Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
click here
Indispensables
Donde ...
Guia
CONCURSO DE NOVELA CURTA DE CANGAS25-05-2006
O concello de Cangas convocou un concurso de novela curta (Xoan de Cangas) cun premio de 1.500 euros, e nas bases decíase que a composición do xurado e o gañador daríanse a coñecer o día 17 de maio. Para enterarme quen gañou tiven que facer malabarismos por internet, ata acadar unha páxina especializada en concursos de pouca importancia (literaria e dineraria), e por unha breve esquela da voz de galicia supen quen foi o afortunado. Dos membros do xurado, que deberían ser cinco, nada se sabe, dos criterios polo que se decidiron pola obra gañadora, tampouco nada se sabe, como tampouco da calidade dos traballos presentados e de si houbo finalistas. Cando lle darán os cartos o gañador é unha incógnita, pero quedaría moi bonita unha foto do excmo. sr. alcalde de Cangas co gañador, concellal do pp en Forcarei, recibindo o cheque.
indignada


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONCURSO DE NOVELA CURTA DE CANGAS25-05-2006
¡Ostia !! tes probas de iso que dis ? Pareceme moi forte
Anxo
RE: CONCURSO DE NOVELA CURTA DE CANGAS26-05-2006
Primeiramente teño que dicir que eu participei no devandito concurso de novela curta polo que interesame o que estás a contar. Non esperaba gañar, nin moito menos, pero a verdade que o tongo do que estás a falar tampouco me extrañaría nada tendo en conta o trampulleiros que son os do PP.
Eu si mirei no Faro do mércores 17 de maio que lle daban o premio a Francisco Rozados de Forcarei. O que non dicían e que fose concelleiro do PP. No Faro dese día tamén falaba da composición do xurado no que lembro que estaba o profesor Ramón Rocamonde e a propia concelleira de cultura entre outros. Logo apuntaban que se descalificaran tres obras por non cumpriren os requerimentos das bases e que os membros do xurado estiveron deliverando durante horas entre unhas cantas obras que estaban moi reñidas. A saber, amiga miña, se podes demostralo apoiote no que sexa pra facer algunha protesta ou intenta un posible impuganción se procede.
Marcos
RE: CONCURSO DE NOVELA CURTA DE CANGAS26-05-2006
Grazas Marcos pola túa información, pero eu creo que o Faro de Vigo non é o Boletín Oficial do Concello, e que na mesma páxina oficial debeuse publicitar a composición íntegra do xurado. Por outra banda, paréceme seriamente reprobábel que un Concelleiro de Cultura (no caso de Forcarei) se presente a un concurso público. É tal concentración de poder que en circunstancias normais un xurado imparcial ó rexeitarían, se él mesmo non se abstivera de concurrir. Isto na función pública e moi serio e da paso a un expediente disciplinario, porque unha cousa e a creación literaria, permitida a calquer persoa ostente o cargo que ostente, e outra cousa e participar nun concurso dun ente público. Xa se ve como ese xurado coñece o principio de separación de poderes, "dame y te daré".
En terceiro lugar, a decisión dun certamen literario é un acto discrecional e polo tanto non xurisdicionabel, agás o seguemento das regras polas que se rixe. Dito doutra maneira, que o gañador, en efecto, enviase o certamen unha obra inédita e totalmente orixinal (Base 1ª), e como atope unha obra súa publicada igual ca que gañou, abofé que presento un recurso de reposición- revisión e logo vou a vía contencioso administrativa se fai falla. Porque o prazo para recorrir cumprindo a lei e dende que se acadan as probas, e a lei e a mesma para todos os cidadáns, incluidos os anónimos.
E xa por último, dicir a Marcos en especial por recoñecer a súa participación, e en xeral, a todos aqueles que tamén participaron, que non miren con menosprezo a súa obra. Os mellores escritores son os non institucionais.
indignada
RE: CONCURSO DE NOVELA CURTA DE CANGAS26-05-2006
Apoio tanto a "Indignada" como a Marcos: amosades grandes doses de sentido común e agudeza. A verdade é que non deixa de ser curioso que o gañador fose quen foi.
A miña posición igual é extremada, pero vouna plantexar igual: se cun premio literario local o que se pretende (como debería) é fomentar a creación literaria entre os moradores do concello que o convoca ¿ata que punto é desexable que se permita a participación a xente de fóra da comarca onde se asenta ese concello? ¿Que opinades?
Un de San Roque
RE: CONCURSO DE NOVELA CURTA DE CANGAS27-05-2006
A túa proposta, veciño de San Roque, e digna de ser estudada coma toda proposta feita de xeito elegante, na miña opinión. En particular, creo que ten a prol: 1) que garinte a igualdade de oportunidades entre os veciños do concello, 2) dalle lexitimidade ao destino dos cartos, vista a súa procedencia; 3) e evita un mal entendemento da función pública. Pero ten o inconveninte de darlle o certamen certo carácter "local". Malia non se pode acertar en todo, e seguro que no concello hai talento de abondo que agarda ser coñecido.
indignada
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados