Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
pay someone to write a research paper for menus
Indispensables
Donde ...
Guia
CANGAS é DE TODOS12-05-2011
Haz click para ampliar Dende ACE denunciamos o cúmulo de desaxustes e atropelos protagonizados polo "goberno dos 8" que sumiron aínda máis na crise económica que padece este Concello. Asemade vindicamos un verdadeiro goberno de esquerdas pra Cangas, que non pacte coas inmobiliarias nin coa banca senón que mire simplemente polo interese público. Nese sentido convén ter moi presentes as mobilizacións a prol dun Salgueirón e Massó públicos, especialmente á multitudinaria manifestación do 1 de agosto do 2009 onde non miramos a nin un só representante do goberno BNG-PSOE.
Queremos un goberno que se ten de ter socios que non boicotee e asfixie o traballo dos outros concelleiros e que non usurpe mesquiñamente as áreas que non lle corresponden.
Erixímonos así, con humildade pero dunha forma enérxica como a única forza de progreso.
A seguir tedes un extracto dun artigo na páxina de ACE que vos convidamos a visitar e a coñecer a través do enlace se clickades "Ampliar Datos":

"Estamos a dar remate á, posibelmente, peor alcaldía de tódalas lexislaturas da historia política de Cangas. Quen ía pensar cando asinámo-lo pacto de goberno con BNG e PSOE que todo ía quedar en papel tan mollado? Nin nos peores pesadelos de todo esquerdista cangueiro se podía imaxinar un desenlace tan fatal para o futuro da vila."

http://www.acesquerdas.org/


Saúde e avante!

>> Ampliar datos ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas)


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CANGAS é DE TODOS12-05-2011
Entón so hai duas alternativas pp ou ace? Vades ben amijiños, vades ben. E na investidura votaredes por Sotelo? ou vos astendredes como sempre que queredes quedar ben cos vosos?
A única esquerda non está precisamente entre vos
Maioría pp ou ace
RE: CANGAS é DE TODOS12-05-2011
Estos son moi listos ou se fan os listos, que para certa xente é o mismo. Para quedar ben co pobo de Cangas (polo que tanto loitades) nos plenos VOTADE e non marchades. Coa vosa marcha o único que facedes é dicir sí (porque entre eles cos seus votos sacan a medida adiante), non hai mellor manera de protestar e mostrarse disconforme que votando en contra. Pensades que quedades ben, marchando e facendo esa obriña de teatro pero seguro k cobrades a asistencia o pleno. Eu se non quero algo voto en contra, se no me gusta loito, como predicades vos, pero logo non o facedes.NON SODES A ÚNICA ALTERNATIVA.
As duras e as maduras
RE: CANGAS é DE TODOS12-05-2011
Calquera que siga minimamente a política local, sabe a cagada de lexislatura que fixo BNG e PSOE e sobre todo a alcaldesa, e calquera que siga minimamente a politica local tamén sabe que opina ACE e Abalo do PP e de Sotelo, asi que facede o favor de non tratar de colar esa milonga que ninguen a cre, entendo que a desesperación sexa mala pero....... Vós si que pactades co PP, como cando tratastes de volver meter os convenios de massó e aldan no avance a través dos esbirros de Consultora galega. E agora estades fodididos, non estivestes co pobo e cos mariñeiros e queredeslle vender milongas á xente. Vós pensades que a xente e idiota. E outra cousa, porque metades máis denuncias por riba a xente non vai deixar de ler isto ou de visitar a paxina de ace a traves do enlace. Que macho, como se nota que estades histéricos e desesperados...
últimos coletazos
RE: CANGAS é DE TODOS12-05-2011
Sintovo-lo muito, pero para min alguén que pacta con PP, ainda que sexan cousas de pouca importancia a nivel político non me merece atención algunha... ("Quen non é fiel no pouco tampouco o é no muito") Dende aquel día quedoume claro aquelo de que "A política fai estranos compañeiros de cama"...
"Lo siento moito"
RE: CANGAS é DE TODOS12-05-2011
Eu penso igual e non podería estar máis dacordo contigo, como se concibe que alguén, en principio contrario ó porto deportivo e á especulación urbanística como ó BNG resulta que despois estando no goberno pasa do tema como se non fose con el facendolle favores á empresa e despois, aínda por riba, pacta co PP esa minucia que di ti (pero carallo pra minucia) pra meter con calzador os convenios de massó e aldán no avance do pxom. Como se concibe iso???? É que me parece unha timadura de pelo supina, lóxico que calquera simpatizante se sinta defraudado, non é pra menos. E así o pagarán caro, está claro. Un sáudo camarada pola túa estupenda reflexión.
ultimos coletazos
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Podéis pintarlo como os de la gana pero para quien se siente de izquierda ha quedado meridianamente claro que ACE representa la ética y la decencia en la política. Podían haberse quedado en el gobierno cobrando sin hacer nada, con las competencias en sus concejalías disminuídas por el capricho de la señora Millán, tal y como han consentido los sumisos socialistas, aferrados a sus sillones y humillados una y otra vez por Clara Millán, pero prefirieron salir con la cabeza alta de un gobierno que aborchona incluso a los propios militantes y simpatizantes de los partidos en el gobierno municipal.

Tardaremos mucho en olvidar a los culpables de haber destrozado las ilusiones puestas en una izquierda seria y responsable gobernando en Cangas. Con estos: NUNCA MÁS. Yo votaré por el único partido que merece el calificativo de izquierda en Cangas: ACE.
caronte
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Me parecen muy bien estas reflexiones, pero entran dentro del ambito privado de cada uno y de unos pocos que pupulan por aquí.
Sepan señores de ace que no son la única alternativa, no se crean ustedes dioses de la politica del pueblo, por que lo único que demuestran es la paralisis social que le crean ustedes al pueblo de cangas. Muevan ustedes a todos sus harraicitos, esbirros del señor abalo para defender causas justas segun ustedes, pero posturas anarquistas para el resto del pueblo.
Ustedes solo suman a lo mucho 1800 votos de un censo de 24.000.
El resto del pueblo tambien cuenta no vayan a creerse ustedes el ombligo del mundo.
demonizados
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Eu creo que nestas eleccións son a única alternativa. Nas anteriores tamén o BNG traballara para botar abaixo o plan xeral de Sotelo, (a pesares de que baixou 300 votos con respecto ao 2003), e tamén participara na primeira paralización de Massó, o 16 de setembro do 2005, coa presenza de Clara Millán (nunca foi imputada por iso), e dun xeito máis o menos simbólico (Oliver e Antón, normalmente) nas distintas manis que se levaron a cabo contra o porto deportivo. Xa non son só 1800 votos, xa son 5.400, máis votos que os 5.200 do PP.. E a alegría de acabar coa maioría absoluta do PP foi común, con felicitacións e bo rollo, a loita fora compartida.

Agora, catro anos despois, a perspectiva é totalmente distinta. O BNG pasouse ao “lado escuro”, poñéndose de parte de Caixanova e os especuladores e creando catro anos de clima irrespirable no concello.

Paréceme insultante que alguén chame “harraicitos” á xente que se manifestou en Cangas contra un plan xeral deseñado pola especulación e contra un proxecto de porto deportivo que se pretendeu meter pola forza militar incluso. 5.000, 8.000, 6.000 persoas saíndo a rúa, por só citar as mobilizacións máis importantes, non son “harraicitos” ni esbirros de Abalo, é o pobo de Cangas reclamando a súa dignidade.

E o que non queira mirar iso vive nos mundos de Yupi. A maquinaria de manipulación da prensa tampouco é infalible. Ídevos a vender espelliños de cores a outra parte.
parálisis mental
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Demonizado, "é a técnica retórica e ideolóxica de desinformación, sacralización e victimismo, consistente en presentar a entidades políticas...como fundamentalmente malas".
Ata hoxe era una MÁIS, hoxe son un "jarraicito..."
P/D. Parálisis mental, tu non a tes, estupendo o teu post.
JARRAICITO
RE: CANGAS � DE TODOS13-05-2011
Todos podemos colaborar nesta campaña, hai que move-lo voto, ACE ten que ter a presenza que lle corresponde neste concello, as perspectivas son boas máis depende de todos que teñen máis ou menos influenza. Vamos, xuntos podemos!!
dignidade e xustiza
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Reiterome:
SÓ SODES CATRO HARRAICITOS noutra postura política para acadar beneficios por outra banda. O final todos loitades por unha rentabilidade, económica, política, etc....
demonizados
RE: CANGAS � DE TODOS13-05-2011
vale, sigue votando pp, dálle os parabéns ó teu ídolos por facer uso do de "harraicitos"... q xente dios
iluminati
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Es lo que hay, yo tengo que aguantar vuestras opiniones, pues vosotros las mias. Esto es la democracia y la libertad de opinión.
demonizados
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Por cierto, no todos votamos al pp
demonizados
RE: CANGAS é DE TODOS13-05-2011
Tiene razón demonizados. El está en su derecho de obcecarse en defender el conformismo y la parálisis. A algunos les viene muy bien que nada funcione para vender su discurso predemocrático.
Está en su derecho de hacerlo así y nosotros en el nuestro de denunciar a esos cortos de mente que sólo ven blanco o negro, PP o PSOE, jarraicitos o salvapatrias. El está en su derecho de pensar como quiera y yo en el mío de cagarme en quien pretenda vincular a ACE, que es un partido democrático como el que más, formado por un conglomerado de movimientos de izquierda, a organizaciones que están fuera de la ley.

Pero ésta es la hipocresía de quienes cuando les venía bien aceptaban los votos de ACE para conseguir sus poltronas y ahora juegan a la insidia para manipular a los ciudadanos.
falsarios
13-05-2011
El administrador ha restrigindo el acceso a este mensaje tras tener conocimiento de que el mismo podría lesionar los bienes o derechos de un tercero
editado por el administrador
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados