Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
VAGA DE INCENDIOS, II PARTE 28-06-2011
O ano pasado (2010), X. A. Pérez-Lema escribía no Xornal.com sobre a vaga de incendios. Entre outra cousas decía isto:
“O conselleiro do Medio Rural (Samuel Juárez) debería explicarnos as razóns da falla de cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios. E tamén as razóns da desmontaxe en nome da “liberdade” de iniciativas do bipartito que reordenaban as superficies forestais e puñan en valor o medio rural, como as unidades de xestión forestal (Uxfor) ou o banco de terras. E o propio presidente, que bota en falla a colaboración cidadá nesta andaina, habería xustificar porque se esfarelou o “voluntariado en defensa do monte galego” que crearon a antiga vicepresidencia e a consellaría de Medio Rural.”
Este ano o conselleiro Juárez supérase na súa estupidez botando balóns fóra e dando cabezadas en todas direccións menos na máis sensata. Hoxe o Xornal.com infórmanos dos lumes de este ano e parece a segunda parte dunha serie de terror. Escribe o Xornal sobre o Conselleiro:
“As súas reiteradas negativas a adiantar a posta en marcha do operativo especial contra os incendios forestais reveláronse incoherentes, sobre todo, polos argumentos dados, dende sinalar que as predicións meteorolóxicas fallan ata mesmo deixar caer a xeito de insinuación que tras as queimas intencionadas se atopa o persoal do Seaga (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos) que é contratado na época de máximo risco.”
Non me cabe dúbida que nas próximas eleccións autonómicas este botarate presuntuoso arrasa, sobre todo nas zonas máis queimadas.
Así de “xenerosos” somos nós
>> Ampliar datos ¿Ulo o da mangueira?


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VAGA DE INCENDIOS, II PARTE 28-06-2011
Non cabe duda que temos que loitar todos xuntos contra esta "lacra"...contra a lacra dos incendios tamén, claro.
O Vello Rosmón
28-06-2011
ISTO SEGUIRA ASÍ TODA A VIDA, PORQUE AGORA XA NON SE LIMPAN OS MONTES COMA ANTES. QUEN TEÑA FINCAS NO MONTE E NON AS LIMPE, QUE O FAGA UNHA CUADRILLA NO AXUNTAMENTO, E DESPOIS QUE LLE COBREN SE NON O FAN. ISO SERIA UNHA MOI BOA POLITICA CONTRA INCENDIOS. pORQUE A UNICA POLITICA ANTI INCENDIOS E A LIMPEZA.
PERO CLARO SE ISTO SE FAI XA ESTAS OBRIGANDO A XENTE A TRABALLAR O SIMPLEMENTE OBLIGASLLE A ---, E ISO NON SE TOLERA, QUE A MIN ME DIGAN O QUE TEÑO QUE FACER, ISO E MOI TIPICO DESTE POBO.
PERO CLARO SI SE FAI ISO A XENTE PROTESTA.
LIMPEZA DO MONTE XA, E MENOS LIMPEZA NO POBO QUE XA HAY MOITAS PAPELERAS, PERO AS PORCAS E PORCOS DESTE POBO NON AS UTILIZAN, TODO PARA O CHAN QUE HAY XENTE ENCHUFADA NO AXUNTAMENTO QUE SE ADICA A LIMPAR, JA JA JA, DE COÑA.
sOLO HABRA POLITICAS ECONOMICAS, HASTA QUE EXPLOTEN.


En internet el uso INDISCRIMINADO DE MAYÚSCULAS equivale a estar gritando y se considera de mala educación.
Te agradeceríamos que enviaras tus aportaciones en minúsculas.
CHOPO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados