Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
GRACIAS "SEÑOR" ALCALDE (????)29-04-2011
Haz click para ampliar GRACIAS, "SEñOR" ALCALDE 29-04-2011
GRACIAS: por non deixarme expresarme onte no pleno, cando tiña a palabra pedida e firmada por vostede.
GRACIAS: por reirse na miña cara ( e diante de todos os vecinos que esabamos alí), facéndome pasar por tonta (cousa que non son, asegúrollo).
GRACIAS: por intentar facerme calar, e non deixarme explicar por qué "misteriosamente" un poste da luz apareceu na porta da miña casa...(Ah!! case o olvido!!! NUN CAMIÑO PRIVADO!!!!).
GRACIAS: por defender ao seu concelleiro de urbanismo (¿Valentín Piñeiro...non???)...que foi moi educado berrando na porta da miña casa, dicindo que "o poste vai ahí porque si".
GRACIAS: por facilitarlle "os cacos" a entrada na miña casa, poñéndolles unha escaleira de acceso. A miña familia xa pode descansar "tranquila"....
GRACIAS: por explicarme que o Concello non pon postes da luz. ¿Quén é entón o que da as licencias para a súa colocación?. Preguntollo desde este foro, porque como NON ME DEIXOU FALAR ONTE....
A VECINA QUE NON PUIDO FALAR NO PLANO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: GRACIAS 29-04-2011
pero que lle vas a pedir a eses inutilkes si lle deras cartos para chiquitas a valentin verias ciomo te mirava de ouitro xeito, ou ben foras a lamberlle o cu que iso e o que queren eses tipos, nunca son os culpaqbles pero teñen toda a culpa, non tan solo eles se non todos os concelleiros de moaña son uns incompetentes, so miran pasrsa o de eles , se se mira que unha cousa non esta ben eles din que si e nada mais hasta nque o dia pase algo e despois miraremos, quen manda no pobo o dos berros de valentin e normal nel e que e un malweducado e sempre o foiHAY QUE ESPABILALOS A TODOS ,ELES NON VAN FACER OI QUE QUEIRAN,A CULPA NDE MQUEN VOTA POR ELES
leña con eles
RE: GRACIAS 29-04-2011
Isto nos pasa por unha clase política de semexante catadura inteletual. Señor alcalde de Moaña, faga o favor de cumplir ca súa obriga de escoita ó pobo...non olvide nunca que é o pobo o que ten a soberanía...que vostedes está ahí grazas a eles (e os seus concelleiros inútiles tamén)..recoméndolle algún suplemento para mellora-la memoria, e se iso non fose posible, non se preocupe: RECORDARÉMOSLLO O VINDEIRO 22 DE MAIO NAS URNAS. Verducedo respirará mellor cando xa non esté.
menos samba e máis...
RE: GRACIAS 29-04-2011
Bueno, teño unha curiosidade,dis que os ladróns agora teñen unha escaleira para poder entrar na vivenda, pero mirando a altura do muro penso que ata un neno de 3 anos podería entrar na tua casa sin que estivera o poste.......
O SINIOR AFRANIO
RE: GRACIAS 29-04-2011
É dificil atopar un comentario máis imbécil que este do neno. Qué pensades? que estades máis alá do ben e o mal?
así vos vai
RE: GRACIAS 29-04-2011
SR. Afranio e eu penso que es parvo de todo. Como se nota que eres de bloque carallo que hasta o indefendible daslle voltas para que o teu amiguiño millan quede como un santo. A cuestion non é a altura do muro, é que por collons ten que quedar ese poste da luz ahi... Eu onte non estiven no pleno pero xa me imaxino as formas do sr. millan, faltando o respeto, rindose dun na propia cara. o que lle facia falta a ese home era unha bofetada ben dada...o pobo falará o 22 de Mayo e a xente esta levando moitos desengaños...Moaña merece un respeto e que se lle trate como personas....Millanciño que xa temos pelos nos hueviños...non te comportes como un rapaz...se consecuente co cargo que tes e responde por moaña...ou mellor, retirate xa e vai tomar viento pa beluso...inutil
menudo incompetente
RE: GRACIAS 29-04-2011
estou perdido , ese poste non esta no camiño , o camiño e de esa muller , o poste non intorpece a entrada do pòrtal , ben recordovos que fenosa ten postes ata dentro dos quinteiros das casas e non digamos das fincas . Isto e como o dos cables , cando os colgan nas casas non queremos pero hai estan . O poste esta no camiño , e vostede ten a entrada libre e o dia que agrande o portal seguro que llo sacan como paso outras veces , pero pense que o camiño e de todos e ese poste seguro que leva luz para outras casas , que por suposto estaran contentas polo sevicio .
o marques das estrugas
RE: GRACIAS 29-04-2011
É así: o BNG dando as explicacións que debera dar Gas Natural e poñéndose da súa parte. Que vos mirou e quen vos mira.
os tempos trocan
RE: GRACIAS 29-04-2011
enton o bng para que esta para dar os permisos sen antes mirar a claro esta como son unha panda de inutiles que non se entaran de nada asi como se fora unha casa de eles ou a sua familia non pasaria iso sa tratarian de amañalo,e non tan soilo op bng swe non o psoe q
xa xa
RE: GRACIAS 29-04-2011
Eu sí estiven no pleno, e efectivamente, e como de costume, o Sr. (por chamarlle dalgunha maneira, porque iso non se fai a ninguén, e menos a unha señorita) alcalde riuse na cara de todos e especialmente desta veciña. Sei onde está o poste porque paso a diario por ese camiño, e o poste está nunha PROPIEDADE PRIVADA...nesta caso o camiño NON É DE TODOS, ten dono. Según teño entendido non se lle pediu permiso nin se lle comunicou nada nin se expropiou nadiña ó dono...Como sempre, os de sempre, facendo o de sempre.
menos samba e máis...
RE: GRACIAS 29-04-2011
o que se deberia facer e colocarlle unha gran pedra na entrada da sua casa en berducedo e que pasara por encima de ela a ver si asi lle gustaba, fora de moaña lambon xa estga ben do que andas a roubar xa votache moito tempo, estas ahy por que vos xuntades se non ti nen pitarias en moaña, si sabes que esta mal recoñeceo e ratifica , non sexas tan egista a culpa e de quen che da os votos eles son como ti deben gustar roiubar como o fas ti que xa tiveche outra comision , entre ti e nvalentin vadesvos encher, fora que nin sequera eres de moaña, vaite coa gtua banda a outro lado
CACIQUISMO NON
e asi
RE: GRACIAS 29-04-2011
E despois din que os dictadores desapareceron, algun debeu quedar traumatizado hai anos, e agora esta empeñado en recoller o testigo. Quen viu estes do beneguai e quen os ve.
Os beneguais
RE: GRACIAS 29-04-2011
Jajajajajaj camiño privado di!!!!
f&r
RE: GRACIAS 29-04-2011
peperos ide a dormir todos que vos fai moita falta , e non tomar cousas raras que vos pasades de carallo , por que aqui alguns dos que opinan ata lle traban o " grifo " , ter sentido que xa sodes grandes .
un veciño
RE: GRACIAS 29-04-2011
Vos si que sodes os de sempre, os herdeiros dos falanxistas que tanto dano fixeron a este pobo e que non soportan a democracia cando non se lle da a razón, os mesmos que si lle deixaran xa terian votado moi lonxe o sr Millán, por que mal vos pese sempre terá moita máis educación que calquera de vos, que cando vades os plenos so vos dedicades ainterrumpir e a faltar o respeto. E do poste si que é de risa, por non chorar, non haberá cousas mais importantes neste pobo cun poste que nin sequera esta dentro da sua propiedade, e mais, no terreo da miña casa pasan cables telefonicos por riba e aqui non morreu ainda ninguen, o que demostra o desta señora e que o unico que lle interesa é non ver o BNG no poder, pois como mínimo vos quedan 4 anos mais, ou sexa que a roela
O SINIOR AFRANIO
RE: GRACIAS 29-04-2011
A ver si alguén mo explica: Según a Sra. é un camiño privado, o poste colocouno unha contrata de Fenosa, entón ¿Qué pinta o concello nesta liorta? Sí é certo que colla o poste e que tire con´el, ou que demande a Fenosa, pero deixade de tocar o carallo cos comentarios racistas e xenófobos que non son propios dos moañese bennacidos
Mao
RE: GRACIAS 29-04-2011
Pois si....é un camiño privado...e si teñen dudas,NON teréi problema en enviarlles a un mail particular unha copia da escritura que así o acredite....
A VECINA QUE NON PUIDO FALAR NO PLENO
MENOS CINISMO29-04-2011
Evidentemente non cabe dúbida que no concello haberá males maiores; mais é innegábel que xustamente nun concello é onde máis atención se lle da ás necesidades particulares. Coido que a ninguén lle gusta ter ese poste ao carón da súa casa, e abofé que, actuando con sentidiño, poderíase atopar outro "posto para o poste". Nalgún sitio ten que ir, mais sitios hai moitos. Poucas veces teño visto unha ubicación tan desacertada e non me cabe dúbida de que, se non hai mala fe, dende logo hai falta de capacidade para xestionar ese problema, porque mellor si se pode xestionar. O concelleiro de urbanismo non actúa correctamente, pois o seu traballo non consiste en adxudicar ao chou puntos para prantar torres de luz, senón en saber xestionar as necesidades e mailos recursos da "urbe" co menor impacto. E de ser este o menor impacto, daquela temos a un concelleiro da O.N.CE.M.; e digo ben, da Organización Nacional de CEgos Mentais, pois a cegueira visual non lle impediría a un bo concelleiro actuar con sentidiño (algo que non pode facer o cego mental).
Cachaldora
POR OUTRA BANDA...29-04-2011
Por outra banda, e á marxe da ubicación do poste, paréceme vergoñento que unha persoa que se digne representar aos cidadáns actúe do xeito que comenta a nosa veciña. E considero isto especialmente grave por dous motivos:
- Primeiro, porque se o señor Valentín actúa así cando está a representar aos veciños de Moaña, vén demostrar que os veciños de Moaña somos uns maleducados, e iso é innaceptábel. Se o señor Valentín quere actuar así na súa casa que o faga (que o dubido), mais que trate co respecto que merecen os cidadáns desta vila.
- Segundo, porque cando unha veciña (sea muller ou home, que quede claro) fai uso do seu dereito a se expresar nun pleno do concello, non pode haber nada que limite ese dereito (máis aínda cando o propio alcalde dalle ese permiso). Xa que logo vemos que esa cegueira que comentaba do concelleiro non é exclusiva del, senón que tamén a padece o propio máximo representante dese grupo local.
En conclusión, e novamente, temos un claro exemplo do mal proceder pola banda do concelleiro e mais do alcalde. É comprensíbel que isto se teña en conta (e moito) á hora de decidirmos nas vindeiras eleccións. Unha mágoa que certos partidos non aprendan das reaccións dos votantes nas eleccións pasadas ante o mal proceder dos seus dirixentes.
Non é xa unha cuestión de onde prantar ou non un poste, senón do respecto e maila dignidade que todo cidadán cómpre recibir.
Cacahaldora
RE: GRACIAS 29-04-2011
Conozco a la vecina de Moaña y conozco la vivienda, es sencillo ¿a quien le gustaria ese poste pegado a su casa? ¿al Sr. Alcalde? ¿al amable concejal?.
¿Es correcto el proceder de quienes se rien de sus vecinos?. ¿Cuando empezaremos a respetarnos?
una ciudadana
RE: GRACIAS 30-04-2011
Si, pero cando salta unha alarma de que alguén está a criticar algo feito polo BNG, saen en tromba os mercenarios coidadores da imaxen impoluta do sacrosanto partido e os seus infalibles representantes.

O partido en cuestión debera darlle un toque a estes fieis cans e explicarlles que o efecto que producen é o contrario ao que tentan conseguir, e que o mellor no caso dos erros (humanos e comprensibles) é humildemente rectificar, pedir perdón e quedar deste xeito como persoas razonables, coherentes e equilibradas.
convivencia cidadán
RE: GRACIAS 30-04-2011
en fin...que dicir... Millan es mala persona eh!!! riste da xente canto queres... pero a ver quen se ri o ultimo o proximo 22 de Mayo!!! Millan corrupto, vete pa beluso!! vete a arruinar a tu pueblo natal y deja a Moaña vivir trankila. furby!
indignante
RE: GRACIAS 30-04-2011
Onte estiven pola zona, e ademáis de ver o inoportuno da ubicación do famoso poste, puiden ver que moi cerca del, no camiño, hai outro buraco onde ben podería ir o poste sin molestar a ninguén. ¿por qué non vai aí e nos deixamos de tanta leria?Non o entendo.Ese camiño si que é de todos,e o outro parece que non (polo que se está a dicir)
Alcalde retifique xa!!!!o pobo non é parvo
pimpollo
RE: GRACIAS 01-05-2011
Muy bien señores, como no seguramente con todas las deudas que tiene el concello incluso con (fenosa jas natural) llegarian a un acuerdo, yo lo pongo donde me de la gana tu me das el permiso dejo que la deuda quede al cincuenta por cien, porque me sale mas caro poner el palo en otro lado que aqui.! A pero no se olviden que el Concello tendra que facilitarnos olgunas cosas más, aunque sea pisando a todos los vecinos de Moaña. No una piedra delante de su entrada no un monumento a los caidos porque caeran a ver si no salen más, por incompetentes, maleducados, burlones y desagradables, es lo mas suave que se me antoja en este momento, y por cierto esta ai porque se unio con el pesoe que el no gano las eleciones. Esto tambien pora el teniente alcalde ten un poco de dignidad y no vuelvas a pactar con nadie, por querer tener una silla en la presidencia defiendete tu solo, y no nos deais mas el coñazo los dos.
ESI ESI
RE: GRACIAS 01-05-2011
Onde está o Millán que presumia de falar no foro este? que lle dí a esta veciña? ...A soverbia é o maior dos problemas dun cargo público.
buajjjjjj
llanero solitario
RE: GRACIAS 02-05-2011
Pois si, "llanero", non tiña pensado intervir. Primeiro, porque cheguei tarde á vosa "polémica" (non puiden entrar no foro nos últimos días) e segundo porque non vin nada que necesitase ou a que se puidese dar explicación. Primeiro, porque nunca comentei en público -nin na prensa, nin no Concello, e por suposto menos o farei nunca nun chat- as queixas persoais dun administrado a respecto da administración... Ten todo o seu dereito, teña ou non teña razón. Segundo, porque cando as queixas por un problema se transforman en suspicacias ou tirrias persoais, van xa mais alá das miñas obrigas como alcalde, ou de calquera dos concelleiros. Cada un é moi libre de aprobar ou de reprobar a quen lle praza, e dicilo en público (mais non no salón de plenos, onde algúns converteron isto nun deporte especializado). Sei que isto último algúns non o darán comprendido nunca ¿pero que imos facerlle? No pleno expliqueille á persoa que iniciou este fío que o Concello non pon nin quita postes do subministro eléctrico, que iso faino FENOSA. O Concello como moito actúa como mediador cando é necesario pór ou quitar un poste. ¿Que non se acepta a mediación? Pois o noso papel acabou. FENOSA ten as mesmas obrigas que calquera empresa ou particular para facer as súas obras e os veciños teñen os mecanismos que lles dá a lei para defenderse se se senten perxudicados. Entre eses mecanismos non figura difamar nin ao concelleiro de urbanismo nin ao alcalde. Agora ben, cada un que obre como lle pareza: xa vivimos moitas situacións semellantes e as augas sempre volveron ao seu rego.
A respecto do asunto que máis preocupa aos continuadores deste fío, se me irei ou non para Beluso despois do 22 de maio, sinto defraudalos, pero non: decididamente quedareime en Berducedo. Se seguirei ou non de alcalde decidirano os veciños e veciñas o día 22 -todos os veciños e veciñas, os 16.000 con dereito a voto, non os 3.800 que apoian ao PP, nin os cinco ou sei que se empeñan en dicir barbaridades neste foro. E o que digan hai que respectalo e punto. Pero onde vivir... iso decídoo eu, e aquí está o pouco que fun xuntando na miña vida: a miña casa, o meu traballo, case todas as persoas que aprecio e moitas persoas que me aprecian. ¿Por que ía a irme se ademais me gusta Moaña como é? Se alguén ten que irse -que non o sei- serán os que non lles gusta Moaña tal como é, que curiosamente coinciden con moitos dos que queren mandarme fóra a min, ¿ou non? "Pasan nesta vida cousiñas tan estrañas...", que dicía Rosalía de Castro...
Xosé Manuel Millán
RE: GRACIAS 02-05-2011
Ante todo, quero agradecerlle ó Alcalde o detalle de contestar a parte das miñas preguntas. Agora quixera aclararlle algo: levo en Moaña menos de un ano, e asegúrolle que necesito bastante máis tempo para collerlle tirria a ninguén. Non é cuestión nin de manías personales (xa lle digo que non tiven tempo), nin de polítiqueos, porque este é un asunto polo que eu pelearía con quen fose: PP, PSOE, BNG e ata cos Verdes se fose necesario, coa única motivación de pelear contra algo que ó meu parecer non é xusto.
A pena é que esta resposta tan ben estructurada neste foro, non se me dese no pleno, porque vostede quedaría como un señor, e eu (unha nova vecina que vai por primerira vez na súa vida a un pleno, a ser escoitada polo seu alcalde) non me levaría unha imaxe tan decepcionante dun político que se supón representa o pobo (agora meu pobo), da democracia (onde eu creía que todos podíamos opinar), e do que era un pleno onde o pobo de pode expresar libremente (sempre dentro do respeto, e eu creo que non llo faltei ó longo da primeira e única frase que me deixou decir no famoso pleno).
Sigo dicindo que non é cousa de tirrias personales, pero estará dacordo conmigo en que sí é cousa de lóxica: si se fixo antes un buraco na vía pública (e "alguén" o rexeitóu)..¿Por qué agora FENOSA o pon nun camiño PRIVADO??(e digo ben, lle pese a quen lle pese: PRI-VA-DO).
A dúbida que eu teño é si se fixo con licencia do Concello...porque claro...se o fixo sen licencia...será o Concello tamén o que terá que tomar cartas no asunto, e non consentir tal "abuso", facendo que o poste vaia na súa ubicación correcta, que é a que xa estaba preparado para el, non cree?.
Agora ben: se FENOSA puxo alí o poste "porque sí"..sigo sin entender a actitude do concelleiro de Urbanismo...
Pero eu solo son unha pobre ciudadana que non entende de nada.....
Dende logo...vostede como alcalde non debería permitir tales cousas por parte de FENOSA, e debería esixir A QUEN CORRESPONDA que repare o erro canto antes.
Señor Alcalde: RECTIFICAR É DE SABIOS....
A VECINA QUE NON PUIDO FALAR NO PLENO
RE: GRACIAS 02-05-2011
señora , para min o alcalde falou moi claro , xusgado denuncia o canto a fenosa e de ese xeito todos a podemos axudar , por que realmente xa non e a primeira vez que fenosa fai cousas asi , denuncie a esta empresa e seguro que lle sacan o poste , pois xa ten pasado en moaña , os politicos aqui non pintan nada .
o marques das estrugas
RE: GRACIAS 02-05-2011
Imos ver si leemos ben. ¿non dí a señora que o Valentín lle berrou na porta da casa disindo que o poste iba ahi porque si?¿Valentin traballa ajora na FENOSA?.Non nos deixemos liar, non nos deixemos liar
o pirata
RE: GRACIAS 03-05-2011
Un fio sorprendente...primeiro que un acto administrativo habitual: unha instalación eléctrica, unha empresa que ten a "competencia exclusiva da Xunta para levala a cabo", un camiño (¿público ou privado?), un procedemento reglado no que os veciños temos que ter os nosos dereitos e poder defendelos (o poste terá que ir nalgún sitio, e seguro que non a gusto de todos),...e que salta a prensa e a este foro porque a veciña afectada solicita a palabra no pleno, dáselle, explica o caso e, segundo poido entender, o Alcalde dille que non é responsabilidade do Concello e que nun pleno non é o lugar de resolvelo...non si?
Non sei si admirarme e declarar que estamos no Concello máis democrático, participativo e transparente do pais...calquera leva a un pleno un conflito, non para resolverlo, senon para denunciar ao propio goberno de que non llo resolve...ou ante un Concello bananero que non resolve os problemas e os plenos son o muro das lamentacións para salir no Faro.
E que ademáis o Alcalde (supoño que é el mesmo, o que asina como X.M.Millán) saia neste Foro a explicarse...e a veciña llo agradeza...Sublime...
Pero, fai falla chegar ata aquí porque Fenosa pon un poste nun lugar non "axeitado"?
Algo falla cando hai que facer dun poste da luz unha causa xeneral contra a xestión do Bloque...
outro
RE: GRACIAS 03-05-2011
Madre mía, abusan do seu poder sendo uns incompetentes, pensando que van poder con uns veciños novos da zona. A realidade é que calquera nesa situación faría o mesmo e loitaría por algo que, ha sido imposto sen previa comunicación, por qué?, por saben que é un camiño privado, é ilegal. Xa non falemos da seguiridade da casa! Hay outras formas de tratar a xente, e sei que así o único que conseguirán e que siga o "ruido deste feito" para que o 22 de maio teñan un aliciente máis para desvialo voto se aínda dubidan.
María Vázquez
RE: GRACIAS 03-05-2011
Maria Vazquez , eres a purificacion en persoa filliña , onde estiveches cando os de fenosa foron poñer o poste , non te mirei sair co legon contra deles , non sabes onde estan as ofisinas de fenosa , vai ali , leva o notario e denuncia o tema como ten que ser , o das elecions e unha teoria que so entra na cabeza de fervi , que teñas bo dia .
un veciño
RE: GRACIAS 03-05-2011
Estou completamente dacordo con "outro" cando dí que "o poste ten que ir nalgún sitio, e non sempre a gusto de todos".
Si eso é o que eu penso, e por iso non entendo que (REPITO E INSISTO para que lle quede claro á xente)si se fixo un buraco con anterioridade para colocar o poste NUNHA VÍA PÚBLICA, alguén tivese o poder suficiente, ou a maestría suficiente para decir que ahí non o quería, e o poste se colocase entón NUN CAMIÑO PRIVADO, e eu non poda decir que ahí non o quero. E non é solo que non o quera...e que esas non son forma de facer as cousas!!!.Ninguén preguntóu, pero como son previsora, estaban moi avisados de que eso era privado, había unha pintada no chan dicindo "NON"...
¿alguén me pode decir por qué no buraco da vía pública non se chegóu a colocar? estaríalle moi agradecida de sabelo.
A VECINA DO DICHOSO POSTE...OUTRA VEZ
RE: GRACIAS 03-05-2011
Lo que tienes que hacer es poner una nota en los periodicos , es lo único que entienden los políticos, y si el terreno es tuyo y no del Concello denunciarlos en el Juzgado. Pero sobre todo la prensa , eso los hace moverse
animo y a por todas
Rosaura brey
RE: GRACIAS 03-05-2011
Muy acertada la exposición de "outro" sobre todo en su parte final. Parece que todo sirve para cuestionar la gestión del bloque en el concello ahora que estamos próximos a las elecciones.
No soy votante del bloque, pero creo que la actitud de X.M Millán es admirable y es justo reconocerselo. Participar de un foro público como este para dar respuesta a una vecina, aunque su problema no sea realmente competencia municipal, es como poco digno de elogio. Al margen de no comulgar con sus ideas políticas para mi Millán se lleva un diez. Ojalá todos los políticos actuaran del mismo modo.
Al margen de ideas políticas
RE: GRACIAS 03-05-2011
Alcaldiño???? ou Millanciño ... que dis que decidirán o dia 22 os 16000 habitantes de moaña, en moaña somos mais de 19000.... ven andamos cos datos que nos das....

E non todos van decidir o 22 de maio por que ainda que non o sepas ata os 18 non podes votar..... manda carallo co que se fai chamar alcalde, e iso que leva oito anos en Berdu e non sabe nin cantos somos, asi nos vai.....

unha que fala
RE: GRACIAS 04-05-2011
Para unha que fafa,
Me parece que en vez de falar deberas informarte de cal e o censo de votandes de Moaña. De che vale de informacion.............
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/04/05/censo-votantes-disminuye-700-personas-ultimas-municipales/532877.html
Abelendo`s
CUESTION DE ACTITUDE04-05-2011
Coido que, ao final, a actitude do concello e os seus representantes pódese resumir na famosa frase: "Ser debil co forte e forte co debil".
Unha magoa, coma sempre.
UnDebil
RE: GRACIAS 04-05-2011
Ante todo é un problema de seguridade: ningún veciño de ningures debería ter que vivir co medo de que calquera poda colarse no seu fogar. A miña curmá viviu unha situacion parecida que remataou de mala maneira. Seamos soliadarios cos nosos concidadáns.
Xusticieira
RE: GRACIAS 05-05-2011
Creo que é momento de darlle as gracias a toda a xente que está a escribir neste foro. Tanto ós que me apoian, como ós que non o fan. Todos eles están a usar un minuto do seu tempo en facerlle caso a este tema.
Sei que non é a morte de ninguén, pero tamén sei que é unha inxusticia que non penso tolerar.
Como ven se viu (no pleno, no faro de Vigo, e neste foro), podo facer ruido....moito ruido.
E que ninguén dubide de que o voy facer si é necesario.De momento só estou entonando as primeiras notas do pentagrama, e creo que si as cousas se fan ben, non é preciso sonar máis, pero non está na miña man, se non na de aqueles que fixeron as cousas mal.
Non teño ningún interese en perxudicar a ninguén, pero tampouco vou deixar que ma fagan mal a mín. E unha cuestión de dereitos como personas que somos.
Repito que non é nada personal contra ninguén, ni contra ningún partido, se non unha loita contra un abuso que non vou a consentir.
A VECINA DO POSTE
RE: GRACIAS 05-05-2011
esta muller da denuncia esta decindo unha mentira , non escoitei que dicera unha soa palabra en contra de fenosa , a empresa que pon o poste , o unico que fixo ata o de agora e botar contra os que estan gobernando no concello , que pasa foi unha brigada do consello a poñer o poste , ou fenosa pertece o concello , gustariame saber si fixo algo , si algo contra fenosa , a dona da luz , do poste , e de todo canto hai , o mais facil e ir a protestar sempre o mesmo sitio , total son parvos e aguantan con todo , hai unha empresa que por desgracia e a responsable desta historia e chamase FENOSA , e non e do concello .
un veciño
OS DEBILES POBRIñOS05-05-2011
¿Tí pensas, veciño, que si a casa fora do alcalde, de algun concelleiro, funcionario, policia, ou dalgun veciño "con boas relacions" ou "con poder", estaría ahí ese poste?.
Saudos.
UnDebil
RE: GRACIAS 05-05-2011
A "un veciño" lle digo o seguinte:
O que veu a berrar á porta da miña casa, dicindo que "o poste vai ahí porque si", chámase VALENTÍN PIÑEIRO, un señor de barba e pelo branco, que cando fun ó pleno, estaba sentado no sitio dos concelleiros, e que falou como concelleiro de urbanismo de Moaña.
Iso faime pensar que debe traballar con Concello, non si?? (ó millor traballa en Fenosa polas tardes, pero non teño coñecemento sobre eso).
Si ben é certo que non viu só. acompañábao outro home que decía traballar para MONCOSA (si....unha subcontrata de Fenosa). Pero os dous insistían en que o poste iba alí, e o señor concelleiro non decía o contrario (ou igual era que berraba tanto que non o escoitei ben...todo pode ser).
Se ten máis dúbidas, llas aclaro cando queira.
A VECINA DO POSTE
RE: GRACIAS 05-05-2011
señora denuncie a fenosa e punto , e sinon lle chega denuncie o consello por ser unha subcontrata de fenosa e punto , FENOSA E PUNTO .
un veciño
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados