Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Haz click para ampliar O descontento social fai que chegue a CANGAS as protestas da mocedade que se desvinculan de calquer partido politico DEMOCRACIA REAL XA. Asembleas tos os dias as 9 da noite cada vez masi xente está axudando a estes moz@s.
>> Ampliar datos SOLIDARIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Ata eu estou con eles si señor.
hippy
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Fóiselles das mans por dar pé a organizacións hiperideoloxizadas, dogmáticas, minoritarias e marxinais, e querer estender as súas demandas á maioría. Unha pena, pero de todo poderán sacarse boas e proveitosas conclusións, seguro.

O ocaso da acampada de Sol é flagrante:

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7937.html
Titanic
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Pois si da gusto ver a praza fornte ó concello eu pasei por ali ó lúns i habia dous cans ún melenas e mais unha dona que por certo tiñan unha pinta de traballadores como a miña, fixádebos si é asi que a merda dos cans estaba po lo medio sin limpar, pero e o mismo aqui o que inmporta e dar por saco e incordiar a quen está a sua vida. ¿Porque non bos metedes dentro do Consello e deisades de estorbar???
Un
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Pues a mi me parece bien. y en Cangas si que hay motivos para estar indignados con los politicos locales y su circo
tutu
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
O que teñen estes é moito tempo libre.
Lulú
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Si, deberían concretar o do voto responsábel: Que subisen ós concellos minorías xenófobas e racistas en Catalunya e Esapaña, paréceme aberrante. Eu aquí sei que un voto responsábel iría a ACE, por exemplo, e dende o meu punto de vista. Pero, os que votaron UPAC? estes señor pode definirse de centro-dereita o que queira, pero eu creo que vai máis alá. Non o comparo cos grupos filo-nazis que mencionaba antes porque me falta coñecer máis a este partido pero dende logo non é como pra regalarlle o voto así coma quen merca unha empanadilla... Bueno, e os que pactan con el, en fin.
Uu
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Nada tranquilo que se non votaron responsablemente desta vez xa van os de ACE por alí a levalos pola senda recta. Quen votara por Nardito sabía ben a quen lle daba o voto, seguramente persoas descontentas de Sotelo ou o PP. Sería o noso UPyD particular en Cangas.
Gurú
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Fanme gracia estes agoreros do ocaso do movemento e estes que soamente ven rastas e cans pulgosos.
O verdadeiramente podre da sociedade que nos tocou vivir usa Armani e Carolina Herrera para disimular o fedor, e se non vos sumades a o único movemento esperanzador que existe na actualidade (despois de estar tempo e tempo queixándose de que os xovenes só querían saber de botellóns) é que estades tan podres como os dos paraisos fiscais, ou preferides o fascismo que miramos medrar por todas partes.
1917
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
De Cataluña xa os correron e en Santiago falta un tris, a ver en que queda.
Desinflando
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Precisamente que carguen contra miles de indignados en tódalas localidades non miro que se vaia a desinfla-lo movemento, máis ben todo o contrario. O que si ten que deixar de ser un movemento hippy se é que algunha vez o foi ou alí onde predomine esa tendencia. Hai que lles contestar con propostas políticas que é o que se debate nas asambleas e co máximo de concorrencia nas propostas que non é doado dado os diferentes puntos de vista. Pero sobre todo hai que lles contestar con mobilizacións. Hoxe ás 19 horas concentracións en tódalas acampadas do Estado polas cargas en Barna e noutras localidades.

http://www.youtube.com/watch?v=Geg_6Xoy04s&feature=youtu.be
Mobilización
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
http://actuable.es/peticiones/urgente-exige-autoricen-concentracion-puerta-del-sol
Lusincú
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
É este

http://www.change.org/petitions/exige-la-dimisin-fulminante-del-conseller-de-interior-por-la-violencia-utilizada-en-pza-catalunya
Lusincú
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
A xente acaba de recupera-la praza de Catalunya 13.04 horas

http://yfrog.com/h7du5eyej
Reconquista
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
https://www.youtube.com/watch?v=vz2W1IRjmcc&feature=player_embedded
Desaloxo en Lleida
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Que cabróns, que maneira de rebentarlles o telderete...
Desaloxo Lleida
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Pra ver aquí
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
+ VIOLENCIA CONTRA EL ESTADO QUE NOS OPRIME Y MENOS JIPISMO BARATO
VIOLEN@
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
Compañeiros, compañeiras, camaradas, amigos ou irmáns se o preferides. Hoxe estamos máis indignados ca nunca.

É este un movemento enorme o que está a percorre-las rúas e prazas do Estado Español. Un movemento pacífico, pero enérxico. Un movemento heteroxéneo con diferentes sensibilidades e puntos de vista pero que coinciden na necesaria reivindicación dunha verdadeira xustiza social, económica e política. Tal como foron as revolucións aglutinadoras de Túnez e Exipto. Esa é a consistencia que está a ter este movemento e que ten que seguir a ter.

Pero que democracia é esta na que en tempos de crise económica o goberno premia economicamente ós bancos e non os traballadores e parados?
Que democracia é esta na que se mete na cadea a obreiros e sindicalistas como Telmo Varela ou Miguel Nicolás por combater no seu posto de traballo ou no sindicato a reforma laboral e a precariedade??
Que democracia é esta na que se imputa ós mariñeiros e veciños de Cangas pola paralización pacífica das obras ilegais do porto deportivo de Massó? Aproveito pra anunciar que este martes 31 de maio ás 9:30 horas celebrarase un xuizo contra unha treintena de encausados que, como na praza de Catalunya hoxe, de modo pacífico se opuñan á perpetración dunha ilegalidade. Persoas sans e boas de espírito como as levan este movemento por todo o Estado e que se opoñen resistencia tamén pacífica á desfeita do litoral, ó urbanismo salvaxe e que están a prol da defensa dos recursos pesqueiros, mariqueiros e ecolóxicos.
Que democracia é esta que se lle mete semellante tolena de hostias ós indignados de Barcelona, Lleida,etc que, pacificamente, estaban sentados na devandita Praza de Catalunya?? E o que non se pode consensir é que baixo a excusa de facer unha limpeza. A limpeza ben que a fixeron, pero a porrazo limpo, 90 feridos. E non se concibe tampouco que fagan iso tamén baixo a excusa do fútbol, a puta ditadura do fútbol, estamos ata o carallo do fodido fútbol por moita Champions League que sexa....!!!

E agora en cidades como Compostela e Madrid os seus respectivos están a pedir a intervención policial tamén nas súas prazas e rúas. A señora Aguirre non pedía tanta limpeza da Praza do Sol a semana pasada cando milleiros de votos nulos e brancos posibilitaban a onda e subida ó poder tremenda en Madrir e moitos lugares máis. Iso tamen nos ten que chamar a reflexionar ós participantes deste movemento: o voto responsábel.
Esta tarde precisamente Rubalcaba ten xuntanza cos mandos da Policia pra ver como afrontan este asunto dos indignados.

Nosoutros, en Cangas e en tódalas partes, imos resistir.

Como dicía o outro día un señor na asamblea: non existe a Xustiza. E é certo, non existe. Pero existe a solidariedade. E comprobámo-lo o pasado martes tamé en Catalunya cando unha centena de indignados de Sant Roc (Badalona) se colocaba diante da casa dunha anciá que ía ser desafiuzada, é dicir, embargada a súa vivenda. Así e todo grazas a este novo movemento os axentes xudiciais e policiais non interviron. E o banco desisitiu de levar a cabo o embargo a esta vella viúva con poucos recursos. Parece que os bancos non saben facer outra cousa que embargar ós pobres, é como un vizo que teñen.
Pero os indignados de alí conseguírono. E está é a solidariedade que desprende este movemento e é a filosofía que penso que ten que ter: a de acudir na defensa e na xustiza aínda que sexa dunha persoa soamente.

Pido o apoio ós veciños de Cangas pra este movemento. Un apoio que xa sei que teñen pero que aínda ten que ser maior. E nós imos seguir resistindo, porque ten sentido, con PROPOSTAS POLÍTICAS e MOBILIZACIÓN. Pra iso se debate nas asambleas e pra iso nos imos concentrar hoxe ás 7 da tarde en solidariedade cos represialados desta mañán. E porque este movemento é todo un. Só así chegaremos a bo porto e conseguiremos algo en positivo. O anhelado e profundo cambio.

Saúde e a resistir!
Indignado
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA27-05-2011
A ver UN, tipico do fascismo tacha,etiquetar,menospreciar os parias,neste caso os indignados.Falas de cans e de merda,pero non falas dos outros cans que arrasaron Barcelona hoxe,non falas da outra merda,que son os que gobernan e tratannos como merda a todos nos.Si a ti che gostan as dictaduras reais,respeta os que queren democracia e un novo sistema,onde a merda,e non precisamente a dos cans,nos salpique.
outro
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA28-05-2011
¡¡¡¡¡Dende aqui todo o meu apoio a os indignados¡¡¡¡ Seguide co a loita, que os que teñen a barrija chea con este sistema de merda,non vos van a apoiar por medo a ter que repartir. ¡¡¡¡AVANTE¡¡¡¡
Jimenes los santos
RE: MOVEMENTO 15 DE MAIO EN CANGAS// DEMOCRACIA XA30-05-2011
sempre a rebufo do que se fai en madri,iniciativa propia ningunha.
sempre en galiza
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados