Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
AS CACICADAS DE SOTELO08-07-2011
Haz click para ampliar Chega Sotelo e xa aparecen as novas da xuntanza entre o representante de Baqueiro Gestión S.L. co alcalde, o concelleiro de urbanismo e técnicos do concello.

Falaron do proxecto de talaso en Ameixide e da intención de construír un porto deportivo co que estaría de acordo a confraría de Aldán a cambio de obter uns cen postos de amarre.

A típica cacicada: Ese porto estaba incluído no Plan Director de portos deportivos do bipartito, pero foi rexeitado tras a fase de alegacións "por interferencias socioeconómicas, problemas medioambientais e legais”. Tiña 150 amarres e ocupaba 25.700 m2. Cómo é posible que a confraría estea de acordo a cambio de quedarse con 100 prazas? A quén están enganando aquí?

A zona de Ameixide forma parte dunha concesión marisqueira da Confraría de Aldán. Para facer un porto enriba lle terían que expropiar o espazo ocupado, o mesmo argumento que expón a Confraría de Cangas no seu contencioso contra o porto de Massó.

Quén asesora ao patrón maior de Aldán? Están de acordo o resto de mariñeiros da confraría? Estamos de acordo o resto de cangueses/as en que as cousas se fagan trapicheando favores ó marxe da lei?
>> Ampliar datos baixo a pel da ouvella


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: AS CACICADAS DE SOTELO08-07-2011
Pouco hai que engadir, amigo, a cousa está ben clara , estes levan catro anos sin rapiñar e agora teñen presa... por si acaso lles dura pouco.
rapiña Ppepera
RE: AS CACICADAS DE SOTELO08-07-2011
A eso chamase progreso e benestar para o pobo
XA ESTÁN OS ANTITODO DO POBO
RE: AS CACICADAS DE SOTELO08-07-2011
Teñen fame de ladrillo, estes chourizos, teñen fame de ladrillo e de "yates de postín". Xa cheirades os cartiños ehhhh? Xa se vos fai a boquiña aghua???

Non aprenderedes, estamos como estamos por vivir da ESPECULACIÓN, de vivir do conto... como vos gusta fodelo todo... Postos de traballo por aqui, postos de traballo por alá, riqueza por aquí, progreso por alá... e digo eu... ¿Despois de estar PROGRESANDO neste estado español durante os últimos 20 anos... ONDE ESTAN OS POSTOS DE TRABALLO E A RIQUEZA, se a maioría da xente está sen traballo e mal vivindo? O LADRILLO NON É PROGRESO, está demostrado, despois de 20 anos sendo a locomotora da economía española, só nos deixou pobreza e paro... Aí TEDES o VOSO PROGRESO... PARO e POBREZA...
E dalle... para ó do comentario, lee este coemntario, home...
RE: AS CACICADAS DE SOTELO08-07-2011
Coma sempre, aparece alghun/ha dicindo que pedir que algho se fagha legalmente é estar contra todo.

É como a apoloxía do terrorismo pero aplicada aos métodos que usa o PP.

Así é normal que existan os Gürtel, Brugal, Orquesta e todos os chanchullos que non saen á luz porque se tapan a tempo ou os tapan os xuíces; e que chegue a ser normal que eses mesmos delincuentes salgan elixidos unha e outra vez.

Tranquilos, vos ao voso, vaivos moi ben...
contra a ordeación do territorio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados