Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://bestcollegeessay.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
ANTE O ACCIDENTE DO DINISH26-05-2006
Desde o Colectivo Nacionalista queremos manifestar o noso pesar por este novo accidente no mar que se levou a vida de tres persoas, un veciño de Ardán e dous inmigrantes que viñeron a Galiza a buscar o sustento que non tiñan nos seus paises. Unha vez maís a siniestrabilidade laboral ven golpear a esta parróquia nun espazo corto de tempo, unha vez máis unha família ten que sofrer as consecuéncias de traballar en condicións inseguras.

Estamos ante un novo accidente, un máis, no mar onde un barco vello e con bandeira de conveniéncia afunde no Gran Sol. Xa é unha notícia habitual, todos os anos temos que pagar a peaxe dos accidentes no mar, sen que pasemos das lamentacións dos responsábeis políticos de turno.

Unha vez máis queremos demandar claridade e explicacións a este novo sinistro laboral, asi como unha maior implicación das administracións responsábeis no control das medidas de seguranza nos buques. Non é de recibo que un barco que xa sofreu cando menos dous accidentes, e que se caracteriza pola sua antigüidade, saia ao mar de xeito impune. Onde están os controis da Capitania Marítima, responsábel de dar permiso de saida aos barcos? Onde están os controis de seguranza dos buques?

Xa vai sendo hora de que se dignifique a profisión dos mariñeiros e se melloren as suas condicións laborais e de habitabilidade nos barcos. Que se modernicen os buques, pero que tamén se modernicen as condicións de traballo, para que se minimicen as posibilidades de padecer accidentes como este.

>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ANTE O ACCIDENTE DO DINISH26-05-2006
Como non van ir a pique os barcos se van a faenar neses cadaleitos flotantes, como ese que tiña máis de 30 anos. É unha vergonza. A miña solidaridade coa familia do falecido e dos desaparecidos.
Xoán de Cangas
RE: ANTE O ACCIDENTE DO DINISH26-05-2006
Eu coñezo a un fulano de Cangas que traballara nese barco antes de cambiar de empresa e xa dixera que o barco en cuestión non había por onde collelo. Espero que polo menos indemnicen ben ás familias. Amais diso os gobernos deberían tomar medidas e regular moito máis qué barcos saen o mar porque isto é indignante. Xa non é o primeiro nin o segundo.
Sisco
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados