Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
super size me essay
Indispensables
Donde ...
Guia
O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Non dubido da boa fe de quen está a acampar no parque da Palma pero deberían coidarse se pretenden ser un movemento verdadeiramente apartidista. Xa só no grupo do facebook míranse a dúas persoas de ACE que foron nas listas nestas eleccións e unha que foi nas anteriores por non falar dos que pertencen ó entorno do partido.

Todo ben se van de maneira individual pero procurade que non se convirtan nun lobby de presión, se non vaivos pasar coma no Obradoiro que o encargado de ler o decálogo é un sindicalista da CUT e destacado membro da organización xuvenil ligada á FPG. De feito alí xa empezaron os problemas.

http://youtu.be/-B-18tQHRhA
>> Ampliar datos Quen avisa non é traidor


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Hainos que sempre queren pesacar en río revolto.
que noxo
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Que esperabas de Cangas?
tutu
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Pois dos acampados moito, o que me avergoña é o comportamento de certos partidos políticos.
Sempre fodendo nunca preñando
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
todo el mundo es aceptado. Si lo que queremos es una democracia de verdad, sus ideas tienen tanto derecho a ser escuchadas como las de cualquiera, pero solo si la asamblea al completo lo apoya tendrá repercusión sobre las decisiones tomadas. Es lo que hay e igual que el cualquiera...siempre que no intente imponer algo con tintes partidistas e interesados...pero se coje antes a un mentiroso que a un cojo...
Coño es tan facil como acercarse a alguna de las asambleas y participar, que la gente solo sabe criticar , y en el morrazo esto es hobby nº1.
Esta pagina esta llena de gente quejandose todos los días que si lo politicos bla bla bla, que si los bancos bla bla bla, y ahora que por fin se esta gestando algo en este pais solo sabemos criticar y desprestigiar con fines de que? coño levantar el culo e ir a las asmbleas en vigo, cangas o donde sea
DRx
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Cousa vosa pero se remata como en Santiago non choredes, ¿onde se viu un sindicalista lendo o manifesto dun movemento apartidario e asindical?
Ghalisianrevolution
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Exactamente, cada un é fillo da súa nai e do seu pai. Non hai nada de malo en pertencer a unha organzación e concorrer alí a título individual. Tamén se está a recibi-lo apoio de xente como Lamapereia, vinculado claramente de xente a un partido, ou Padín que falou onte alí e non morreu ninguén nin aquilo se converteu no tentáculo de ningún partido, asi que menos pallas mentais e cada quen por onde viu que pra enmerdar os do Bloque sodes uns craques...
rufo
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
cousa nosa non ...DE TODOS o tu no vives en este país , cuando no den lerele a TODOS tu te meterás en una cueva,o que?
DRx
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Rufo, sabes ben que non son do bloque así que non empeces con paranoias. Cousa dos da asemblea quero dicir, eu mentras vexa tanto elemento extraño prefiro ficar lonxe e é unha opción perfectamente respetable como comprenderás. Se este movemento suscita en min algún interese sería polo que ten de aglutinador e pra acadar unha lei electoral decente e verdadeiramnte representativa. No mundo hai moitas causas pero hai que elexir polas que se está acampado, un acordo de mínimos e do resto cada quen que suscriba os movementos que mellor lle pareza tanto se é a salvación da carioca amazónica coma a terceira república.
Eu
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Pues yo en vez de democracial real, yo le llamaria payasada real, por que esto es la mayor payasada de ultimos tiempos gente que dice ser apolitica buscando soluciones politicas, mejor que hicieran un macro botellon que asi molestarian mas, lamentable
payasada real
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
A ver se te enteras dunha vez, é un movemento apartidista non apartidario que xa cho aclarei noutro fío. Se non o entendes merca un diccionario.
Eu
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Apartidista non apolítico
quería disir
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7924.html
Quen avisa non é traidor
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
E que ten de malo participar na mani contra a lei da familia, esta lei é un enxendro pepero que quere facernos voltar aos tempos da Sección Femenina. E é moi normal que haxa discrepancias e discusións.
Por certo, parécenche mal os puntos do Decálogo do Obradoiro? Porque podías decir que si e xa rematábamos o tema.
un mundo máis xusto
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Eu penso que é mellor explicalo como un movemento que non admite dentro partidos, sindicatos nin asociacións porque pide a involucración do individuo para avanzar xuntos/as na dirección que entre todos/as se decida, sen depender de esquemas predeterminados. E está claro que vai haber organizacións querendo meter a culler.
por suposto que ollo
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
O que hai de malo vas o blog de Compostela e vesno nos comentarios.

http://acampadascq.blogspot.com/

Democracia Real Xa partiu duns puntos básicos capaces de reunir a xente que pensa moi distinto pero que comparte indignación non como frenopático no que cada quen vaia reivindicar a paphostiada que se lle pase pola cabeza ese día, sexa xusta ou non.

Non sabía que os peperos quedaban excluidos do movemento... "esta lei é un enxendro pepero", na túa opinión e pode que na miña pero iso queda a parte deste movemento a non ser que xa queirades empezar a capitalo tan cedo.
Asomando la patita
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
Capitalizalo quería dicir. Creo que hai algún que non se enterou ben de que vai o tema, mellor que o revise:

http://www.democraciarealya.es/?page_id=234
Asomando la patita
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA25-05-2011
¿democracia real ou payasada real?
yo soy antisolidario
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Ti deixa de trolear que moito te aburres.
Plasta
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Dicirlle unha cousa máis a "un mundo máis xusto", a ti non che importa se me parecen ben ou mal os puntos lidos por este rapaz. En tal caso xa o exporía co meu voto na asemblea e de feito non foron aprobados.

A ti o que che ten que importar e a min tamén, é o manifesto común que nos leva a estar alí e non o feito de impoñerme o teu parecer sobre a Lei da Familia ou soltar soflamas. Se non concordo con ela xa irei eu polo meu propio pé á manifestación.
Sensatez
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Capitalizar, soltar soflamas, asomar a patita, algo indeterminado que está mal pero que temos que descubrir nós...aquí paréceme que hai intentos de capitalización, pero dende a dereita máis rancia e o opusismo.

Nos enlaces que mostras non miro máis que a diversidade normal que pode haber cando se xunta xente evidentemente diferente, e un compoñente moi importante de entusiasmo e bo rollo.

Leis como a da familia, cargadas de “boas intencións”, moi pouca “chicha” e un importante compoñente ideolóxico trasnoitado son unha parte máis da manipulación que este movemento está a denunciar, como ten que denunciar os comportamentos corruptos e caciquistas, dos que o PP é un clarísimo paradigma, mostrado día a día pola punta do iceberg dos casos que aparecen, mira este do IGAPE, no que ademais unha xuíza postergou as detencións “ata despois das eleccións”.

Por suposto que calquera pode participar no movemento, e expresarse, nun foro de internet ou nunha asemblea, vai ser a xente que forme o movemento a que decida en que dirección ir. Pero penso que a xente vai coller opcións positivas, non emparanoiarse permanentemente coas posibles manipulacións.Agur.
un mundo máis xusto
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
al final os vais a convertir en una panda de frikis
eu
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Madre mía que palla mental tes, non é o cometido de Democracia Real Xa denunciar esas cuestións do mesmo xeito que eu non vou á miña comunidade de veciños a falar da pena de morte se non da derrama ou de se poñemos ascensor.

E isto entón unha cuestión de "fachas e progres"? Vaia, enton isto trátase de que os "progres" reventen a sociedade dos "fachas" sen importar o número de "fachas" que haxa no país ou incluso que sexan maioría. Interesante democracia real a que algún quere aquí.

Buscade a unión de todos pola causa común e cando se logre a democracia real, loitade dentro dela polos voso ideais particulares, que se a sociedade os apoia e os quere faranse realidade.

Quizais nunha democracia real en España o aborto non sería libre e gratuito, ou nin tan sequera legal, porque a maioría da población tal vez non quere iso. Realmente parácheste a pensalo?

O cisma e o abandono de moita xente en Compostela é froito da "diversidade normal"? E iso só en dous días que fai que chegaron os salvadores da causa, se leras os comentarios do blog enteraríaste mais non queres porque quizais non che conveña. Repítoche: volve ler o manifesto orixinal de DYR que me parece que non te enteraches de que vai.
Aclarando conceptos
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Que non é cometido de DRX denunciar qué?
Que queren entón dicir estas consignas:

O pobo unido funciona sen partidos
Fantoches que estades no poder deixarvos de foder
Mariano, Zapatero, que vos voten os banqueiros
Mans arriba, isto é un rescate
Políticos e banqueiros, os mesmos carroñeiros
Bancos e partidos, o pobo está fodido
Políticos e banqueiros, mentireiros e usureiros
Temos a solución os banqueiros a prisión
Banqueiros e usureiros, os chourizos ao talego
Menos procesións e máis manifestacións
Revolución contra a corrupción
Político e banqueiro, reparte o teu diñeiro
Contra a corrupción, político a prisión. Contra a usura, banqueiro ao paredón
Ou todos no allo, ou todos ao carallo
Un hipotecado é un escravizado
Corruptos e banqueiros devolvede o noso diñeiro
Non máis corrupción, pasamos á acción
Temos a solución os corruptos a prisión
Temos a solución, banqueiros a prisión
A vosa avaricia é a nosa inxustiza
Sementade corrupción e teredes rebelión
A sociedade esperta, acabóusevos a festa
Insubmisión contra a corrupción
Menos eurovisión e máis manifestación
Recortade os nosos dereitos e queimaremos os vosos teitos
Derrubaremos o muro para salvar o noso futuro
Políticos comprados verédesnos nos xulgados
Xuíces comprados, querémosvos colgados
Sementade corrupción e haberá revolución
Farémosvos caer, o pobo é o poder
Os meus recortes sociais pagan os coches oficiais
Recortes ao obreiro e beneficios ao banqueiro???
Islandia, Islandia, mellor que Disneylandia
A quen queres enganar, eu tamén podo pensar
Señores feudais, compartide os vosos caudais
Máis educación e menos corrupción
Se queres que che vote, non chupes do bote
Transparencia na xestión, non nos roubes máis, cabrón
Estado opresor, pobo loitador
O pobo senón loita, os políticos non escoitan

A que se teñen que dedicar as asembleas? A discutir se a cobertura wifi da acampada é boa ou non?

A quen queres enganar, eu tamén podo pensar
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Ah está ben que mo aclares, ¿trátase entón dun movemento infantil pra berrar consignas en contra da corrupción o PP e o PSOE?
Aham
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
O que a min me interesaba de democracia real xa é isto http://www.democraciarealya.es/?page_id=234 non o que ti opines da Lei da Familia tanto me ten.
Pallas mentais
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA26-05-2011
Solo vou engadir unha cousa tras ler o fio: dios me de paciencia e un carro pa levala
acampado
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA27-05-2011
Bueno home, sempre podes ir facer reiki...
cuñaooo
RE: O LOBBY DA DEMOCRACIA REAL XA27-05-2011
sempre a rebufo do que se fai en madri,iniciativa propia cero
sempre en galiza
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados