Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
DENUNCIAN QUE FEIJóO ESTA POñENDO A XUNTA DE GALICIA AO NIVEL CACIQUIL DE ENCHUFISMO SEN FRONTEIRAS DE LOUZáN E BALTAR NA DEPUTACIóN DE OURENSE E PONTEVEDRA 13-04-2011
Xornal de Galicia | Jueves, 31 Marzo, 2011 - 09:32


-Denuncia que os opositores que gañaron as 23 prazas do grupo de xestión da función administrativa no Sergas levan dende o mes de xullo agardando par poder tomar posesión das prazas
O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista fíxose eco das denuncias dos opositores e afirmou que “a administración ten o silencio como resposta, pero os opositores xa saben que as prazas ofertadas inicialmente desapareceron por arte de maxia. Adulteraron a convocatoria co obxecto de manter en prazas vacantes a persoal temporal ligado a cuadros directivos do SERGAS”.

-O parlamentario socialista presentou unha interpelación no rexistro da cámara ao tempo que sinalou ao director xeral da función pública como responsable “da desfeita na función pública de Galicia” e engadiu que “o Sr. Barreiro, que é a man dereita de Carlos Negreira conseguiu poñer a Feijóo á altura dos presidentes das Deputacións de Pontevedra e Ourense en materia de función pública”.

-Lage Tuñas criticou á Xunta de Galicia pola súa incompetencia e incapacidade ao deixar 700 millóns de euros sin executar do orzamento do ano 2010 e nesa liña apuntou que “a Feijóo e aos seus conselleiros gústalles máis o papel de tertulianos que o de membros dun goberno” e a renglón seguido ironizou dicindo que “creo que á vista de que lles gusta máis exercer como tertulianos que como gobernantes o máis lóxico é que pediran unha licencia de TDT, e así xa podían exercer “full time”-ironizou-, “xa que como goberno teñen amosado xa a súa incapacidade"

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage denunciou hoxe en rolda de prensa a adulteración das prazas vacantes ofertadas na OPE do SERGAS co único fin de manter a persoal temporal ligado a directivos do SERGAS.

Lage Tuñas anunciou o rexistro dunha interpelación na Cámara Autonómica, para reclamar de forma urxente, explicacións “pola modificación fraudulenta das prazas vacantes ofertadas na OPE do Sergas”.

O deputado socialista deu a coñecer a denuncia de sete opositores que gañaron a súa praza no corpo de Xestión da Función Administrativa do SERGAS e que xa se dirixiron á Conselleira de Sanidade e ao director xeral da Función Pública para denunciar “a adulteración das prazas ofertadas”.

“É a gota que colma o vaso nas constantes anomalías e irregularidades que se veñen producindo na función pública galega no último ano e medio” aseguraba Lage Tuñas.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista fíxose eco das denuncias dos opositores e considera “moi grave” a adulteración das prazas vacantes ofertadas coa convocatoria da OPE, co obxecto de manter a persoal temporal ligado a cuadros directivos do SERGAS”.

“As prazas vacantes deben ser ocupadas por persoal estatutario fixo, como é o caso dos opositores que aprobaron a oposición, pero casualmente o goberno galego xa non oferta as prazas vacantes, pero sí mantén nas mesmas a persoal temporal que non superou as oposicións, o que supón unha ilegalidade manifesta e unha adulteración da convocatoria. Que intereses ocultos ou particulares está defendendo o goberno galego?” preguntábase hoxe o deputado socialista José Manuel Lage.

Hospital de Lugo

O caso máis sangrante sucede coas prazas ofertadas no Hospital de Lugo, “xa que na convocatoria ofertáranse 7 prazas vacantes de Xestión da Función Administrativa e agora esas prazas esfumáronse, aínda que na práctica sí están ocupadas por persoal temporal.”

O parlamentario socialista lembrou na súa intervención antes os medios que “os opositores que gañaron as 23 prazas de Xestión da Función Administrativa no Sergas levan dende o mes de xullo sen tomar posesión e sen horizonte temporal para poder acceder ao seu emprego”.

Asegurou que a Administración só da como resposta “o silencio despois de nove meses, pero os opositores xa saben que as prazas ofertadas inicialmente desapareceron por arte de maxia”, advertiu. Afirmou que “estamos diante dunha nova serie de anomalías, que converten a José María Barreiro, brazo dereita de Carlos Negreira, no recordman das irregularidades nos procesos selectivos da xunta de Galicia”.

Díxolle ao presidente Feijóo “que o feito de manter a Barreiro na función pública estalle tendo un custe moi alto”.

O deputado socialista subliñou que “Barreiro demostrou ser un incapaz como xestor ao ter durante máis de 15 meses, a máis de 400 opositores, pendentes da súa toma de posesión como funcionarios, despois de ter gañado limpamente a súa praza”, explicou. E asegurou que debería de ser ter sido cesado pola súa nefasta xestión fai moito tempo.

Lage acusou a Núñez Feijoo de “permitir que a Función Pública da Xunta de Galicia compita co caciquismo de Louzán e Baltar”. E engadiu que “Barreiro, como man dereita de Carlos Negreira conseguiu poñer a Feijóo á altura dos presidentes das Deputacións de Pontevedra e Ourense en materia de Función Pública”.

Así as cousas o deputado socialista asevera que “Feijóo ten un grave problema no seu goberno, porque a ineficacia e incapacidade do Director Xeral da Función Pública è un lastre moi pesado que alcanza a varias consellerías, e amosa unha moi mala xestión da Administración Pública”.

A Xunta é incapaz de executar o seu orzamento

Por outra banda, Lage Tuñas tamén denunciou que Feijóo deixou sen executar 700 millóns de euros, e advertiu que mentras reclama fondos ao Estado “maniféstase incapaz de executar o seu propio orzamento”.

O deputado socialista cualificou a acción do Goberno de Feijoo de “incompetente”, xa que lembra que “hai actuacións estratéxicas para a dinamización económica e o benestar social pendentes de executar en varias comarcas da Comunidade”.

O deputado amosou a súa “sorpresa” polo grao de execución dos Orzamentos galegos presentado pola conselleira de Facenda, “xa que cun orzamento tan mermado deixaron sin executar setecentos millóns de euros”. Asegurou que o Consello da Xunta “converteuse nun comité de tertulianos xa que non xestiona nin os seus propios fondos”, insistiu.

Lage lembrou que Galicia precisa de inversións estratéxicas como o macropolígono do Barbanza, os parques industriais da Costa da Morte, as variantes de Viveiro e Portosín, a terceira ronda da Coruña, os 43.000 dependentes á espera de prestación ou as escolas infantís e os centros de día, que comprometeu o Goberno de Feijoo na pasada campaña electoral.

“Non é que non haxa fondos, porque deixaron 700 millóns sen executar. O que hai é incompetencia e falta de xestión” remachou Lage Tuñas.

Goberno de tertulianos

Afirmou que o Goberno de Feijóo é un goberno de “tertulianos”, e puxo como exemplo ao Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, “que ten tempo para decirlle ao ministro de Fomento o que ten que facer ou deixar de facer, pero aínda non abriu a boca sobre as malas prácticas na xestión do parque móbil da Xunta”, ou o Conselleiro de Cultura Roberto Varela, do que dixo que “apresúrase a dicirlle ao goberno do Estado que construa un enlace coa cidade da Cultura, pero ao tempo é incapaz de explicar para que vai servir a Cidade da Cultura”. E criticou ao conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras xa que tamén “é incapaz de pór en común os intereses do tres aeroportos galegos, e tapa a súa incapacidade como xestor criticando aos Alcades da Coruña, de Vigo e de Santiago”.

Lage recordou que “ao sr. Feijóo gústalle máis exercer como o tertuliano Feijóo que como o presidente Feijóo e está creando escola no seu goberno.”

“Creo que á vista de que lles gusta máis exercer como tertulianos que como gobernantes o máis lóxico é que pediran unha licencia de TDT, e así xa podían exercer “full time”, ironizou.




>> Ampliar datos Louzán, Baltar, Feijoo....


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DENUNCIAN QUE FEIJóO ESTA POñENDO A XUNTA DE GALICIA AO NIVEL CACIQUIL DE ENCHUFISMO SEN FRONTEIRAS DE LOUZáN E BALTAR NA DEPUTACIóN DE OURENSE E PONTEVEDRA 13-04-2011
BLA., BLA ,BLA , MILLAN CORRUPCIÓN

DESPISTANDO os veciños non facedes nada
MILLAN CORRUCIÓN
RE: DENUNCIAN QUE FEIJóO ESTA POñENDO A XUNTA DE GALICIA AO NIVEL CACIQUIL DE ENCHUFISMO SEN FRONTEIRAS DE LOUZáN E BALTAR NA DEPUTACIóN DE OURENSE E PONTEVEDRA 13-04-2011
Na Voz de Galicia de hoxe dia 13 di: polo caso "Operacion Orquesta" segun os axentes nas escoitas telefonicas falaron Daniel Ogando con un tal Luis que " O Alcalde de Moaña(BNG) suele coller cazo, e basicamente se vende polo mellor postor.....

MILLAN CORRUOCION
VERDADES A MIL
RE: DENUNCIAN QUE FEIJóO ESTA POñENDO A XUNTA DE GALICIA AO NIVEL CACIQUIL DE ENCHUFISMO SEN FRONTEIRAS DE LOUZáN E BALTAR NA DEPUTACIóN DE OURENSE E PONTEVEDRA 14-04-2011
navoz do pp dice que 7 alcaldes do pp pasan a cerimputados por corruptos , e tamen hai escoitas do alcalde de moraña , burro le ven si sabes , sinon chama a fervenza para que se entere ben , crapolas dades asco .
verdades milunha
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados