Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
FARTOS DE MENTIRAS E ENGAñOS04-06-2011
Os militantes socialistas estamos xa moi fartos das mentiras e as desinformacións de Juan Calvo. Seus comentarios sobre persoas que nin coñece nin se molestou en coñecer lle fai cometer moitas inxustizas. Só un ignorante é capaz de falar do que non sabe.

J.C. informa da dimisión do secretario de Organización Eloy López Freire pero non se atreve a dicir os motivos desa dimisión. Motivos que tampouco sorprenden a ninguén.

J.C. cálase as moitas dimisións presentadas na executiva de Héctor Otero antes da presentada por Eloy López Freire, de maneira que practicamente quedaron catro nesa executiva. Catro de catorce. E tampouco se dixo nada sobre os motivos. Por que será?

J.C. non acerta nin cando di que a asemblea socialista comezou ás 20 h. Ata niso está mal informado. Comezou ás 20 h. 37 m.

J.C. mente cando di que "algúns dos presentes, pertencentes ao sector crítico, pediron "por favor", a dimisión de Héctor Otero". Nin pertencían a ningún sector nin representaban a ninguén máis que a si mesmos. Malia iso recibiron o apoio da inmesa maioría da asemblea e só dous militantes intentaron xustificar a Héctor Otero, e foi por compromiso.

J.C. mente cando informa que algúns militantes se queixaban de que Mayse non tería ido de número dous. Ninguén formulou esa queixa. Algúns militantes formularon a queixa de que Mayse Vilas tivese sido desprazada ata o cuarto posto, cando tanto Toñi Queimaño coma ela mesma merecían ocupar o 2º e o 3º posto da lista.

J.C. mal informa cando nomea aos militantes Gustavo Lino, Francisco Latorre (e non Fernández Latorre), Antonio Paredes, José Domíngo e Tomás Abalde, e prentende con iso insinuar que as súas intervencións foron produto do rancor por ser apartados a un segundo plano coa chegada de Héctor Otero. Nada máis falso. Tanto Antonio Paredes coma Tomás Abalde nin sequera pediron a palabra. O contrario, os citados son só algúns dos moitos militantes que facilitaron a chegada de Héctor Otero á agrupación no ano 2007, que se puxeron á súa disposición e colaboraron con el, cóbado con cóbado, para conseguir os mellores resultados electores dende había moitos anos. Entre os citados están o Coordinador e o Administrador de Campaña das eleccións do 2007, xunto con algúns outros membros do Comité de Campaña. Entre os citados hai un exconcelleiro e un concelleiro da candidatura que encabezaba Héctor Otero. Entre os citados están dous dos tres negociadores socialistas do falido pacto do 2007, que actuaban a petición expresa de Héctor Otero. Entre os citados hai dous exmembros da Xestora que presidiu Héctor Otero. Todos e cada un deles estiveron sempre a disposición da agrupación. Acudiron a todas as peticións de colaboración que lles fixeron e pasaron moitas veces a segundo plano, tantas veces como traballos finalizados realizaron para a devandita agrupación.

J.C. mente, mente e mente. Primeiro cando afirma que Tomás Abalde ten aberto un expediente no partido. Segundo cando di que botou graves acusacións contra os seus compañeiros do grupo municipal. E terceiro cando fala de desobediencia interna.
J.C. non sabe nada do expediente porque non existe. Se ten algunha dúbida porque non pide que se lle mostre unha copia dese expediente co selo de Santiago?

J.C. di unha verdade. Héctor Otero xustificou os malos resultados polo mal goberno. Así xa imos por bo camiño, recoñecendo os erros.

E J.C. esquecéuselle informar que nesa Asemblea presentou a súa baixa como militante, como protesta pola negativa de Héctor Otero a presentar a súa dimisión, un socialista dos pés á cabeza, un histórico dos de verdade, o compañeiro José Luis González-Lavín, que cando se afiliou en Cangas no ano 1995 xa viña, xunto coa súa muller Estíbaliz, outra gran socialista, de defender os ideais socialistas fronte a outros caciques nunha perdida aldea da Galicia profunda.
socialista con dignidade


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FARTOS DE MENTIRAS E ENGAñOS04-06-2011
Os trapos sucios lavanse na casa. Menuda imaxen de partido dando recaditos pola prensa, patetico.....
un daqui
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados