Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://astralgrouponline.com/bar-35-speed-dating/
Indispensables
Donde ...
Guia
SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO08-05-2006
desde eiqui solo quero mandar o meu mallor desprecio para esta pandilla de cans descerebrados asesinos que estamos pagandolle o sueldo con nosos cartos e recordarlles quen alimenta o odio con odio se atopara,
asesinos


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO08-05-2006
Mañan a poli non vai pillar os obreiros coas mans vacias, mañan será un dia historico, e lamento que Vigo convirtase nunha rúa coma as de Irak, pero o que non chora non mama, e ante a represión, maior contestación ,si isto non se amaña, caña caña caña, ADIANTE OBREIROS DO METAL A POR ELES QUE SON POUCOS E COBARDES, pero coas mans valeiras mañan xa non.
lois
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO08-05-2006
igual que este compañeiro a carga policial contra os traballadores do metal foi unha salvajada,pero que se pode esperar destes animales,como sempre os traballadores levan ostias por todos lados,primeiro da patronal e despois dos seus guardians eudende aqui animo a todos os traballadores do metal e os que non sean da metal a loitar por a nosa dignidade como traballadores e cidadans e animo que non vos deteñan eses animales,recordar todo e que luchastes durante decadas,adiante coa loita obreira
veciño de cangas
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO08-05-2006
Acabo de miralo na tele,tamen hai moito salvaxe metido no medio do lio.Non se pode consentir que destrocen todo por que lles dea a gana que e o que estan a facer poden exixir os seus dereitos de forma mais pacifica sen facer dano.
Susa
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO08-05-2006
Eses policias xa viñan decididos a cargar e viñeron a pola xente sen mais e colleron a xente desprevenida.
eu estiven na manifestacion
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO08-05-2006
Susa o tema do metal non son os teletubbies,moito protestar e votar en cara o dos contedores volcados ou o xardin de Corina patas arriba, pero nin Dios di nada contra do que piden, que e de xustiza inda que teña que arder Vigo, oi imoslle poñer prezo a dignidade laboral o pan dos fillos??Susa che recordo que neste pais o que non chora non mama, e tamen che recordo que moitos non cobraron o mes de abril,e estamos a dia 8 Susa,e a hipotgeca esta ahi, e os nenos queren comer, xa me dirás si non e para cabrearse e cagarse en todo, incluido os xardins da Corina...Nunha palabra si para ter un traballo,convenio digno,hai que poñer Vigo patas arriba,ponse, tranquila que xa saldra do lombo deles que a volten poñer bonita,namentras adiante compañeiros.
ele
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
O problema non é só dos traballadores do metal, é de todo o que quere vivir do seu chollo, ter unha vivenda para vivir e manter unha vida digna. ¿Quén permite os prezos da vivenda?¿quén recolle os beneficios da especulación?¿onde están os políticos que traballen pola cohesión social e a diminución de diferencias?¿onde está a inversión en tecnoloxía, formación, investigación, en chegar a unha sociedade desenvolvida e xusta?
gardade os cans
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
Me gustaía que a muchos que estais defendiendo las salvajadas de los del Metal os pillara en el coche el enfrentamiento de la manifestación con la policia,yo estoy de acuerdo que tienen sus derechos, pero el resto de los ciudadanos tambien tenemos los nuestros que ellos no respetan y violentan de forma salvaje unos y otros.
juan
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
decir que yo trabajo en vigo y ayer a mi quienes me rompieron la luna del coche fuero los antidisturbios, y yo dentro del coche como a otras personas que estaban alli quedamos alucinadas, yo incluso del miedo que pase me escondi dentro del coche por miedo aque me disparan una bola de goma, a la policia se les fue completamente de las manos, sin duda alguna, yo lo vivi en directo y a mi quienes me agrediero fueron los policias no los manifestantes, que ya tenian bastante con lo suyo que aun ivan apartando a la gente y ayudandola para que no les dieran con las pelotas de goma, fue horrible en serio, desde aqui todo mi apoyo a los trabajadores del metal y a todas las personas heridas y detenidas ayer, fue muy injusto y brutal.
sheila
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
Antes de nada brindárllelo meu máis sincero apoio ós compañeiros do metal. E tamén gustaríame lembrarlle á pacifista repugnante que interven neste foro que nese choio hai moita xente do Morrazo, tanto de Cangas como de Moaña. Ti con quen estas? Coa patronal? Con Corina( que quería morta)? Con Fernández Alvariño?
A LOITA OBREIRA É O ÚNICO CAMIÑO!!
Tochi
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
Parece ser que hoxe soltaron ós detidos. Ánimo e a seguir coa loita.
Mister T.
RE: GENTE DEL MORRAZO = VAGOS PORREROS COCAINOMANOS Y DEMAS09-05-2006
Estoy muy de acuerdo con lo que dice Paco de España. Hay que ver la avenida de Marín los sabados por la noche, parece una piara de cerdos y drogatas sobre todo los que salen del dedos a las nueve de la mañana ¿¿¿¿Trabajadores????
Simpatizante de Paco
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
Traballar en condicións precarias,tercermundistas casi, eso non e violencia,sufrir a morte de compañeiros cada ano por falta de seguridade,eso tampouco é violencia,que a policia te atropelle e te leve a rasto tampouco, que che saquen un ollo tampouco,que a dia 9 de maio os empresarios inda non paguen o mes de abril tampouco é violencia, AGORA , queimar vinte contedores de merda eso si é violencia, pero en que merda de mundo de yuppi vivimos.Se ten que arder Vigo para acabar coa esclavitude legal, a represión policial e a dignidade laboral ,pois que arda, tranquilos que xa se encargaran os politicos de turno de sacarno-lo do pelexo en impostos.Preocupa mais o xardin da corina,os contedores da merda, os coches de 4r esquiroles e algun listillo que se quere saltaR os cortes que toda a puñetera esclavitude laboral quje se está a sufrir.COMPAÑEIROS DO METAL ,nin xardins,nin forzas represoras,nin contedores de merda,nin aburguesados egoistas,nin ingenuos que viven nun mundo de cor rosa que lles pinta a tele, e os medios, paren a vosa loita,e moito menos os fascistas para-militares que defenderan sempre un tiro de pelota de goma nun ollo,e critican un contedor de merda en chamas.Que naide vos pare compañeiros do metal.Pola dignidade laboral sempre.Xa quixeran outros sectores ter a vosa union, pero sobre cobardes non hai nada escrito.
naval
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
a veces vendo alguns comentarios de xente coma min penso que estou nun pais ficticio,como se pode xustificar a estes perros de presa que sempre defenden os mismos,lles direi que si a patronal non lle gustacen tanto os cartos isto non hubera pasado,pero como sempre os malos son todos aqueles que piden melloras e a menos que salgan a calle nin os escoitan hay quen di que fixeron muito dano,penso que se quedaron muy cortos e si deberon poñer vigo patas arriba,a unha pena que estes compañeiros se deixen manejar por os sindicatos porque de manifestacion non se consigue nada o toro hay que collelo por os cornos,penso que tanta xente ten que facer muito mais do que se fixo e vos recordo que 200 mariñeiros sin sindicatos fixeron bastante mais,si esta tarde non hay combenio tedes a obriga de poñer vigo patas arriba duha vez por todas,si non e asi banbos a dar o que a patronal queira,adiante a loita obreira
veciño de cangas
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO09-05-2006
O meu apoio incondicional a tod@s @s traballador@s do sector do metal e as súas familias. Seguide coa loita e sorte!, ogallá moita xente saira á rúa coma vos para protestar por moitas outras cousas.
medi
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO10-05-2006
Dos vecinos de Bueu presentaron sendas denuncias en el Juzgado de guardia contra los agentes antidisturbios por un incidente que, según su versión, tuvo lugar el pasado lunes en Vigo. Ambos negaron ser parte de la manifestación del sector del metal.

Según la versión de los denunciantes, los dos se encontraban en los aledaños de la obra Gran Centro Comercial Gran Vía de Vigo, a la entrada de un paso de cebra en esa avenida. Los dos buenenses aseguraron que en ese momento pasó un furgón de la Policía Nacional, ya que se encontraba en verde el semáforo para los coches y que bajándose los agentes presuntamente cargaron contra ellos y las demás personas que esperaban cruzar.

Uno de los denunciantes, David Pena, aseguró que los agentes presuntamente le causaron «lesiones considerables». El otro vecino, Mario Ferreira, también explicó que las lesiones supuestamente recibidas en el altercado con los agentes, a los que no respondieron, le obligaron a ir a Povisa.
Sin palabras
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO10-05-2006
Está mañá estiven alí, na rúa Urzáiz con Gran Vía, xusto no momento da carga
policial. A Policía disparaba directamente à cara pelotas de goma contra os
manifestantes, estiveron preto ou lonxe, directamente á cara. Varios
manifestantes tiveron que ser auxiliados no centro de saúde da rúa Cuba
sangrando abundantemente pola boca e ollos. Un rapaz de vintetantos anos tiña un
ollo moi danado.

Os manifestantes desplazaban-se á estación do tren de forma casi pacífica. A
consigna dos sindicatos era non armar bulha de cara a mesa de negociación desta
tarde. Pero alguén, responsable da Policía, decidíu cambiar as cousas. Montaron
unha barreira con furgonetas e antidisturbios fronte ao muro da estación e
comezaron a disparar pelotas de goma e lanzar gases lacrimóxenos. Os reiterados
disparos a bocajarro na cara aos manifestantes alterou tremendamente os ánimos.
Traballadores de tódalas idades comezaban a gritar consignas contra a Policía:
"Policía Asasina".

A Policía a partir deste momento comezou a carga contra todo o que se movía.
Dividiron aos efectivos e 2-3 grupos de furgonetas tentando rodear aos
manifestantes na Gran Vía, tramo Corte Inglés. Os traballadores fuxían avenida
arriba cara a Praza de España. Varios exaltados levantaban barricadas con
contenedores e prendían-lles lume para frenar o avance violento da Policía.

Na Praza de España fraguabase unha batalla. Os manifestantes armabanse de
pedrase anacos de ladrillos e baldosas das beirarrúas ao tempo que se caldeaban
os ánimos. Un grupo da Policía subía a Gran Vía disparando dende as furgonetas.
Semellaban os Marines en pleno Bagdad. Outro grupo de 25-30 policías tentaba
avanzar dende a rúa Puerto Rico pillando polas costas aos manifestantes atentos
á Gran Vía. Algúns decatáronse e obrigaron aos automóbiles parados a quedarse
quietos onde estaban ante os chamamentos da policiá para que apartásen para
poder irrumpir coas furgonetas. Que cobardes son! Empregan as furgonetas como
parapeto. Os manifestante facían o mesmo cos autobilistas. A Policía non atacaba
con xente por diante. Os manifestantes non respondían ás provocacións dese grupo
de policías.

De repente 5 furgonetas irrumpen na Praza de España polas costas dos que alí se
congregaban empregando as rúas Fernando Domingo e Couto circulando a gran
velocidade en sentido contrario. Varias furgonetas arrollaron ao seu paso a
manifestantes. Os antidisturbios disparaban dende o interior das furgonetas en
marcha contra todo o que se movía. Policías a pé protexidos con escudos barrían a
batían a todo o que se interpuña no camiño, manifestante ou non. A un home de 40
anos zoupáronlle coa porra na boca a pesares de ter levantadas as mans en sinal
de paz. Caíu abatido ao chan e a boca manaba sangue. Non se lle distiguía a
faciana. Foi acudido rápidamente por compañeiros. Chamouse a unha ambulancia e
foi trasladado ao Xeral Cíes. A súa dentadura quedou moi danada.

Os manifestantes fuxiron por tódalas rúas con orixen a Praza de España. O
desconcerto era total. Organización nula. Medo omnipresente. As carreiras pola
Gran Vía e rúa Barcelona e Zamora en dirección a Praza das Travesas sucedían-se.
A indignación dos traballadores coa actitude e desmedida resposta da Polícia era
crecente, se clamaba vinganza. Si mañá hai mobilizacións a resposta obreira pode
ser brutal.


A Policía comezou a circular coas furgonetas en grupos de 3-4 unidades a toda
velocidade realizando círculos en torno á Gran Vía e Praza de España, disparando
dende os vehículos en marcha coasportas abertas. Oobxetivo era claro: provocar
medo e incertidume e causar sensación de ser maioría e de acorralar aos
manifestantes. Estratexía policial de manual. Queipo de Llano empregara no
levantamento do 36 en Sevilla unha estratexía similar.

Un nutrido grupo de manifestantes convocaba e intentaba reagruparse para amrchar
sobre a Praza do Rei para realizar unha asemblea e decidir unha respostas ante
os acontecementos e provocación policial. Pero varias unidades policiais
impediron celebrar a asemblea. Irrumpiron nas inmediacións da Praza do Rei e
cargaron contra todo aquel que ficase quieto en grupos de máis de 3. Varios
mandos entorpecían e chegaban a impedir a algúns medios de comunicación acceder
ao lugar e reportar o que acontecía. Despois das gravísimas imaxes da Praza de
España e Urzáiz non querían testemuñas.

Si esta tarde non se comeza a negociar en serio e non baixa a presión e
ostentación policial nas rúas de Vigo, mañá a cidade será escenario dunha
guerra. A vinganza contra a actuación policial será moi contundente. Eles teñen
ganas de bater e os traballadores de respostar. Meses de impago e condicións
laborais precarias xeneran moita xenreira. A violencia xenera violencia. O
subdelegado do Goberno debería telo moi presente. Vigo non é nin euskadi nin
Bagdad. Pode ser peor. Deus non o queira. Que se chegue a unha negociación e
solución pronto."


testemuña
RE: SALVAXE CARGA POLICIAL EN VIGO10-05-2006
Eu estuven presente o outro dia nunha das primeiras manifestacions e me resulta repulsivo ver a homes coa cara tapada con pasamontañas queimando contenedores, para min non son traballadores reclamando nada, son "borrokas" e penso que antes tiñan que haber cargado contra eles.
Si todos os que defendemos un posto de traballo reclamasemos melloras así esto sería peor que o país vasco.
Unha vergoña e sei que eses catro borrokas non representan a maioria.
PARA O QUE FALA DOS BORROKAS12-05-2006
A ve campión, polo carallo falas do que fixeron os pasmarotes que romperon máis lunas de coches coas pelotas de goma que non sei quen. E non andes a enmerdar. Ti mirache en Francia como pararon o a reforma laboral, miráchelo? Pois non foi tirando flores ó aire. Espabila!
Jarraiciño
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados