Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS19-07-2011
Noticia inquedante que aparece hoxe no Xornal.com

A Xunta “promociona” a economía xumerxida e a chapuza

O novo decreto en materia de seguridade industrial “deroga” as antigas normas que esixían estar en posesión do carné profesional, acreditar a formación pertinente para poder exercer como técnico instalador ou realizar tarefas de mantemento e liberaliza o sector.
O texto, o Decreto 51/2011, foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 1 de abril pola Consellería de Economía

A Xunta renuncia ás súas competencias e fomenta a economía somerxida.

Os usuarios quedan desprotexidos, e póñense en risco 3.500 empregos do sector en Galicia.

Os cambios facilitan o intrusismo.

A Xunta deixará de percibir as taxas derivadas da anterior normativa da actividade

Sen regulamento, os profesionais non poden asegurar a calidade do servizo ofrecido

Ata a chegada do Decreto 51/2011, as pequenas empresas estaban obrigadas a contar con medidas de seguridade que garantisen uns mínimos de calidade –entre eles o carné profesional–. A partir de agora calquera poderá exercer actividade da fontanería, co perigo que iso implica..

Sen regulamento que ampare aos profesionais do sector “as empresas galegas atópanse nunha situación de inferioridade” en comparación con outras rexións españolas e europeas.
>> Ampliar datos O Vello Chumbeiro


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS19-07-2011
O que tamén se deduce desta noticia é que quen se encarga deste tema é a Consellería de Economía e non a de Industria, non porque o de Industria sexa máis competente que a de Economía, son os dous igual de torpes, si non porque parece que a seguridade das nosas casas e as nosas cidades (pénsese nas instalación de gas das vilas, pobos e cidades) non é unha cuestión “Industrial” se non “Económica”

Así pensaban os xaponeses cando instalaron as centrais nucleares: máis “Económico” e menos “Industrial”
máis leña
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS19-07-2011
Este último comentario non o entendín, xa que as consellerías de Economía e Industria son a misma.
¿pode ser que falaras con eufemismos?
explícate.
menos leña
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS19-07-2011
Está claro que prevalecen os intereses "económicos" antes que os "industrais" dentro desa Consellería.
Suponse que os industriais levan aparelladas unha serie de normas de seguridade que hai que cumplir, mentras os os económicos soio son cousa de aforrar, a costa da seguridade ou do que sexa, por certo, que tampouco aforran nin economizan nada con este tema, xa que a Xunta deixa de ingresar as taxas legais que paga calquer actividade por desempeñar o seu traballo na sociedade.
Espero haber aclarado algo.
máis leña
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS19-07-2011
Aquí o único que está claro é Feijóo e os seus monaguillos están dispostos a "liberalizar" (dinamitar) todo o que se lle poña por diante
perigo: dinamita
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS20-07-2011
os mismos payasos de sempre, incluido o xornal, enganando no foro.
o publicado no doga e unha normatida da comunidade europea, que se publica no doga por ter as competencias.
enfermeira
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS20-07-2011
A sra. "enfermeira" nega o evidente, será para despistar ou porque lle resulta mui duro creer o que se ve.
Teu pai engañoute de pequena.
é o que hai
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS20-07-2011
Estes do PP son uns irresponsables, mira que publicar unha broma no DOGA
increíble
RE: CONSELLERIO CHAPUZAS, FONTANERíA CHAPUZAS22-07-2011
Agora estarán tranquiliños todos os que se adican desde fai anos a facer "chapuzas e arranxiños para sacar unhas pelas" como ese p local que todos coñecemos, agora que deixen tamén de esixir estar dados de alta como autónomos ou coma empresa así estarían legais, excepto que a maioría teñen outros empregos polos que cobran... a economía sumerxida e os listillos de turno levan anos e isto non fará que aparezan agora, cantos cartiños sen declarar... Verdade m?
Listillos tranquilos
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados