Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Haz click para ampliar Hoxe tócalle a Clara Millán e hei de recoñecer que dende logo si é unha muller forte e con carácter. Tamén eu considero que houbo moito machismo á hora de criticala, falando en termos sexistas no canto de centrarse nas súas decisións políticas e iso podémolo comprobar neste foro habitualmente tanto por parte da esquerda como da dereita.

Dou fe de que é unha muller válida á hora de resolver rápidamente as urxencias dos veciños sexan da corda que sexan e iso é o que se lle pide a un político ó fin e o cabo. Penso que a perde o carácter e que de Massó fixo un tema persoal disparando a todos lados, foi autoritaria e moitas veces unha provocadora cando non estaba o forno precisamente pra iso pero tamén hai que recoñecerlle que a oposición puido chegar a ser moi dura e agora sei que sucia. Coma ela, decateime de que é moi distinto ver os touros dende a barreira que lidiar con eles. Paréceme unha muller íntegra e felicítoa, así e todo o meu voto vai ser nulo pero ten o meu respeto que tampouco o dou tan fácil.
>> Ampliar datos Rectificar é de sabios


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Para dicir a verdade considero que Mariano Abalo and co tentaron apropiarse dun conflicto como se fose unha marca pero os que pringan son as persoas que verdadeiramente teñen a bontade de parar o porto e que proceden das máis diversas ideoloxías. Aínda que se crea que Abalo domina Massó ou o Foro, non é certo por sorte. Xa pra dicir todo o que penso, a detención de Maruchi viulles de perlas para identificarse como os máis rebeldes do chiringuito pero a realidade é que o peso das horas e as gardas así como as denuncias recae noutros que non se fan notar porque están ó que están.
É a miña opinión
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Clara Millán peca de impulsiva e Abalo é moi sivilino e sabe onde hai que apretar.
Can vello
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
A tía ten un par de ovarios e contesta sobradamente ben ás preguntas dos rivais na edición impresa, a Mariano meteuno en vereda e a Sotelo nin digamos. Falando de todo un pouco, se ACE bota pestes contra o Faro por que anuncia o seu mitin na quinta páxina.
lecturas
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Pringar pringarán todos que pra iso están imputados por igual polo de Massó e Abalo entraba alí tódalas mañáns que era precisamente a primeira hora cando a Garda Civil identificaba e facía o informe de incidentes. Non hai máis que colle-la cédula das denuncias pra abordar nos xuizos que se están a celebrar este mes (o 31 de maio é o vindeiro) onde aparecen os informes do dia a día e non hai practicamente un non que non apareza o nome de Mariano Abalo no medios do dos mariñeiros e outra xente.
Non creo, por outro lado, que a Maruchi nin a ningún outro lle interese ser imputado dado que hai que facer un gran esforzo pra reunir todos eses cartos pra paga-las multas. Que tivo un impacto social o asunto das detencións que favoreceu a movida? Por suposto, pero era iso co que xa contaban os picoletos e por iso non levantaron unha porra. Dende aquel día e a raiz da manifestacion do 1 de agosto comprenderon que teñen que ser tan cautos cos cangueiros como hai vinte anos... E en cambio a alcaldesa si pretendeu vitimizar o tema do peche no concello e o "secuestro" da mesma forma que pretende vitimizar o asunto da retirada do soldo. O soldo sacouso ela mesma porque o propio pacto de goberno incluía as retribucions salariais pra a alcaldesa e os concelleiros. Esta señora incumpre o pacto pois colle convoca eleccións pa non gobernar en minoría e se busca un emprego como fixeron Abalo e Pazos que volveron ós seus respectivos choios. E o resto non é máis que mangoeno, quenta-lo sillón e vivir da política. E esta tía é infumábel e o día 22 o pobo de Cangas vaillo deixar moi clariño.
Despois, non creo que ninguén monopolizase aqui a loita de Massó, nin moito menos. O Bloque tivo o seu espazo no Foro Social do que despois de ocupa-lo sillón do Concello renegaron e eles saberán porque ninguén nos botou fóra e mesmo dirixían as xuntanzas. O que pasa que hai que estar con quen hai que estar, ou se está co pobo e cos mariñeiros ou se está subindo e baixando a escalinata de Caixanova. Por desgraza, só o grupo de Abalo foi a única formación política que estivo á altura dos intereses popularres como se puido ver non só na xestión realizada nin na mobilización a pé de obra se non tamén na grande manifestación de 6000 persoas que percorreron as rúas de Cangas o 1 de agosto do 2009. Alí nin se mirou a Clara, nin a Óliver,etc nin a Héctor Otero nin a Sotelo... como mostra dese "respaldo" a causa mariñeira e á protección do Salgueirón e de Massó.
En canto o que se di da alcaldesa de que non é igual mira-lo touro dende a barreira iso é evidente. Porque primeiro se di que non ó porto deportivo e despois, unha vez ocupado o cargo de dirixente do concello, ése invitada ós salons do Clube Financeiro onde se manteñen distinguidas parolas e a seguir logho unha pasa a dicir publicamente que non se ten capacidade de parar unha obra ilegal dun porto deportivo por sorte aínda inexistente, e non grazas a ela nin ó PSOE como é lóxico. Esa é a diferencia de mira-los touros dende a barreira a non miralos. Donde dije digo digo Diego. Donde dije digo pra pescar votos depois digo Diego pra salda-las contas do partido con Caixanova.
Danza macabra do cinismo
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Non che vou contestar eu que o faga ela. Así que poño literalmente o que sae na versión impresa:

Abalo pregunta: ¿Por que cando gobernaba Sotelo lle esixía que podía e debía paralizar as obras de Massó e unha vez que ocupou a poltrona se adicou a afirmar que non paralizaba as obras porque prevaricaría, cando sabe perfectamente que non existe ningún tipo de amparo legal para poder executar esas obras por carecer de autorizacions e licenas?

Clara resposta: Anda vostede un pouco perdido, explícolle: o BNG opúsose ós convenios de Massó e Aldán promovidos por Sotelo e que son a orixe do conflicto de Massó, convenio que estivo a renegociar vostede cando foi concellal de Urbanismo e que, por certo, segue negociando na actualidade. As obras do porto deportivo comezaron neste mandato. debera acordarse xa que vostede formaba parte do goberno nese momento. O BNG nunca presionará a ninguén para que prevarique; o que o BNG pide a un alcalde ou alcaldesa é que se non ten competencias esixa diante das administracións responsábeis, neste caso a Autoridade Portuaria, que anule a concesión á promotora, todo o contrario ó que fixeron vostedes, que solicitaron unha prórroga da concesión, actitude propia dun fiel empregado de Marina Atlántica.
reflexionando
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
El Contencioso avala que la alcaldesa no podía parar el puerto de Massó al no ser competencia municipal

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/03/05/contencioso-avala-alcaldesa-podia-parar-puerto-masso-competencia-municipal/524113.html

La Fiscalía archiva la denuncia de la Cofradía de Pescadores contra la regidora de Cangas (segunda sentenza favorable)

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/03/12/fiscalia-archiva-denuncia-cofradia-pescadores-regidora-cangas/526271.html

Una sentencia obliga a restituir el sueldo a la alcaldesa de Cangas

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/02/17/00031297949115064761474.htm

"La Justicia hizo justicia. Una cosa es lo que te pida el corazón, y otra lo que la ley te permite hacer. Yo actué conforme a lo que la ley me permitía hacer. Siempre he dejado claro que estaba en contra de ese puerto deportivo, pero como alcaldesa respeto la ley, como siempre he hecho y seguiré haciendo. Más allá de esta sentencia, me siguen produciendo muchísimo dolor aquellos acontecimientos".


e o día ese do pleno houbo ata patadas que algún está moi mal da cabeza, tamén é verdade que son os menos e fan moito bulto.
Falou a xustiza
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
A xustiza e a prensa e o porto deportivo, o porto deportivo e a prensa e a xustiza.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegou a paralización cautelar do porto deportivo dicindo que xa había unha fianza de 630.000 Euros (¡¡¡) que cubrían os danos ocasionados.

Fallando no contencioso, o mesmo TSXG afirma que si, que o porto escaralla unha parte da concesión marisqueira da confraría, pero que iso non é moi importante porque a confraría ten muito máis (¡¡¡). Afirma iso si, que as obras non estan exentas de licenza urbanística e que precisan obtela.

E na sentenza do contencioso pola falta de licenza reitera a necesidade desta, pero fuxe de problemas cos “poderes fácticos” afirmando que as obras realizadas non eran para un porto deportivo senón que eran reparacións de molles (isto é para troncharse).
poderoso cabaleiro
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Estás a falar do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e aí Clara Millán non pinta nada.
¿?
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Pero que película nos quere vender esta muller? Clara insulta, Clara amenaza e Clara é unha ditadora e unha ignorante a todos os niveis. Sábeno os seus compis de partido, sábeno os traballadores e traballadoras do concello, incluso os enchufados por ela, e sábeno os veciños de Cangas. Clara enfrontouse con ACE, PSOE, PP e co propio BNG, dedicouse á fontanería política de baixa calaña, o único que sabe facer, alternou todo o que quixo cos altofalantes do poder en Cangas, os mesmos aos que chamaba a boicotear o BNG hai uns anos, tivo liortas con asociacións de veciños, asociacións culturais, deportivas, comunidades de montes, etc. Sendo alcaldesa, dedicouse ao marujeo máis ruín, falando mal deste ou daqueloutro veciño se non eran da súa corda, -moitas veces inda que o fosen-, tensionando a vida política ata límites inadmisibles e despois inda ten a desfachatez de enarbolar a bandeira do feminismo cando lle convén, da defensa do idioma ou do que faga falta.
Unha alcaldesa nacionalista e de esquerdas, ou xa non?, que minusvalorou publicamente os mariñeiros, que tivo milleiros de persoas na rúa, incluíndo compañeiros de partido, protestando contra ela, que ría cos seus amiguiños no concello mentres veciñas e veciños eran mallados pola garda civil, que paralizou a actividade de asociacións culturais do concello a base de presión policial, que mira para outro lado mentres moita pequena empresa cangueira se desangra por mor das débedas que mantén o concello, o mesmo concello que tira todo pola borda para agasallar un fiscal xeral da corda do bloque, o mesmo concello que pon flores frescas cada día no seu despacho. Unha alcaldesa rodeada de familiares directos e ineptos advenedizos, que só valen para servila fielmente, para lle poñer o abriguiño cando sae do despacho, para levala en coche de aquí para alá, pero non para xestionar as áreas de goberno que controlan, onde o seu infantilismo lle sacaba as cores a máis dun.
Unha alcaldesa denunciada nos medios por ir contra veciños que tiñan disputas cos seus familiares, -os novos aprendices de caciques do Hío-, que chegou a recabar toda a información dispoñible no concello sobre algún veciño para "ir a por el". Iso si, na liña do mellor Sotelo e sen cortarse, dicíndoo na entrevista esa do fardo de vijo, dá cita no seu despacho á veciñanza para facer ver que fai e presentarse diante dos máis despistados como solucionadora de problemas, saltando por riba de grupo de goberno, de funcionarios e de maría santísima. "Aquí mando yo", como se lle ten escoitado berrar. Afortunadamente as incautas que a cren cada vez son menos.
jaialai
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
De ACE calquera se fía, dicían que ela podía parar e vese que non tal como se dictaminou. Dicides que os seus non a queren pero ela está aí refrendada pola asemblea e leva a lista que lle dá a realísima gana. Dicides, dicides... e ata o de agora só vin mentiras. Máis oscuro me parece Abalo, sinceiramente creo que el foi o único fontaneiro e as cañerías chéiranme a merda xa.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/02/12/asamblea-bng-unamidad-confirma-clara-millan-candidata-alcaldia-cangas/517767.html
Mentiras y gordas
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
CLARI ya puesdeir espabilando como no ganes con gay -oso y con marrana atlantica no cuentes ,eso solo es un aviso y ya sabes se acabán los modelitos las cenitas y bla bla bla y gonzalito no te hace mas fotitos chahoi piruli , como te ateves a traer a Quim no ves que saco un cero zapatero en gallego ahora ya empiza a currar en FENE en ferról del carajillo tu veras solo es un aviso dale mas cañita al pueblo que le va la marcha.
YES WE CAN.(el primer amarre del puerto deportivo para quim y el dueño del xornal.com a x ellos llama a Delfin y que traiga a los chicos de León y si hace falta de FACHADOLID kaña a todos a los marineros mas .
Ubaldino
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Como podedes ter tanto morro de dicir que Clara insulta, ameaza ou é unha dictadora? como lle imputades a ela a vosa forma de ser? Tampouco sei que te leva a falar con tanta carraxe dela nin quen es ti pra chamala ignorante. Non te equivoques eses sodes vós e neste video pódese ver a vosa forma de proceder


Non te equivoques
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Todos sabemos como rematou iso, patadas incluidas
vergoña allea
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Paralización, paralización, paralización!!! Si é este un insulto moi aberrante que debeu deixar á alcaldesa traumatizada igual que a Bieito Lobeira cando foi parecer o paripé a Massó o 11 de setembro do 2009. Sobre todo cando houbo detencións e a Garda Civil tiña a entrada autorizada da propia alcaldesa e cando hai xente que a oiu dicir que haber se bouraban a pancadas ós mariñeiros e veciños que se opuñan ali. Iso si, a ela que non se lle esixa nada eh, non a ir molestar que total... que carallo, só nos xogamos o noso futuro.
o que hai que oir
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Se digo que insulta e amenaza é porque eu a mirei insultar e amenazar, que o que pasa no pobo non é só o que di o fardo de vijo. Agora, resúltame gracioso que faledes de que se insulta ou non, e non digades nada do resto de cuestións que expoño. Que pasa? Que se non insulta, aínda que semente a discordia entre asociacións, entre veciños, entre partidos políticos. Se non insulta, pero pasea do ganchete dos manipuladores, da garda civil e dos banqueiros. Se non insulta, pero tampouco defende os mariñeiros e os veciños, xa llo podemos perdoar?
Pois desgrazadamente, ten os dous problemas. É arrogante, engreída, cosmopaleta e maleducada e ademais unha incompetente absoluta a nivel político que só sabe subsistir arrimándose aos poderosos.
E que é ignorante non o digo eu. Demóstrao ela día a día: nos plenos, no trato cos axentes culturais, no uso burdo e rastrero que fai dun feminismo polo que moitas loitamos anos, e hoxe mesmo na mega-entrevista do fardo de vijo. Cales son os seus referentes? As telenovelas? Amor en tiempos revueltos? Por favor!! E o máis triste é que cando se decata e quere quedar de culta e de lectora, só lle vén á cabeza a literatura española, tendo como ten magníficas editoriais no país e incluso na propia Cangas. Ese é o modelo cultural do BNG de Cangas, a telenovela e o libro en español?
jaialai
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Quen ten aguante e o señor Beiras,pero non esta don nadie.
Que ajuante
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
insultar amenazar secuestrar.... como podedes ter tan pouca vergonza os do BNG cando deveriades de ter veronza en andar por cangas, como se poden decir tantas sandeces nunha entrevista, si o pobo de cangas tubera dous dedos de frente o BNG en cangas non deberia de quitar ni un concelleiro, por mentireiros y prepotentes e vendidos
BNG fora de cangas
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Reparten palabras que da gusto.BNG de Cangas sodes como o PP de fai anos atras.
Reparto
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Ah non, a Clara Millán non se lle insultou nin ameazou e ese pleno non rematou con ameazas patadas e pechando á corporación no Concello... debín soñalo eu.

Agora vai ser que pra ser feminista hai que ler a Simón de Beauvoir ou Aleksandra Kolontái, no voso caso. O resto de "marujas" tal e como vos referides a elas, non deben ter dereito a reivindicar un trato igualitario. Si é que sodes a elite cultural da vila... e o paradigma da educación.

Para a vosa información, un número nada desdeñable de persoas que saen nese video apoiándovos e cos cartaces de Massó non vos vai dar o voto esta vez e o que digo non é nungunha botada por fóra. Ata os convencidos se dan conta de como funciona a Cosa Nostra. Xa non falemos de certos chanchuios oscuros que agora andan nos xulgados, tempo ó tempo.
El padrino
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
repito por se es tan obtuso que no o entendeches...é a telenovela a aposta cultural do BNG de Cangas?? E a demagoxia déixaa para os teus acólitos, que xa cheira. Non se trata de ler nada, trátase de defender a dignidade da muller.
jaialai
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Si de defendela menosprezando ás que teñan intereses por debaixo das túas altísimas expectativas culturais, xa sabedes vós o que lles convén.
Despotismo ilustrado
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Lo que más me gustó es la reunión a primera hora de la mañana con los técnicos..
Será a primeira hora do mediodía.
No concello nunca está antes das 12,00 horas.
"Madruga moito"
NATI
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
A min o que me gustou foi o do libro que lee a noite.
O título: LA EMPERATRIZ SISI
chicho
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE19-05-2011
Lerá o que lle dá a gana ou vasllo impoñer ti?
dictadura dos iluminados
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE20-05-2011
A pena que o señor Beiras non teña trinta anos menos.O unico que se mira nas manifas e defende a xenta traballadora galega por iso non o queren no BNG.Un amor a Quintana.Sera recordado en todo Allariz que nin o tragan.
ben
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE20-05-2011
para el Padrino, muy poca verguenza tienes y parece ser que tampoco tienes memoria cuando estabais en contra del puerto deportivo de Masso y lo usasteis de estragia electoral para poder llegar a donde llegasteis, se os da muy bien el victimismo y a estas alturas tus estupideces va aser que ya no cuelan, tu colega Clara Millan demostro dia a dia que es una prepotente y que muy bien de la cabeza no esta diciendo las estupideces que dices, para lo unico que servis es para posar en la foto del Faro de vigo, sois la inutilidad en persona no representais a nadie y aun por encima os reis del pueblo de cangas, el BNG da mucho asco y si sigue asi es un partido que en unos pocos años desaparecera del panorama electoral por que es un barco que hace agua por todos los lados HYA MUCHOS MAS PARTIDOS POR LOS QUE VOTAR, PERO DESDE AQUI PIDO QUE NO VOTEIS A LOS TRAIDORES, VENDIDOS, PREPOTENTES Y POR QUE NO FASCISTAS DEL BNG
NIN UN VOTO O BNG
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE20-05-2011
É entrar neste foro e danme ganas de votar ó BNG...
Joderrrr...
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE20-05-2011
¿Os de ACE fixeron algo máis que dicir Massó, Masó, Massó nestes catro anos? total para que se demostre que o BNG e o concello nada podían facer, foi todo unha estratexia política de acoso e derribo.
Xa vedes
RE: UNHA MULLER CON AGUANTE20-05-2011
A que traballadores defende ace?
Ós mariñeiros contratados ou a eses patróns de embarcacións menores que venden na lonxa o pescado en A, e nos establecementos e a particulares o pescado en B. Eses que dicen que lle quitan o pan da boca cando se vai a utilizar para otros fin unha lámina de auga na que nunca pescaron e agora resulta que sí.
Estes mariñeiros que se queixan de todo e por todo cando son o sector que máis axudas reciben dende as administracións, ou estes outros que decian con toda aboca aberta ogallá que viñera outro Prestige.
Con todo isto non quero decir que este de acordo có porto deportivo, pero o que se dice sobre as zonas de pesca é unha faltropada, por que nesa zoa so pescaban os furtivos.
un daqui
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados