Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
single party oslo
Indispensables
Donde ...
Guia
SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...19-05-2006
O PSOE aínda non solta prenda do seu candidato ás municipais 2007. Mentres que xa sabemos que SOTELO vai repetir con toda probabilidade polo PP e Clara Millán polo BNG, os socialistas non descubren o seu AS na manga. O ruxe ruxe, colócanos a X.Manuel Cid como posible candidato, inda que isto é un rumor. Tamén se fala de Tomás Abalde ou do propio Lois Pena. Todo un misterio sen resolver...

Por outra banda, semella que a coalición de FPG, IU-EU e INMO vai por bo camiño...

Semella que as cousas xa están en marcha...
Pereira


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...19-05-2006
Os do Psoe están fatal. Lévanse a matar entre eles... Pero non te preoucupes que xa encontrarán un paracaidista para o cartel electoral...
Marika
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...19-05-2006
PENA, deixa de despistar, que xa sabemos que andas moito por esta páxina...¿Non será un rumor que lanzas para que non se fale de ti?
DAS PENA
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...19-05-2006
eu pensaba que por aqui solo andaban os do PP pero seica andan todos. Os da FPG os do PSOE os do BNG e mesmo da EU que polo que vexo chamanse de todo menos guapos uns os outros. Esta ben o ambiente, asi se lles mira o plumeiro a todos eles.
Nardo
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...21-05-2006
Vouvos a dar unha pista do que pode estar pasando pero non llo digades a ninguén, vale? Pois dise por ahi que dentro do PSOE, preséntanse listas con candidaturas dentro do partido, e a militancia de base e a que escolle aquela lista que mais lle gusta, convén, interesa ou confía ou o que sexa. Así que hata que a militancia vote, non saberedes quen encabezará as listas. Algún de vos estará sorprendido con este comentario, xa que no seu partido elixense os candidatos de forma dedócrata ou por herdanza. Os políticos non son seres iluminados pola divinidade ainda que non o creades, son de carne e osos coma nos. Tampouco son eternos e tampouco imprescindibles. Gustaríame ver que a algún político lle propusera a súa militancia o desparecer da vida política activa: MIMADRIÑA!!! ese sería desterrado por sempre do reino de los cielos.
Por certo e para ir evitando suspicacias e comentarios fora de lugar. Nin son o bocho, nin son do psoe, nin son picoleto nin nada diso. Simplemente son unha persoa que cando fala de algo procura estar informado, e si non sei pois calo a boquiña e punto. Espero iso si, ser exemplo para mais de catro que falan o que non saben.
Aburiño!!!!!!!!
meu nome?
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...22-05-2006
O do PSOE o seu candidato vai ser Lois Pena, iso está máis que claro. Que queiran pintar o rollo de que vai ser esa unha elección democrática dentro do seu partido é aparte. Dentro do que é ese partido unionista (porque así o di o 2º artigo da constitución que os constitucionalistas defenden) o candidaro máis axeitado e legal, sen lugar a dúbias, é Tomás Abraldes. Paréceme este un tipo coherente ademais de boa persoa. A militancia debería elexir a este tipo e deixarse de lerias.
Manu
PARA MANU22-05-2006
O que dis de Abraldes é moi certo. É un tipo bastante legal para ser do PSOE. Eu comprobeino cando me dixeron que na comisión de urbanismo polo do PXOM onde se reunían todas as asociacións ( e el estaba por unha xunta de veciños de Nerga) o tipo foi dos que estaban a favor dende o principio de retirar ós mafiosos de Arteplán do plan xeral. E hai que ter en conta que nin xente do Bloque ou do seu partido estaban pola labor os moi cabritos.
Sebio
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...22-05-2006
Eu estou convencido que o que vai dar moito quebradero de cachola ós restantes grupos vai ser a coalición veciñal que promoven os da esquerda do pobo. Esperemos que Abalo, se se decide que vaia el, acade moitos votos. Eu non escondo os meus gustos e tampouco agacho que o meu candidato predilecto é a quen acabo de nomear. Agora ben, respecto a tódolos demais partidos, cando menos ata o punto do moralmente tolerable. O que non se pode tolerar por exemplo, é o que queren facer co urbanismo en Cangas, por exemplo.
Jessica F.
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...22-05-2006
Me dijo un pajarito que el alcalde Sotelo acaba de comprar junto con Rodal unha finca por longán valorada en mas de 300 millones de pesetas... De donde saca tanta pasta? Del sueldo de alcalde y de la deputación?
Tifus
PARA TIFUS22-05-2006
E unha merda! A pesar de que entre os dous soldos que ten (unhas 300.000 pesetas de alcalde e uns 600.000 aproximadamente da deputación xa que é o vicepresidente) tivo que botar man dasa ganancias que empezou a obter polo do urbanismo, o de Massó e tal...
Gonorrea sifilítica
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...22-05-2006
Tomás Abalde e non Abaldres é un tipo moi legal, estou totalmente dacordo con iso. Pareceríame un cabeza de cartel bastante bo e unha boa opcion. Pero o caso é que dentro do seu partido ten un apoio penso que minoritario (aínda que non estou seguro) así que os peixes gordos botaránno a un lado. É un tipo que defendeu as loitas mariñeiras como ex traballador do mar, en contra do seu propio partido e a pesar de que se insultaban as siglas que el representaba nas manifestacións, estivo sempre en contra das aberracións de urbanismo e por iso quedou fóra nas últimas eleccións. Son as consecuencias de ser unha persoa íntegra e defender os intereses do pueblo de Cangas por enriba dos persoais ou os dun partido.
E outra cousa, os cartos que se nota que manexa o calique matasanos, non hai que ser moi listo para deducir de onde saliron, porque non se gaña tanto nin de matasanos nin de alcalde.
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...22-05-2006
Non sabía o de que Tomás Abalde se implicara nas loitas mariñeiras en contra do seu partido. Joder! Ese tipo paréceme magnífico. Debería saír do PSOE porque é demasiado legal para ser alcalde. Sendo franco ós que non somos do PSOE igual nos beneficia que non sexa o candidato do PSOE sendo tan bo. Pero o caso é que non é xusto e a súa militancia debería velo e apostar por el e deixarse de Bochos e de historias chungas.
Luis
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...22-05-2006
Pois con respecto o das loitas mariñeiras, publicou un artigo bastante interesante no faro de vigo cando os picolos entraron de noite no concello estando ocupado polos mariñeiros. Non recordo ben cando foron as ultimas movilizacións, pero non me equivoco demasiado se digo que no 99-00 mais o menos.
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...23-05-2006
Estaría ben qkue o Abalde é fose o candidato do PSOE para que non pactase con Sotelo e para que a política en Cangas fose máis sana.
Nito
RE: SEICA SE VAI PRESENTAR X.MANUEL CID POLO PSOE EN CANGAS...23-05-2006
É curioso o que se asemellan os nomes de Abalo e Abalde.
Turín
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados