bla, bla.

Si a cada un que tira un papel ó chan ,ou unha colilla, ou unha bolsa de plástico lle caira unha boa multa asegúroche que a conciencia entra ela soia.
Tanto rollo e tanta pamplina
RE: O DESCONTROL DOS INVASORES23-07-2011
fai un par de anos, en Moaña quiseron saliu algo de que os postos dos invasores tiñan que recoller as súas sobras, plásticos, cartóns, perchas, etc., pero non sei en qué quedou a cousa, ¿alguén sabe algo máis?
¿cómo quedou a cousa en Moaña?
RE: O DESCONTROL DOS INVASORES24-07-2011
Eu creo que o millor e repercutirlles o custo da limpeza, si non limpan que paguen eles a quen o faga
QUE PAGUEN
RE: O DESCONTROL DOS INVASORES26-07-2011
aparcan en encima de aceras dejan todo lleno de mierda etc etc y aqui no pasa nada..... veronzoso y lamentable ya es hora que alguien los ponga en su lugar
edu
RE: O DESCONTROL DOS INVASORES28-07-2011
¿Se tanto dano fan, por qué lles comprades a roupa a eles podendo comprala vos mesmos no chines?

Por que sí, a roupa que venden a maioría deles e do chines
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados