Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE20-04-2011
Haz click para ampliar Esta foto (ou unha curiosa coincidencia de datas) custoulle o posto ao director do Xornal de Galicia que foi que descubriu o asunto. Nela Mariano Rajoy aparece (dentro dos actos previos á campaña eleitoral do 2009) no atuneiro MAROPA, propriedade dun dos clans históricos do narcotráfico: OS CANEOS. Naquel intre, o xefe do clan: Daniel Baúlo Carballo, cumpríu unha condea de 17 anos e medio de cárcere tras ser considerado pola Policía como "o traficante mais importante a nivel estatal". O xornal PÚBLICO pescudou algúns detalles mais. Entre eles, a confirmación do PP galego da estadía de Rajoy no barco, nun acto "improvisado", sen saber a quen pertencía.

Galicia Confidencial conta que Mariano Rajoy "montou en cólera" e chamou a Jacinto Rey, proprietario da construtura San José, e do Xornal de Galicia. E engade: “Segundo fontes consultadas, Rajoy suxeríu que presidirá o Goberno en breve, o que significa ter o poder para continuar adxudicando ou non as obras públicas das principais empresas españolas, entre elas, madia leva, a construtora San José"

José Luis Gómez, director até agora do Xornal de Galicia foi relevado do seu cargo de "mutuo acordo" coa propriedade da empresa. A presa dese "mutuo acordo" deixa no cargo de directora "en funcións", como dí o proprio xornal, á subdirectora María Martínez Val.

É dicir, Rajoy súbe ao barco de coñecidos narcotraficantes, como proba a fotografía e non pasa nada, non ten repercusións, agás para o xornalista que decidiu publicala que, casualmente, asina un "mutuo acordo" de despedimento imediatamente despois da exclusiva.
Financiando coa fariña


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE20-04-2011
Señor admistrador del foro , como se dice en las normas:Este apartado ha sido concebido para alojar DENUNCIAS que afecten o puedan afectar directamente a la comarca del Morrazo o su área de influencia. Te agradecemos que te abstengas de publicar denuncias que no cumplan este requisito.

Esta noticia no tiene ningún vinculo ni directa , ni indirectamente con la peninsula del Morrazo , por lo tanto deberia tomar medidas al respecto
PARA EL ADMINISTRADOR
RE: CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE20-04-2011
A política recompesatoria do PP é mui curiosa: sempre se mata ó mensaxeiro, este caso do periodista é mui semellante ó do xuiz Garzón, é decir, si un descubre un caso de corrupción non castigarán ós corruptos, sempre castigan ós que descubren as tramas.
Non te atrevas a denunciar que o PP se financiou con diñeiro da “fariña” (non era a primeira vez) nin te atrevas a denunciar que se financia con unha trama corrupta como a do Gurtel: pódeche salir mui caro, como a Garzón ou como a José Luis Gómez.
Non son os únicos, o brazo das tramas corruptas da dereita é longo e poderoso.
O brazo corrupto da dereita
RE: CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE20-04-2011
“Señor admistrador do foro” como se pode ver esta denuncia está posta na sección de DENUNCIA AQUÍ e non na do FORO DEL MORRAZO. E a min paréceme que é mui pertinente porque nos afecta a todos que as autoridades que vaian a administrar os nosos diñeiros e o noso futuro estén máis limpos que unha patena, e como se poder comprobar parece que non é así.
Así que, “Señor administrador” prégolle que non teña en conta o burdo intento de presión do monaguillo que firma como “PARA EL ADMINISTRADOR” e nos deixe enterarnos do que fan os políticos que teñen que tomar decisións que nos afectan a todos os habitantes do Morrazo e, por ende, do mundo enteiro.
Xa saliu o primeiro monaguillo
20-04-2011
Señor administrador , esta noticia carece de credivilidad , y lo que deberia de hacerse es respetar las normas , este es un foro del morrazo y no una propaganda politica de catro nacionalistas... preocupados pola repercusion da operación orquesta en Moaña.

esta noticia non cumpre coas normas e se a deixa pasar entón abrirá a porta a noticias de caracter propagandistico. E dará a entender que este é un foro que carece de neutralidade.

Xa fixeron o outro dia unha denuncia que falba dun axuntamento de non sei donde , e vostede fixo o correcto e sacou a denuncia..
Aplaudolle o feito.
Somos do morrazo e falamos das preocupacions do Moarrazo


El mensaje no se acoge a las normas del foro de denuncias por no tratarse de una denuncia relativa a la comarca del Morrazo o su área de influencia.
Se cierra el hilo
PARA O ADMINISTRADOR DO FORO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados