Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...12-07-2011
Haz click para ampliar Os "mercados" teñen claro os seus obxectivos e os seus prazos. España xa está a pagar un 6,2% o diñeiro co que se financia, e ten toda a pinta de que van seguir atacando ata que a vítima non dea sinais de defensa e podan disputarse a carroña tranquilamente entre eles, como xa están facendo con Grecia, Irlanda e Portugal.

Quén son os mercados: especuladores sen ética nin control algún que posúen uns cartos ficticios obtidos a traveso de enxeñería financeira absolutamente fraudulenta.

O engraxado sistema financeiro actual permite que os cartos aparezan “milagrosamente” dende o momento en que alguén solicita un préstamo e se compromete a pagalo nuns prazos determinados. Ese diñeiro non existía antes, non sae de ningún lado, créase nese mesmo momento. Isto é dunha simplicidade e dunhas consecuencias tales que resulta difícil de crer, pero é así. Os bancos xa non precisan sequera ter unha provisión legal sobre o que prestan. Agora, as probas de stress esixen un 10% de activos de certa calidade para poder ter o 100% prestado, pero os límites legais non existen. Ridículo, pero a máquina funcione mentres este lanzada a toda velocidade, haxa crecemento e o crecemento permita esa fuxida cara adiante.

Pero o mundo é finito e o crecemento non pode ser indefinido: as selvas acábanse, os caladoiros esgótanse, o petróleo, o uranio...e a máquina segue a pedir máis e máis.

Unha burbulla estoupa, creamos outra, máis préstamos, máis diñeiro que alimenta o sistema, e dá igual a calidade dos préstamos, ou se van pagalos algunha vez, a máquina os empaqueta dunha forma ou outra, as axencias de cualificación lle poñen AAA+ e pasan a producir rendementos: un inmenso timo piramidal.

E agora? Veñen a por España. En Portugal, Irlanda e Grecia xa se levaron o que tiña de valor a prezo de saldo: aeroportos, portos, a sanidade, os trens, as autoestradas, todo aquilo que era patrimonio do estado (e polo tanto de tod@s) e permitía ao país funcionar e financiarse. Sen iso, con todo en mans de especuladores que só buscan beneficio o estado non pode levantar cabeza, convértese nun pobo escravo. En Grecia a esperanza de vida baixou 5 anos dende o rescate (menos operacións, peores fármacos, peor atención...). E nós? Que imos facer nós? Poñernos a botarlle a culpa aos socialistas para que veñan os pepeístas a facelo exactamente igual?

Xuntarse e loitar, non hai outra. Deixar crebar os bancos, ou nacionalizalos todos, se en Europa aceitan o borrón e conta nova ben, se non, suspender pagos, deixar de pagar a débeda, saír do euro e empezar de cero, como fixeron os islandeses: nova constitución redactada polos cidadáns/ás, as débedas eran dos bancos, non do estado, e os cidadáns/ás non son responsables da débeda formalizada por un goberno ilexítimo, AVEs, aeroportos sen avións, guerras en Afganistán, Libia ou o Índico, exceso de autovías e falta de transporte público...E curiosamente aos islandeses estalle saíndo ben: están financiándose nos mercados a intereses moderados e están medrando outra vez..

Xuntarse e loitar, non nos deixemos estafar.


>> Ampliar datos xuntarse e loitar


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...12-07-2011
non teño nada que engadir o dixeches todo moi ben, so escribo para apoiar esta denuncia, adiante coa loita.
a por eles
RE: E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...12-07-2011
la miseria feroz
ha tomado las calles
la avaricia se folla
a la libertad.....
xa o decian os da polla hai 20 anos e non lle fixemos caso
la polla records
RE: E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...12-07-2011
Tes toda a razón e penso que era unha das claves do mov 15-M, pero cando non interesa que a xente se rebele, o mellor e tapalo todo con fume negro: perro flautas, desorganizados, xóvenes do botellón....e chegan as elección e seguimos igual ou peor do que estabamos. Algo hai que facer, temos que loitar por que o consumismo que nos inculcan para ternos entretidos, non poda connosco.
Moañesa
RE: E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...12-07-2011
estamos saliendo
de la situacion
y vamos a darle
pronto solución.

Si eres joven
y revelde
Coca-Cola
te comprende.

Si é que Evaristo o da Polla é un profeta.
AK-47
RE: E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...13-07-2011
A situación é esperpéntica: países como Estados Unidos, con un 93% do PIB de débeda (14.290.000.000.000 $), manteñen ao mando da súa economía aos mesmos que produciron a crise das subprime, e precisan crear outra burbulla que lles permita seguir fuxindo cara adiante, e esta vez o xogo está no rescate de países.

Rescatar chámanlle a inxectar cantidades monstruosas de cartos, de eses cartos ficticios que inundan o mundo (soamente o 2,5% das transaccións refírense a economía real, o 97,5 restante son especulativas) para pagar débedas artificiais que repercutirán no propio sistema especulativo, e de paso privatizar todo o que sexa posible.

O xogo especulativo manexa as primas de risco dos países. Eu sinceramente non entendo moi ben o sistema, parece que esta baseado nos CDS (credit default swap) que son como unha especie de seguros nos que aseguras algo que nin sequera ten porque ser teu, ou sexa, dito simplemente: apostas porque algo vai rachar.

Xogando e especulando cos CDS e facendo subir o seu prezo, conseguen que medre a percepción de risco sobre un país e por iso, para colocar a débeda de ese país cada vez hai que ir pagando maiores intereses, ata chegar a límites nos que eses intereses son simplemente imposibles de pagar.

A todo isto axudan as axencias de cualificación, que xa están traballando para asegurarse que os países rescatados sigan sen levantar cabeza: hai que crear un caos tal que lles permita aos americanos disimular o seu propio caos e seguir fuxindo cara adiante.

A débeda de Estados Unidos é dúas veces a de Europa enteira e o seu déficit fiscal é do 10% (Europa 4,6%). e as medidas que están tomando para saír diso son máis a máis poder e desregulación aos seus poderes financeiros.

E pos unha cadea calquera de televisión e case seguro que están poñendo unha peli ou unha serie americana. BOICOT TOTAL XA AOS ESPECULADORES.
os malos somos nós?
RE: E MENTRAS TE ESTAFAN, TI SIGUE NA TERRAZA...13-07-2011
Moi interesante:
http://charlas.publico.es/juan-torres-2011-07-13
hai solucións
13-07-2011
El mensaje no se acoge a las normas del APARTADO DE DENUNCIAS por no tratarse de una denuncia relativa a la comarca del Morrazo o su área de influencia. Para temas generales debe utilizarse el FORO DEL MORRAZO
Se cierra el hilo
administrador
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados