Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
DEPARMENTO DE OBRAS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN29-05-2011
Si, é posible que estes catro anos de goberno municipal en Cangas foran pouco gratificantes, sobre todo, para certo interesado sector. ¿E os próximos? ¿Como pensamos que van ser?.
Hoxe leo o Faro de Vigo que Nardo Faro Lagoa vai negociar o seu apoio a Sotelo... Ben, ata ahí normal: a negociación entre partidos afíns é, loxicamente, evidente e necesaria (para eles)... Pero é que ademáis a Nardo Faro Lagoa lle queren dar unha concellalía (outra)... y nada menos que a de obras (e servicios, supoño ). No seu momento e cando foi nas listas do PP deronlle a concellalía de tráfico... ¿e que non se lembra ninguén da desfeita?.
Na miña inxenuidade ou esperanza no mellor criterio dos políticos (e iso que levo seguindo a política de Cangas moito tempo) non son capaz de imaxinar que Sotelo sexa capaz de poñer a Nardo Faro Lagoa ao fronte doutra concellalía. ¿Tan desesperado está?
A Nardo Faro Lagoa non lle fai falta unha concellalía para complicarlles a vida aos seus futuros "socios" de goberno... Pero é que si estos se pensan que Nardo Faro Lagoa vai "ocuparse" só de traballar polo e para "todo" o concello de Cangas, pois ben, inxenuos xa somos moitos. Dame un pouco de medo preguntar si pensaron en como se vai desenvolver as relacións entre o futuro concelleiro e os traballadores desta área. E o digo polo que xa pasou con anterioridade... Claro que iso só lle vai preocupar a eses traballadores. O pobo de Cangas non vai ter ningún problema: xa está aquí o home que vai solucionar todo. Calquera pode ir xunto a el e pedir: bombillas, puntos de luz, arranxo de camiños... Resolverá moito, si, resolvera tanto que lle vai a proporcionar ao PP os votos necesarios para que dentro de 4 anos consiga a ansiada maioría absoluta. Sempre e cando non haxa unha desfeita.
¿Vostedes imaxinan ao novo concelleiro resolvendo?. Os concelleiros do PP de Cangas teñen que ter en conta con quen se van a xuntar (algúns xa o saben, claro) e que tipo de condicionantes son os que van poñer sobre a mesa, porque non só se trata dun pacto de gobernabilidade, e que ademáis estamos o resto dos cidadáns de Cangas (que somos moitos) que non votamos a Nardo Faro Lagoa (que só tivo 737 votos). A democracia é o que ten.
Xa non sei por donde continuar, porque serían tantas as cousas a dicir... Obras e servicios é unha concellalía con moito contacto coas persoas e que, a pouco que se traballe ben nela, pode ser certamente ideal para conseguir unha importante relevancia política e social (non esquezamos que somo unha aldea, grande, pero aldea; e o digo con toda a carga positiva e negativa que ten).
sorprendida


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DEPARMENTO DE OBRAS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN29-05-2011
Canta razón tes, medo dá só pensalo. isto vai converterse nunha cadena de favores, primeiro facgoche o favor a ti pa gobernar, despois eu para que os xubilados-egoistas estén contentos e calados, despis unha licencia por aquí, outra por alá, outro favor máis adiante..... o que nos espera!!! Claro qaue algúns xa están fortadno as mans
Pasmo de medo
RE: DEPARMENTO DE OBRAS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN29-05-2011
parece que los trabajadores del ayuntamiento si es que se le puede llamar asi a esa panda de gandules ya estan temblando con el tema nardito pero somos muchisimos los que pusimos dinero para comprar el latigo a joderse por 700 y pico votos que buena falta hace. jeeeeeeeeeeeeeee¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
un prospero empresario
RE: DEPARMENTO DE OBRAS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN29-05-2011
Estou nas antípodas ideolóxicas e persoais do señor Faro Lagoa, pero tamén da forma de "traballar" de algúns. Non pode haber miles de cidadáns no paro mentres no Concello traballan catro y los demás la rascan para cobrar o soldo antes de fin de mes,que para eso estamos. Esa situación é a que fai xurdir persoeiros como o señor de Upac, que di "nosotros sí tenemos" (huevos para poñer orden) e á xente que está farta parécelle unha alternativa para aplicar la ley a vagos y maleantes. Dito isto, estou en contra de Upac e os demais ¿valores? que representa.
Falta fai
RE: DEPARMENTO DE OBRAS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN30-05-2011
Tiña razón Nardo,hay que poñer a xente a producir e gañar o soldo que cobran,non estar a sopa boba
moito vago hay ahi dentro
RE: DEPARMENTO DE OBRAS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN30-05-2011
Pois eu penso que o único que hai por agora é un guión inventado polo faro. A Sotelo chégalle con gobernar en minoría, para o pxom pode contar co BNG ou o PSdeG que son igual de fachas e ladrilleiros coma él, e para os presupostos seguir como ata agora, prorrogando os do 2008 ou inventando un novo, que xa sabemops as habilidades de Sotelo con caixas únicas e buratos de materia interestelar. O único que pode que lle dea medo pode ser que na constitución do novo pleno os demais se poñan de acordo e o deixen sen soldo, traxedia terrible para un home co seu nivel de vida
o reparto do botín
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados