Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Menos mal que xa acaban o mandato esta pandilla de amiguetes que ven gobernando en Cangas durante os últimos catro anos. Nunca antes en este pobo se veu tal nivel de ganas de traballar, falta de compromiso, falta de respeto cos veciños e veciñas de Cangas, en definitiva, que foi a peor lexislatura que tivo o noso pobo cangués. Rúas cheas de lixo, buracos nos camiños, e unha longa ringleira de cousas que non se fixeron ou non se quixeron facer. Eso si, o que houbo foron, primeiro as risas e despois os choros. As risas cando por fin a Sra. Alcaldesa conseguíu sentarse, despois de non sei cantos anos intentándoo, na sua butaca , e os choros cando, segundo ela, foi traicionada por os seus socios de goberno. MENOS MAL QUE SE ACABAN estes catro anos de bochornos, páxinas de xornal que só falaban de disputas internas do goberno cangués e moitas outras cousas que se irán sabendo co tempo. MENOS MAL QUE SE ACABAN.
UN DE CANGAS


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Én algo podes ter razón, pero o máis preocupante é que se volve o PP volveran os anos de enchufismo no Concello, de obras faraonicas e grandes deudas as empresas, de cacicadas. Ti qué prefires? Eu de verdade que xa non o sei.

O mellor de todos está claro que é que ningún partido saque maioría absoluta, que ninguén asuma o mando durante os primeiros meses e que se vexan obrigados a convocar de novo eleccións pero con outros candidatos. Os 4 candidatos de agora xa demostraron que non valen para a política.
TODOS SON BOS
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Non fai falta maioría absoluta para gobernar, se non hai pactos o alcalde é o candidato da lista máis votada.
info
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Que veña o que veña, pero eu tamén síntome sinceiramente aliviado de que termine o mandato de esta muller que deixa ao BNG e ao nacionalismo galego á mesma altura que o caciquismo máis barolento.
ata nunca
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Votemos en blanco. Que el voto en blanco sea la opción más votadas sería algo histórico y ya sólo por vergüenza estos políticos que tenemos se irían a sus casas. A ver si lo conseguimos. VOTO EN BLANCO.
LUCIDEZ
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
volveran os anos de enchufismo no Concello, de obras faraonicas e grandes deudas as empresas, de cacicadas. QUE ME ESTAS FALANDO DO BNG¿? ¿QUE FIXO O BNG?
OU
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
DE VERDADE QUE ME INDIGNA VER OS DO BENEGADOS CHORAR TANTO POLO VOTO EN BLANCO OU NULO, COMO SABEN QUE NON VAN A GAÑAR QUEREN FACER O POSIBLE, ENGAÑANDO COMA SEMPRE O ELECTORADO CON CHORRADAS TIPICAS DELES PARA QUE O PP (FAVORITO NAS ENQUISAS) NON ACADE A MAIORIA ABSOLUTA E ASÍ NON GOBERNAR. POLA MIÑA PARTE DECIR QUE O MELLOR E VOTAR O PP DEBIDO QUE É O UNICO QUE PODE ARRANXAR ESTE POBO DA DEBACLE E DEBEDAS EN QUE SE ENCONTRA ESTE POBO DEBIDO A INEXISTENTE REPRESENTACION MUNICIPAL DOS BENEGADOS,PASOTILLAS E DEMAIS.
O CORREDOR DO MORRAZO
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
OU, non enganes, non metas medo o enchufismo MÁIS que NUNCA estivo presente no Concello, non tiveron unha forma de gobernar diferente á dereita...
externalizado
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
En un comentario me llaman submarino del PP, en otro dicen que soy del BNG. La verdad que no dais una. Pero bueno, yo a lo mío. VOTO EN BLANCO.
LUCIDEZ
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Ostia, eu vou votar en branco (para mirar se calas).
racaraca
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
Pues no voy a callar. Sólo jodería que todos los putos días todo el mundo puede defender a los suyos e insultar a los demás, y yo, que pido el voto en blanco, me tengo que callar. VOTO EN BLANCO.
LUCIDEZ
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN26-04-2011
A peor lexislatura? Ti en qué mundo vives, ou e que caiches onte por aquí? Nefastas foron as de Chapela Seijo, de Lois Pena, de Enrique Sotelo, incluso peor a de Euloxio Lopez e todos eses viviron tempos mellores polo menos coa pasta, e que decir da Xestora, cando se construiu por todas partes barbaridades. Aquí canto máis fagas máis queren: buratos, lembro os miles na época de sotelo que non daba arranxado coas capas de pichi, ou as ruas que quedaron a medias, e das promesas faraónicas que quedaron empufadas. A realidade é que temos máis zoas empedradas, máis actividades, máis recoñecementos será un desastre a imaxe dos políticos pero Cangas mellorou moito sin un p duro por moito que queirades tapalo. Facer memoria de como estaba ou temos que ir lembrando unha a unha as cousas que tiñan abandonadas, como o problema do lixo onde nos meteron cando eles gobernaban e contrataron en precario a esa empresa e lle adeudaban a débeda que agora reclaman. Non nos queiras facer parvos que pa iso tades vos.
O pp en 8 anos nada de nada
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN27-04-2011
Ti flipas, qué fumades nas xuntanzas da “familia”?

As tres lexislaturas “nejras” da historia “democrática” de Cangas foron: as de Lois Pena e Sotelo cando tiveron maioría absoluta e a de Clara Millán que só con cinco concelleiros/as foi aínda peor que os outros con 14 e 11.

Con Chapela, con Euloxio, coa xestora, a convivencia foi máis ou menos normal, as cousas faríanse mellor ou peor, pero sen os enfrontamentos e tiranías e pasadas de rosca das tres citadas.

E as grandes desfeitas urbanísticas foron de Lois Pena (Pedra Alta sobre todo) e Sotelo (o concello enteiro en pleno bum). Na de Clara Millán xa tocou a burbulla pinchada e Abalo tamén cortou bastantes barbaridades.
memoria histórica
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN27-04-2011
memoria historica.por que non dis que abalo rstando con la xestora permitio la construccion ilegal de los adificios en la calle noria.si cuentad las cosas cuentalas bien no a medias.o la memoria solo te deja mirar lo que te interesa. abalo non e precisamente un ejemplo para nadie
o rompeolas
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN27-04-2011
Si o pp non fixo nada nos 8 anos que estuvo dime a min o que fixo a Clarita e o Hectorito. Estes o unico que fixeron foi sacar fotos e mais fotos para o recordo da sua nefasta xestion municipal. O señorito Otero decía no Faro que vai facer unha Cangas vanguardista, se lle chama vanguardista o arte de tener Cangas chea de baches,a monte todos os viais municipais, o Concello e Casa da Cultura cos cristais rotos pois habrá que darlle o primer premio de arte no morrazo.
CORREDOR DO MORRAZO
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN27-04-2011
O de que os edificios da rúa Noria son da época da xestora é un bulo que sacou Sotelo e que Abalo botou abaixo na prensa dando as datas exactas das licenzas.
hemeroteca
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN27-04-2011
pero puido paralo e non fixo nadarstando na xestora.hemeroteca non defendas o indefendible.cando hay algo que lle afecta desaparece e cala a boca e bota balons fora
o rompeolas
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN27-04-2011
"As inxurias son as razóns dos que teñen culpa", existe un remedio para a culpa RECOÑECELA, o mal oficial vótalle a culpa á ferramenta...
disculpa
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN28-04-2011
que eu sepa Abalo non fixo nada. Só se preocupou polo de massó... Todos os partidos estan moi vistos e sempre son os mesmo... Nas listas sempre vai xente inexperta, oportunistas e que non teñen nin puta idea (só hai que ver as listas de todos os partidos, todos coñecemos a alguén).

O que necesita Cangas é un partido novo, con caras novas, comprometido... Existen? NON

Os políticos sobran. Un concello sen políticos (que non saben de leis) que funcione con funcionariado cunhas oposicións xustas, competitivas e nas que entren os mellores cualificados, os concellos serían mellores, dinámicos e másis funcionais. Ademais, dous organismos publicos como as diputación (rexidos por políticos) e os concellos, non serven de nada, diversificar gastos para alcanzar as mesmas metas é rizar o rizo

Só hai que abrir os ollos e ter perspectiva, hai que cambiar a mentalidade.

personalmente dame a risa cando miro as fotos de presentación dos partidos (tanto do PP, PSOE e BNG) CANTO VIVIDOR!!!!!! danme noxo!!!! Hai xente que nin sabe o que é traballar!!!!!! Pero como vamos a ir a millor!!!!
El Mimo
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN28-04-2011
perdón, para que non pensedes que son de "esquerdas", olvidóuseme meter no saco dos "traballadores" ós de ACE, que son igual de atracadores que os outros.
El Mimo
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN28-04-2011
Tes moita razón con que os políticos sobran e que cun funcionariado profesional, con toda seguridade estaríamos mellor.

Habería que engadir un control de calidade, algo imprescindible na empresa privada, do que o funcionariado e o estamento político non queren nin ouvir falar.

E leis estritas que eviten o corporativismo e eviten o apalancamento no poder: non hai ninguén imprescindible, direccións sometidas a consellos para evitar personalismos e ollo co sistema xudicial, a mirar se saen dunha vez da caverna das togas e os usías e os ilustrísimos e informatizan o chollo e democratizan a elección de cargos.

Pero mentres non cheguemos a isto, non é certo que todos sexan iguais, haberanos mellores e peores, e co sistema electoral que temos é mellor que escollas a que o partido maioritario se apunte o teu voto.
choupa
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN29-04-2011
¿e vós que facedes para mellorar todo o que criticades?
faladurías de tabernas, antes de falar nada todos deberíades de pasar por ahí para saber o que é.
Insoportable
RE: MENOS MAL QUE XA ACABAN30-04-2011
Pois propoñer outra forma distinta, o xeito de baleirar un pozo negro non é meténdose dentro, afojas, hai que impedir primeiro que entre máis merda e despois baleirar o que hay cunha bomba ou deixalo secar e clausuralo.
exemplo literal
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados