Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CHARLA SOBRE A LEI DE AUGAS EN MARíN28-03-2011
O Colectivo Nacionalista, Redes Escarlata, Fronte Popular Galega e Adiante organizamos para o próximo 30 de marzo unha charla coloquio sobre a Lei de Augas recentemente aprobada no parlamento galego.

Contaremos coa participación de Manuel Docampo, da executiva do Sindicato Labrego Galego, organización integrada na Plataforma Galega contra a Lei de Augas. Explicaranos os perxuízos que ocasiona esta lei a todas as persoas como consumidores dun ben que é a auga, as repercusións do canon e a posibilidade que se abre de privatizar todo o relacionado co subministro e consumo da auga.

Pretendemos con este acto clarificar o que representa esta lei sacando o debate da loita electoral e partidaria, tal e como se veu facendo en Marín por diversos partidos políticos. Convidamos a todas as persoas interesadas en clarexar as súas dúbidas sobre a lei a que asistan a este acto e participen con preguntas e opinións.

Charla coloquio sobre a Lei de Augas, mércores 30 de marzo ás 20h. na biblioteca de Marín.
colectivo nacionalista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados