Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
NOVE PRESUNTOS DELINCUENTES SON CANDIDATOS A ALCALDE,A MAIORíA DO PP13-04-2011
Os códigos éticos de PP e PSOE obrigan, en teoría, a demitir aos cargos políticos imputados por delitos relacionados coa súa actividade pública. Porén, esta norma aplícase de xeito dispar, podendo servir para desfacerse dunha presencia incómoda (por exemplo, o tesoureiro do PP Luís Bárcenas imputado no Gürtel) ou para manter a un político até que haxa unha sentencia firme (caso do presidente da Generalitat, Francisco Camps, tamén imputado no Gürtel).

Velaquí unha listados candidatos imputados antes os tribunais en Galicia. A figura do imputado implica que o xuíz ve indicios racionais da comisión dun delito:

PPdeG

Barreiros: A fiscalía acusa ao alcalde Alfonso Puerta de prevaricación urbanística. A causa abriuse ao fío dun informe da Axencia da Legalidade Urbanística durante a Xunta bipartita. Tras o cambio de goberno, a Xunta do PP cesou ao director da Axencia. O alcalde aprobou licencias para máis de 3.100 vivendas sen os permisos necesarios da Xunta, cando no concello viven unhas 3.300 persoas. Máis detalles do caso aquí.

Fisterra: José Manuel Traba foi un dos tres alcaldes detidos na "Operación Orquest"a na Costa da Morte este inverno. El e dous dos seus concelleiros do PP están en liberdade provisional tras pagar unha fianza. O xuíz acúsaos de suborno, prevaricación e tráfico de influencias. Segundo a acusación, os políticos recibiron comisións e regalos a cambio de adxudicar obras a Construciones Ogando. A construtora tamén financiou, segundo as escoitas e a confesión do propio empresario, varias festas locais organizadas por outro dos detidos, empresario de festas en Cee. Máis detalles en Que pasa na Costa.

Mazaricos: José Manuel Santos Maneiro tamén está en liberdade tras ser detido na Operación Orquesta e pagar unha fianza. Maneiro recoñeceu que Construciones Ogando recibiu varias contratas no seu concello, pero argumenta que foi de xeito limpo e que non houbo comisións para as festas. Velaquí unha entrevista.

Ares: O PP mantén como candidato ao ex-alcalde José Manuel Cendán malia que a Fiscalía impútalle un delito electoral por inscribir até 73 persoas irregularmente no censo para os anteriores comicios municipais. Cendán tamén está imputado por inxurias tras ser denunciado un ex-edil do PP, a quen acusou de ir borracho aos plenos. Máis datos sobre o presunto delito electoral aquí.

O Pino: O alcalde Manuel Taboada Vigo está imputado por prevaricación por supostamente favorecer á construtora Fadesa na polémica tramitación do novo polígono industrial ao carón da Autopista e do Aeroporto da Lavacolla en prexuízo dos veciños. Máis información.

Baiona: A Xustiza xulga se Jesús Vázquez e dous dos seus edís por prevaricación ao negarlle unha licenza de construción á sociedade Herederos de Concepción Taboada del Río dun edificio na mellor zona da vila, malia cumprir con todos os requirimentos legais. Máis detalles sobre a longa tramitación do preito.

PSOE

Castro de Rei: Juan José Díaz Valiño foi detido canda dous concelleiros socialistas e outro de TEGA en outubro de 2009. Os edís están acusados de prevaricar cos cartos do Fondo Estatal de Investimento Local, o polémico Plan E, para favorecer a pequenas empresas da construción de Lugo. Máis información do caso aquí.

Caldas de Reis: Juan Manuel Rey acaba de declarar como imputado por "desobediencia grave". O político socialista non aplicou unha sentenza que obriga a derrubar un edificio no centro da vila, propiedade de Promotora Caldense. O xuíz deu a razón ao denunciante, un veciño que alegou que a construtora incumpriu as normas urbanísticas. Velaquí as declaracións do alcalde.

OUTROS PARTIDOS:

Cee: Ramón Vigo é alcalde por Independentes por Cee tras pasar polo PPdeG. Cee é o epicentro da Operación Orquesta, dende operaba o empresario de espectáculos imputado e presunto cerebro da trama Jorque López. Os donos da construtora Ogando pagaron comisións e regalos ao alcalde a cambio de que lle adxudicase as obras da Casa da Cultura.

Nunha das conversas do sumario López dille ao construtor: "Yo ya fui allí a llevarle, y si te fías de mí le compras dos botellas de Vega Sicilia, que es lo que más le gusta a ella. Yo le llevé dos, una de Dom Pérignon que me costó 115 euros en el Gadis, y una de Castell de Fels que le gustaba mucho a Pili. Y además le llevé dos décimos e lotería". "Yo le llevo una caja de centollas y otra de lubrigante", replicou o constructor
O SINIOR AFRANIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NOVE PRESUNTOS DELINCUENTES SON CANDIDATOS A ALCALDE,A MAIORíA DO PP13-04-2011
por onde van , medra a corrucion . a onde chegan corrompen todo . desde sempre viven proximos os narcos . adulteran a vida cotidiana e quedan impunes . para conseguir o poder sobornan todas as institucions , incluso a quelas que teñen a obriga de ser imparsiales , e unha merda . estan contra o aborto , contra o galego , contra os gais , contra as lesbianas , non condenan o franquismo , o contrario añorano , umillan as persoas e quedan tan anchos , e dicen que son democraticos , co a boca peuqena . crapolas con metodos fascistas .
o can
RE: NOVE PRESUNTOS DELINCUENTES SON CANDIDATOS A ALCALDE,A MAIORíA DO PP13-04-2011
Na Voz de Galicia de hoxe d, polo caso "Operacion Orquesta" segun os axentes nas escoitas telefonicas falaron Daniel Ogando con un tal Luis que " O Alcalde de Moaña(BNG) suele coller cazo, e basecamente se vende polo mellor postor..... Falamos mellor dos que fixeron este partido na Xunta de Galicia cando estuveron gobernando que e vergonzoso, cos cartos dos cidadans
persefone
RE: NOVE PRESUNTOS DELINCUENTES SON CANDIDATOS A ALCALDE,A MAIORíA DO PP13-04-2011
NO CONOZCO NINGÚN POLÍTICO INCORRUPTIBLE, hay que ser dementes para creer que por que sea de un lado o de otro este no se va a corromper, no hay mas que ver, como y quienes van en las listas, sean locales, sean a la comunidad autónoma o sea al congreso, solamente con ver esto ya debería llegar, o acaso alguien se cree que va por meritos?
me descojono de la politica
RE: NOVE PRESUNTOS DELINCUENTES SON CANDIDATOS A ALCALDE,A MAIORíA DO PP14-04-2011
e que o PP xa non lle quedan "legales" dos que votar man para as listas
pepepepro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados