Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
a good man is hard to find thesis
Indispensables
Donde ...
Guia
O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Haz click para ampliar Pero qué caladiño levaban o pelotazo estes do BNG e do PSdeG PSOE en Cangas.
O de Sotelo do 2005 é unha risa comparado con isto.
Resulta que aparece con data de decembro de 2010 unha modificación do avance do PXOM que non se parece o máis mínimo ao que se presentou a exposición publica.

-Todas as zonas urbanizables do convenio de Aldán aparecen como “ámbitos de posible crecemento”. Especialmente, a parte alta de Menduíña e a ladeira do Varalonga, meténdolle xentilmente como zonas verdes a Rede Natura entre Menduíña e Laguelas e o cumio do Varalonga e do Outeiro da Raposa, zonas de protección de espazos naturais e forestais respectivamente.

- Núcleo urbano en “Alada”, en chan rústico de protección de espazos naturais.

-Núcleo en “Lubrei” enriba do Igrexario, aquí os negocios cócense que da gusto.

-Zona verde en toda a ladeira cara a Aldán da serra do Madalena, coma no convenio de Sotelo, en plena zona forestal.

-Ámbito de posible crecemento en todo o nacemento do río das Presas, perto da Portela e bastante máis abaixo.

- Ámbito de posible crecemento en todo o val de Darbo, que antes aparecía como chan de protección agrícola.

- Ámbito de posible crecemento a parte alta do val de Liméns.

-Zonas verdes na serra de San Roque, na costa entre Santa Marta e Area Milla e nos canles dos ríos, e zonas forestais, de protección de costas e de protección de canles.

- Zona urbana para Massó, incluído o campo de fútbol e a nave principal e “equipamentos” para o resto das naves e unha zona importante ao redor da baleeira. Qué estarán a argallar estes?

- Ámbito de posible crecemento nos montes Borrallido e na zona de Gandón, que non quede nin un metro dos terreos de Promalar que non se lle poda tirar rendemento..

Ladrillo, ladrillo e máis ladrillo. Clarita vaise co traballiño feito e a especulación que proxectaba Sotelo queda totalmente empequenecida por esta, ás costas do pleno ou o Consello Sectorial de Urbanismo, sen nada que ver co avance presentado, saltándose as leis ao seu antollo e atendendo coidadosamente ós grandes intereses. Así se entende iso de que se non sae alcaldesa retírase da política. O traballo queda feito.
>> Ampliar datos descaro


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Chámalle burro ó cabalo...
Clarita vende Massó
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
La Xunta cuestiona el fuerte «calado» edificatorio del Plan Xeral de Cangas:

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/03/30/0003_201103V30C13991.htm
Aquí está o BNG
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Ás escondidas o BNG mete Massó e Aldán no PXOM. El gobierno local aún no entregó copia a la oposición del Plan Xeral que la Xunta expone:

http://www.atlantico.net/noticia/132587/gobierno/local/copia/plan/xeral/
Clara e transparente
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Eu alucino con que a Rede Natura entre Menduíña e a Cunchosa veña como zona verde. A qué xogan estes de Consultora Galega?, contan con que a lei faga unha excepción para eles ou qué?
E dos da Xunta non hai que agardar outra cousa que a de facela vista gorda, como os metros cadrados de zona verde que xustifican a edificabilidade de 4.157 novas vivendas no PXOM de Moaña, que están a maior parte deles en Chan de Arquiña... Neno, colle as chaves do coche e vai xogar ao parque!!
cativa
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Hola amado pueblo hoy me dirijo a vostros/as , en el idioma que tanto odio pero que al fin y al cabo parece que me explico mejór , esto solo son "mentiras y calumnias " yo siempre defendi a los marineros y a todos los trabajadores de concello , con el ABALO pan y cebolla , y con Sotelo es que no acabo de cojerle el .....
en fin MAÑANA ESPERO VUESTRA ASISTENCIA AL PLENO A LAS 8 DE LA TARDE alli dare cuentas de mi gran labór y vereis como todo es un amentira ,la culap es de sr ZP y del Otero que le sigue el rollo , MAÑANA nos vemos(si no me da una ...y pongo el pleno a puerta cerrada jajajaja) a las 8 EN.com.vuestra aladesa elijida por la gracia del señor clari.
clarita vende masso
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Aqui alguén está tirando o diñeiro público e deixando outros cinco anos a Cangas sen Plan Xeral. Fora xa Consultora Galega e responsabilidades penais para estes delitos contra a ordenación do territorio, corrupción urbanística, tráfego de influencias e moi probablemente cohecho.
delincuencia en cargo público
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Queremos saber la verdad sobre todo.Por eso LA ALCALDESA se tiene tan subido el orgullo.
La nueva condesa de CANGAS Y ALDAN.
y EL duque de acompañante.
la verdad
RE: O PELOTAZO DE CLARITA30-03-2011
Ese que parece que non se entera de nada pertence a un dos tipos máis perigosos de político asumindo responsabilidades públicas. Coa careta de bó rolliño e a sonrisiña está permitindo a venda a prezo de saldo de Cangas. Cos seus votos mantivo un goberno que non ten nada de inocente nin inxenuo, que está ao servizo da especulación, de Promalar, de Marina Atlántica, de NCG e de todos os parasitos que pretenden facelo agosto cos recursos públicos, Gas Natural, Acciona, o propietario dunha formigoneira que non se derruba, os promotores dunha unidade de actuación ilegal que evita facer vivenda protexida ou infrinxe as normas urbanísticas en vigor.. En maio lembra, desconfía das sonrisiñas, non permitas o espolio.
jijiji
RE: O PELOTAZO DE CLARITA31-03-2011
Pois eu so entendo que Abalo ten gañas de votos para a campaña porque tal e como se di todo é según a súa versión e xa demostrou que mirar, mirar mira pouco
GAÑANDO VOTOS CON MENTIRAS
RE: O PELOTAZO DE CLARITA31-03-2011
miras ti máis polo que se mira, sobre todo intelectualmente coa cultura de alto nivel que desprendes
mira quen fala
RE: O PELOTAZO DE CLARITA31-03-2011
Non sei se Abalo mira ou non mira... pero se queres podes miralo tí mesmo/a na web da xunta, e esta é a realidade:con data de decembro de 2010, figuran as modificacións do avance do PXOM, e non se parece o máis mínimo ao que se presentou a exposición pública
MODIFICACIÓNS QUE NON SE DERON A COÑECER
RE: O PELOTAZO DE CLARITA31-03-2011
El gobierno cangués remitió a la Xunta un anexo al documento de inicio del Plan Xeral para su evaluación ambiental. La Consellería de Medio Ambiente aprobó el 2 de febrero un extenso documento que establece la metodología y las características a las que tiene que atenerse el plan. En él, pone en cuestión el «importante calado» edificatorio que contempla la propuesta, que aunque no especifica número de viviendas, sí grafía las zonas en las que se permitiría edificar

«Deberán xustificarse debidamente estes crecementos previstos en base a unhas perspectivas demográficas e económicas acordes coas necesidades reais», indica la Xunta. El ámbito de desarrollo edificatorio de mayor dimensión, añade el documento, está situado en Aldán. Es justo en donde la empresa Promalar proyectaba construir miles de viviendas según un convenio firmado en el 2004 que decayó al quedar anulado el anterior PXOM.

Medio Ambiente colgó la documentación en su web. La oposición afirma que se enteró de su existencia de forma casual al acceder a la página de la Xunta.

La Consellería de Medio Ambiente indica, por otra parte, que la documentación enviada por el Concello no recoge los cursos fluviales existentes.

Detecta que muchos de los ámbitos de posible crecimiento se ubican en la zona de policía de los ríos, en áreas de corredor o de mejora ambiental y paisajística que establece el Plan do Litoral o en espacios de interés natural, como el de Cabo Home-Barra (concretamente, en el entorno del núcleo de Donón y al sur del de Alada) o en las carballeiras de Coiro y Ermelo.
Non o di Mariano que ata o di a Xunta
RE: O PELOTAZO DE CLARITA31-03-2011
Mentiras todo son mentiras .
clariat vende masso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados