Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE13-04-2011
A famosa foto (ou unha curiosa coincidencia de datas) custoulle o posto ao director do Xornal de Galicia que foi que descubriu o asunto. Nela Mariano Rajoy aparece (dentro dos actos previos á campaña eleitoral do 2009) no atuneiro MAROPA, propriedade dun dos clans históricos do narcotráfico: OS CANEOS. Naquel intre, o xefe do clan: Daniel Baúlo Carballo, cumpríu unha condea de 17 anos e medio de cárcere tras ser considerado pola Policía como "o traficante mais importante a nivel estatal". O xornal PÚBLICO pescudou algúns detalles mais. Entre eles, a confirmación do PP galego da estadía de Rajoy no barco, nun acto "improvisado", sen saber a quen pertencía.

Galicia Confidencial conta que Mariano Rajoy "montou en cólera" e chamou a Jacinto Rey, proprietario da construtura San José, e do Xornal de Galicia. E engade: “Segundo fontes consultadas, Rajoy suxeríu que presidirá o Goberno en breve, o que significa ter o poder para continuar adxudicando ou non as obras públicas das principais empresas españolas, entre elas, madia leva, a construtora San José"

José Luis Gómez, director até agora do Xornal de Galicia foi relevado do seu cargo de "mutuo acordo" coa propriedade da empresa. A presa dese "mutuo acordo" deixa no cargo de directora "en funcións", como dí o proprio xornal, á subdirectora María Martínez Val.

É dicir, Rajoy súbe ao barco de coñecidos narcotraficantes, como proba a fotografía e non pasa nada, non ten repercusións, agás para o xornalista que decidiu publicala que, casualmente, asina un "mutuo acordo" de despedimento imediatamente despois da exclusiva.

PÁSAO. Emapela as rúas coa foto de Rajoy, hóspede de narcos. Até que "o futuro Presidente español" saiba que xa non vivimos tempos de tapar o que convén que non se saíba.
>> Ampliar datos Por menos outros son atacados continuamente


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE13-04-2011
E NON ESTABA QUINTANA CON ÉL , A NON QUINTANA ESTBA NO MEGAYATE DE 3 MILLÓNS DE EUROS CO DUNA DA EMPRESA QUE DOS PARQUES EÓLICOS DE GALIZA.

ESTARÍA BUSCANDO CARTIÑOS PARA A CAMPAÑA

CAZO CAZO MILLÁN E QUINTANA CORRUPCIÓN
CAZO CAZO QUINTANA
RE: CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE13-04-2011
MILLAN = CORRUPCION

CAZO CAZO CAZO
Maruxa
13-04-2011
No es necesario que repitas la misma cantinela en todos los hilos, con una vez ya nos damos por enterados.
EL mensaje ha sido eliminado por el administrador.
CORUPCION EN MOAÑA
RE: CESAN AO XORNALISTA QUE DESCUBRIU A RAJOI NO BARCO DUN NARCOTRAFICANTE14-04-2011
pois si chega a pillar a Fraga que cenaba moito cos narcos enton matan-no
peprpepr
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados