Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
BIKE OU NON VAI05-06-2011
Disfutei mirandovos pasaR polas miñas pistas de tanta natureza xunta...espero que vós tamen o DISFRUTARADES MOITO.

Espero que non vós OLVIDEDES DE RETIRAR todas as CINTAS DE PLASTICO que quedaron por todo o percorrido que fixestedes... NON ME GUSTAN ¡¡¡¡

Si non as sacades de donde as puxestedes...estaran dañando toda a flora durante moitos anos.

Veña non vós olvidar de facelo e a proxima carreira nos atoparedes moi bonitos.

GRACIÑASSS

Monte Facho-Cabo Home


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
xa podias esperar un día empanado....
a que collóns denuncias ista aqui cando soamente pasaron unhas horas???
hoxe foi o día de "manuel santos" non o teu paspán...
iluminado
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
si tanto te molestan xa as pudeches quitar ti compañeir e colabor un pouco que aqui para criticar sobra xente
cada un...
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
mimadriña como esta o patio. A xente ten janas de jerra ou que??
Non pasou nin un dia.
Non deixas nin que a xente vaia comer.
aparete a que ven poñer isto no apartado de denuncias.
Ti o que queres e meter leña o fuego pa que non se volva a facer ou a saber.
eu
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
Tranquilo, onte xa se recolleron as cintas case da metade do recorrido (ahí pode verse a eficacia deste gran equipo) e entre hoxe e mañá quedará todo limpo.

Precisamente, somos grandes aficionados a este deporte porque disfrutamos con él do que a natureza nos ofrece, polo tanto é de sentido común que respetamos o monte máis que ninguén
organización
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011

A proxima vez tedes que acordarvos de que non sodes vos os que podedes organizar nada sin o PERMISO das MENTES PRIVILEXIADAS, que temos no MORRAZO, e que son os UNICOS que estan CHAMADOS a INTERPRETAR A NATUREZA.

Éles son os unicos que teñen a potestade para decir cales son os eventos que se poden facer ou non.
NÓS SOMOS OS ELEXIDOS
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
Monte Facho-Cabo Home xa que te acordas de nos neste espacio de denuncias, podias acordarte de nos tamen no de noticias, dicindo por exemplo, a subida da calzada romana de Hio fai anos que nos se atopaba en tan bo estado como está ahora, gracias a que o BIke ou non vai de Cangas elexiuna para mostrarlla o participantes do Memorial que organizan.
pero para que estes tranquilo hoxe pola tarde quedará todo tan limpio como estaba antes do paso de 1000 bicicletas.
Si de verdade eres tan ecoloxista para poñelo en denuncias serás tan intelixente para comentar o da limpieza de camiños cerrados de maleza den fai anos no?

abraiado me ando
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
eres mais parvo que pejarlle a un cura un dia de festa despois da misa
chiste
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
As miñas felicitacións a organización, non había perda, estaban en tódolos puntos, non podíamos escaquearnos.
Eso sí!!! a de medrarlle o naris a mais de un, por mentiroso.
-¿queda moito, temos mais costa arriba??
- Non muller non!!!, queda pouco un "repechito" e xa está. Mentira!!!!
En fin sodes uns fenómenos, moi ben.
Por certo se necesitades colaboración para retirar cintas plásticos ou o que sexa podedes contar conmigo.
SESE
RE: BIKE OU NON VAI06-06-2011
ENHORABUENA A LA ORGANIZACIÓN. Una marcha cojonuda, muy buen ambiente, recorrido bonito y sobre todo UNA ORGANIZACON PERFECTA. No se como sois capaces de hacerlo gratis. Es muy complicado. Gracias por el dia.
Doohan
RE: BIKE OU NON VAI07-06-2011
Este será un deses personaxes que agora vai de ecoloxista pola vida por dicir que é dun partido político de esquerdas que defende Cangas....Vai durmir pesado. O deporte é a natureza son compatibles e ignorantes coma ti non nos van privar de facer o que nos gusta.
ecoloxistas da risa
RE: BIKE OU NON VAI07-06-2011
Pois hoxe martes eu acabo de chegar dun paseo polo monte no Hío e xa non se mira un plástico deses, así que xa os deberon recoller. O que si lles pediría, non sei se a organización ou ao propio concello, protección civil, etc, sería un pouco máis de información. Moitos veciños non puideron disfrutar do paso dos ciclistas e algún mesmo quedou máis de media hora "atascado" na casa sen poder saír porque a maioría non sabiamos nada da celebración da proba.
un veciño do hío
RE: BIKE OU NON VAI08-06-2011
Todo o mundiño tranquiliño, a ver senón xeralizamos, que moita xente que se define naturalista ou ecoloxísta está a favor destas probas deportivas por espazos naturais, e ó denunciante NON se lle pode atribuir a ningún colectivo porque NON asinou como colectivo-asociación-partido político, en todo caso como particular, así que, respetemos ós que nos respetan.

Un saúdo.
Non involucremos partidos nin filosofías de vida
RE: BIKE OU NON VAI08-06-2011
o que mais calado tes que estar eres ti.
por que carallo pon no apartado de denuncias este home cando non pasaron nin unhas horas de que se acabara a proba. este o que viña foi a mal meter. asi que nin respeto nin nada cando a xente e ata os veciños estan cicindo que esta todo limpo.
po lo carallo meteu algun comentario pedindo perdon
Asi que se escribe aki sabe que a xente vai contestar co a ti que non tes porque mandar calar a nadie
naturista deportista
RE: BIKE OU NON VAI08-06-2011
Para "naturista deportista":

Eiiii, paz irmán!!! Tranquiliño que ninguén mandou calar a nadie nesta denuncia, e se eres "naturista" pois alá ti home... eu sempre estiven a favor dos desnudos integrais como filosofía de vida, sexan na praia, na rúa... Pero ten coidado, que o "naturismo" e máis o "deporte" é un unha mezcla un pouquiño ghodida, porque como vaias desnudo na bici vaisete irritar o cú... iso seguro
tranquilo fiera!!!
RE: BIKE OU NON VAI08-06-2011
Organizaron todo cojonudamente, de maneira voluntaria, limparon todo en 48h, pediron permiso ás comunidades de montes, coordináronse coas autoridades, etc. Que máis queredes? Eu tamén son veciña do Hío e desde logo, xa podían tomar exemplo de Bike ou non vai outros colectivos que teñen feito cousas na nosa parroquia. E son ecoloxista, de esquerdas e todo o que queirades, pero non me identifico para nada coa persoa que fai a denuncia.
stop sisañas!
RE: BIKE OU NON VAI09-06-2011
Para trankilo fiera!!!!
estas mezclando as cousas que aki ninguen dixo nada de ir desnudos
o que pasa e que aki estamos a facer as cousas mal.
este home puxo no apartado de denuncias o de recoller as cousas cando a non pasara nin un dia.
parece que aki todo o mundo sentese ofendido por calqueira cousa.
ata por ir a facer unha ruta na bicileta.
e moita xente deportista e a que ten mais limpa a natureza.
asi que o que non me parece normal e que se esten a denunciar cousas cando a organizacion fixo un explendido traballo.
e cada un que o tome como keira
naturista deportista
RE: BIKE OU NON VAI11-06-2011
Mimadriña ¡¡¡¡.....VIRGHENSSANTISSSIMA ¡¡¡

Nunca eu quisen que se formara este lio¿?

Funme o monte, atopei os plasticos e con todos os MEUS RESPETOS no texto publicado, invitei a que os sacaran...

Orghanisasion "Bike ou non vai" e a todos os integrantes da proba ...todas as miñas disculpas ¿?

os que mencionaron:

paspan
mente previlexiada
parvo
pesado
ignorante
deskerdas

invitovos a leer novamente o texto e ante todo RESPETAR.

Veña, a disfrutar do que temos orredor ¡

Cabo Home - Monte Facho
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados