Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.ghs-hessigheim.de/
Indispensables
Donde ...
Guia
PUNTA COUSO ¿PRIVADO?02-05-2006
Onte acerqueime cun pequeno grupo de amigos ata a zona de pinténs coa sana intención de visita-la costa de Punta Couso, e cal foi a miña sorpresa ó topar o camiño cortado por un muro é un portal cunhas pintadas de "Propiedad Privada", "Prohibido el paso" e como non "Perro suelto".

Mentres estabámos a discutir entre nos si ese era o camiño que levaba ó Faro ou non, acercáronse dous coches polo outro lado do portal (a parte "Privada"). Pararon para que saíra unha muller a abri-lo portal e foi neses momentos nos que aproveitamos para preguntarlle si sabía do camiño para chegar ó Faro de Punta Couso. "Esto es privado" dixo a muller (non era o que lle estabámos a preguntar, pero cada quen é libre de contestar o que queira). ¿E hai algún camiño alternativo que nos poida indicar?. "No sé" contestou ela dunha maneira moi pouco amistosa e sen mirarnos pra cara en ningún momento. Xa nun último intento desesperado de non ter que ir pra casa coas mans baleiras un de nos fíxolle unha última pregunta. ¿Poderíamos acceder por este camiño?. "Vosotros vereis" contesta a muller nun tono ameazante ademáis do maleducado das outras dúas contestacións.

Esta foi a miña experiencia en Punta Couso. E gustaríame saber si realmente non se pode acceder ó lugar, si ese portal e muro son legais e como se chegou a permitir esa situación no pasado e no presente.

E xa sei que na zona de pinténs deixóuse edificar sen control e incluso chegóuse a non poder acceder a algunha praia, pero co tempo arranxáronno máis ou menos deixando acceso (aínda que fora a pé e sin poder estar moi gordo porque si non...). Pero o desta urbanización xa me parece fariña doutro costal.
Yorkaeff


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?02-05-2006
pues patada y a joderse esto es demasiado ya ¿donde esta mediambiente? pandilla de hijos de puta
PARA YORKAEF02-05-2006
Hola! Pois esta é xa a segunda vez que pasa isto, eu dende pequena visitaba Punta Couso, e fai un mes volvín ir. Iso sí, desoíndo ou pasando literalmente do cartel das narices. O camiño que tí escolliches é público, así que faime caso e volve para a semana dígache o que che diga ninguén. Estes jodechinchos veñen e cren que todo é deles. QUE DERRUBEN TODAS AS CHABOLAS QUE FIXERON NO HÍO, DENDE LIMÉNS ATA VILANOVA
VECIÑA DE PINTÉNS
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?02-05-2006
Pois é certo, hai uns anos fun a Punta Couso cun primo meu, e tiñan tamén unha cadea,mais nos entramos, coido que unha sentencia deixaba o paso,o sitio e precioso, hai un faro, rompe o mar hai unha devesa con esquius(ardillas) sitio moi relaxante, recomendoche que si vas leves a camara de fotos ou video, xa que dado o follon co tema de ser privado non se volta ir moi amiudo.Pero vai, entra, a pé, nos entramos.
LOIS
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?03-05-2006
Vou a resumir a miña experiencia ali. Despois de convencer a un home que decia se-lo garda de seguridade de Punta Couso (pola entrada que vos decides), fumos ata o Faro e cal foi a nosa sorpresa cando chegamos e vimo ali, un Rottweiler!! E iso non foi o peor, o peor é que non tiña dono, tivemos que escapar como poidemos para evitar calquer susto...

Pareceme vergoñoso, ainda enriba de que teñen ali as casas, que poñan a alguén a "vixiar" e que teñan cans "perigosos" soltos sen ninguña persoa cerca...

Un saúdo.
Alguén de Coiro
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?03-05-2006
Bueno pa empezar dicir que couso non queda en Pintens. Queda en Vilanova e dicir que a xente de vilanova leva siglos indo a pescar a costa por couso e agora estes jodechinchos madrileños nos din que non podemos pero polo camiño de toda a vida eles non che poden dicir nada. o camiño que vai por abaixo pegado o mar . DERRIBOS DE CHABOLAS XA!!!!!!
Vilanova
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?04-05-2006
Teneis razón, hace tiempo quise ir a pescar y tube que acceder por las rocas y me puse a pescar en una casa prefabricada con una pista de tenis cerca de las rocas.Estaban todos los caminos cerrados,en fin multiples agresiones contra la lei de costas.INFORMACION, cada 200m de distancia como maximo tiene que haber un camino de acceso peatonal a la costa y cada 500m uno para veiculos.No se puede edificar a menos de 200m de la marea mas alta (hay excepciones,casco hurbano,zona urbana,etc.),de la marea mas alta para arriva 6m es de uso y disfrute publico.Yo personalmente creo que el alcalde deberia ponerse con esto y dejar en paz a las carabanas que en general es gente con poder adquisitivo normal y no puede pagarse un apartamento o un hotel y tienen una pequeña parcela para pasar el verano y se ponen una carabana un par de meses y se pueden retirar al momento,otra cosa son las chabolas esas son mini construcciones y no las veo bien
pedro
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?11-09-2006
en primeiro lugar dicir que Punta Couso ata o momento é privado e esta documentadisisisisisismo dende hai polo menos un seculo de antigüidade nos guste ou non.
en segundo lugar como polo de agora é privado e NINGUÉN q o teña que dubidar di o contrrario, supoñese de dubidosa legalidade entrar nunha propiedade privada, respostando aos "listillos"q só se poden apreder a Ley de Costas para aplicala mal.sí se pode acceder a Punta ouso, polo acceso q OS RESPONSABLES PUBLICOS NON LIMPAN E Q INDICA A DICHOSA LEY.
por ultimo dicir que os dous camiños son privados e que si alguen non pode acceder pola costa (publica)non é responsabilidade dos propietarios senon de queñes teñen q limpalo, ¿non pretenderan q mateñan limpa a zona de maneira gratuita?
por ultimo dicir que hay sempre q poñerse no lugar do outro e asi tendras outra perspectiva distinta. lembremos q o concello de cangas foi o primeiro na democracia en disolverense...sera por algo.
mar
RE: PUNTA COUSO20-09-2006
hola! a min pasoume algo parecido, so que eu xa estaba sobre aviso do que ali pasaba. Cheguei cunhas amigas e topamonos cunha muller sentada nunha silla ó pé do portal que nos cortou o paso cando intentamos abrir. Ela so decia que aquilo era privado e que non podíamos pasar...nos moi tranquilas, dixémoslle que sabiamos o que ali pasaba e que o camiño non era privado. Ela seguiu insistindo xa sen argumentos hasta que acabou por abrir o portal.
Estábamos indignadas ¿cómo podian facer iso?...e eles ali na praia...tan campantes..."os privilexiados"...solo por ter cartos...En fin, eu tamen estou buscando resposta a esto...
O que me estraña e que a tal "Jacomina" que tanto predica que si a natureza, que si a espiritualidade, que si crecimento personal....teña duas casas ahi...
eva
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?23-01-2007
É certo que po iso de privada pero, os collons, que isto no EEUU e por estes lares o das praias privadas esta prohibido. Eu fun vai uns meses, en outubro coa miña moza e tirando co coche nos atopamos con ela e nin dios nos dixo nada. Ogalla quedaran mais zoas virxes coma estas por toda Galiza, pero, polo menos hai xente como vos, os da zona que o poden disfrutar. Noravoa
javi
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?26-03-2007
Pois si, sinto diciros que Punta couso e privado, e que os dous caminhos de acceso tamen o son. Pero tamen e certo que neste pais tanto as praias como a veiramar son publicas, de feito son terreos publicos unha franxa de ata 6 metros por enriba da pleamer, asi que se queredes ir legalmente o faro, podedes facelo, po-la franxa de terreo que e publica, po-las rocas. Si sei isto e porque unha das parcelas de punta couso e propiadade da minha familia, dende hay mais de 80 anos, e non somos nos os que edificamos ilegalmente. E podoche asegurar o mal que se pode sentir alguen cando anda a pasar xente por diante da tua casa, e anda a fisgonear, roubanche as arbores de fruta, tentan de queima-lo monte (xa van moitas veces), etc.
Non sei porque e tan dificel de entender para a xente que e unha propiedade privada, tan prvada como a casa de calquera de vos, a unica diferencia e que non esta rodeada dun muro ou dunha verza. Que eu non vou por ali entrando nas fincas da xente.
Lao
PUNTA COUSO INDEPENDENTE?13-05-2007
¿Teñen en Punta Couso parque de bombeiros, policía, ambulancias, hospitais ,etc?.
Resulta que se benefician dos servicios públicos pero non queren compartir cos demáis. Co mesmo argumento poderían os veciños dunha rua pechala o público poñendo valados. Aquí non se trata de entrar nas casas senón de acceder polas ruas igual cas demáis ruas polas que eles andan cando chegan a Punta Couso.
Temos que enviar correos a toda-las administracións, partidos políticos e incluso a CE. se tendes cámaras dixitais adxuntar fotografías nos correos.
E a nos obriga defender a Terra destes señores feudais.
Antón
RE: DEFENDEREMOS PUNTA COUSO27-05-2007
hay q ver la panda de pirados q andan sueltos y lo facil q es hablar sin saber nada, de naaada. "señores feudales...jajaja a kien escribio esto , por favor q alguien le de un tranquimacin.seguramente no sepas ni que es eso,
Punta couso la compro un señor con su dinerito salido de su sudor, le puso acceso su familia, los incendios los apagaron ELLOS , ningun ayuntamiento; el agua la pusieron ellos, la persona q dijo eso de q si tenia parque de bomberos y no sé qué,no,la administracion q tanto defiendes no nos facilita absolutamente NADA, es mas, solo exige pero lo unico q nos da es problemas.han declarado Couso un espacio protegido, pero NO OS LIMPIAN LA ZONA POR LA Q TENEIS DERECHO A PASAR, no limpian el monte para q no haya incendios.os agitan contra nosotros pero no os cuentan la mitad. NUNCA se le ha impedido el paso a nadie educado q simplemente nos diga:"me gusta esto y lo queria ver"a pesar de estar en MI CASA,imaginate q es la tuya.ahora, con los acomplejados y envidiosos q hasta lanzan piedras contra las casa, y como dijo esta persona, irrumpen en tu intimidad.caña!pero que es esto!POR CASI TODOS ES SABIDO QUE cANGAS ES UNO DE LOS AYUNTAMIENTOS MAS CORRUPTOS DE ESPAÑA!!y no precisamente por couso eh!lee un poquito anda, q lo q sí tiene cangas son bibliotecas.
rb
RE: PUNTA COUSO ¿PRIVADO?21-01-2008
Pois claro que Punta Couso é privado!. E así consta nas escrituras que teñen os propietarios. E o acceso está prohibido tanto polo camiño de arriba coma polo camiño de abaixo, ámbolos dous foron feitos pola xente que alí vive (más ben polo seus pais). Outra cousa é a franxa costeira e as praias que están dentro da finca, a elas podedes acceder cando vos pete (faltaría máis), pero non a través de fincas privadas. Seguro que ninguén dos que viven ahí chamouvos a atención por está na praia. Pero a xente ten moito morro, e dalle igual que poña "Propiedad privada" como eles son o máis chulos, e a normas non son para eles.... Por certo, e así moitos demostrades o pouco que coñecede-lo tema, a maioría da xente que vive alí non son "jodechinchos", son de Pontedra, Lugo e Coruña. Pero e mais bonito enarbolar a bandeira galega contra capitalismo foráneo que veñen a nosa terra a esquilmala. Por que non montades unha asociación (suxirobos PCC (Punta Couso Ceibe) e así chupades algunha subvención por facer algo de ruido frente ó portal os sábados pola mañanciña.

Para resumir: Punta Couso é PRIVADO e a xente aque accede sen permiso son uns fora de ley que fan moito barullo, pero gostaríame moito velo seu careto se eu pasase polo medio do seu salón (namentres el está tirado no sofé vendo un documental da 2) para ir a praia ou onde sexa. Faivos falta un pouquiño de educación.
pepe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados