Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/cathedral-by-raymond-carver-essay/
Indispensables
Donde ...
Guia
A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
Artículo de hoxe no Xornl.com

"De manterse a liña marcada polo Goberno de Feijóo nestes dous primeiros anos, esta Xunta será recordada como a dos bandazos. Cando estamos a só unha semana de que o Partido Popular celebre o seu segundo aniversario no poder, xa se poden extraer conclusións da súa actuación e unha das máis claras é que o Goberno de Feijóo se ten caracterizado pola súa política da rectificación.
Non foron nin unha nin dúas veces as que a unha decisión da Xunta –de calquera dos seus departamentos e consellerías– lle seguiu un momento de presión política e, a continuación, o recoñecemento público do erro por parte da Administración. Recordados son, por exemplo, os casos da rectificación do recorte do complemento de 200 euros anuais ás pensións creado polo bipartito, a anulación da licitación da autovía da Costa da Morte por sobrecusto, a cancelación da campaña publicitaria do decreto do galego, a marcha atrás na licitación de 1,8 millóns de euros para a construción dunha goleta ou as sucesivas correcións que Facenda fixo sobre os orzamentos de 2011. Todo isto dá unha imaxe de volubilidade do Goberno de Feijóo moi afastada da que o propio presidente cre transmitir cando se define como “previsible”.
Porén, e aínda que hai que valorar que a Xunta tamén teña a valentía de recuar cando se equivoca, hai que dicir igualmente que dende a Administración non se fala nunca de “rectificacións”, senón que se alude a estes casos como “erros formais”, o cal dá a entender, ou ben que a Xunta non entende cales son as súas propias equivocacións ou ben que quere seguir transmitindo esa imaxe de estabilidade que se pode comprobar que non é tal.
Os cidadáns merecen que os seus gobernantes sexan sinceros con eles –véxase o erro de Zapatero ao negar a crise– e que manteñan unha liña, posto que a inestabilidade dunha administración se transmite aos seus gobernados, que non queren vivir a base de bandazos"

Para máis detalles ampliar datos

>> Ampliar datos Todo a estribor


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
Máis datos
http://www.xornal.com/artigo/2011/04/11/politica/bandazos-caracterizan-primeros-anos-gobierno-feijoo/2011041022065500897.html
Todo a estribor
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
Máis datos

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/11/politica/facenda-cultura-mas-volubles/2011041022065600335.html
Todo a estribor
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
si home si xa fixeron moito os teus amigos do Psoe e do BNG .... fixeron de carallo o jilipollas
eu
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
xa quisera chegarlle a planta dos pes os do psoe e bloque, xa ves o que fan en vigo coas subcontratas de portugal e como iso moitas cousas mais o unico que fiseron no goberno galego anterior foi comer os cartos e disfrutar, meteros nun saco e tapar a cara por favor
non te das conta de que eles teñen que gobernar en coalicion se non non gobernarian mais, por ser uns ineptos,xa veso vigo vexo cangas e tamen vexo moaña que tal lles vai a pelexar po lo da auga e como iso moitas cousas mais,o bng e o psoe son partidos de segundos para telos a facer follons e non valen para gobernar non vos dades de conta, pois enterate, e descansa a cabeza
para o pailan
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
Mimá como se poñen as javotas.
¿Solo credes o que sale nos vosos periódicos?
os do xornal son máis honrados que os vosos
javotas alborotadas
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS11-04-2011
Viva Zparo
Pisoe
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS12-04-2011
Pero si os o Xornal foi un periódico creado por Quintana e os seus lamecús , ¿Cando xurdiu este periodico , e con que cartos...?.

No ano 2006 produciuse a sua remodelacion (QUINTANA E AMIGOS) , xa existía dende 2002 , con mais pena que gloria, jajajaja.

Estas son as suas presmisas , sacadas da sua propia paxina web:

Cando o diario deuse conta de que unha gran bolsa de lectores hispanofalantes, descontentos cos seus propios medios, podía ser conquistada desde Galicia.

Xornal Galicia iniciou a súa guerra particular, que seguiu co reforzo do seu equipo editorial, e que levou a fixarse novos obxectivos que inclúan tamén todos os mercados. Xornal Galicia quere converter a súa versión en Internet en "unha voz liberal líder", sobre a base de ofrecer a unha gran parte da audiencia hispanofalante contidos que non brindan os medios convencionais.
Venden ideas nacionalistas a hispanofalantes...jaja

¿É UN XORNAL BLOKEIRO?

Inda terán a cara de dudalo...
Bloquera_con_pelo_ensobaco
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS12-04-2011
¿Que casualidade que o xornal collara forma e despuntara no 2006?,

Por que será...será...,

Mais merda dos "progressss" do bloque , mira en que gastarón os nosos cartiños , e o Touriño cos brazos atados para non perder o pacto de goberno.... RIDICULO
Todo a babor
RE: A XUNTA DOS BANDAZOS12-04-2011
dades asco , asi de claro , pero non me estraña dado a inorancia que hai na derita no morrazo . O que demostran alguns comentarios nesta denuncia e iso , o que dicen antes , por que tamen hai que recoñecer cando alguien se equivoca , pero vos no , o pp dono de toda a verdade e os malos son os outros , asi seguiredes sendo o que sodes e como sodes. ler un pouco , e de cando en vez facer autocritica , e antes de decir parvadas pensar , creo que sera melloor para todos , por que as veces da ganas de non entrar mais aqui . vos mesmos .
o marques das estrugas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados