Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
dating road maps
Indispensables
Donde ...
Guia
¿ATA ONDE CHEGA DOMAIO?30-04-2006
Coñecida é dende hai tempo a polémica por coñecer cal é a extensión das parroquias de Domaio e Meira, se ben na parte alta do monte os marcos permanecen inmutables (polo de agora) delimitando claramente que pertence a cada parroquia, na parte baixa existe a dúbida. Se atendemos o que nos din os maiores (xente de 90 anos de ambalas parroquias) Domaio chega ata a curva situada o final da recta da Borna (Polo que a Borna pertence a Domaio, como a Fontiña, e A Gorita e a Granxa)marcando o limite un antigo rego de auga que por alí pasaba (desaparecido polos recheos e excavacións), no que cargaban, xa na plaia, auga os algibes . Din os que saben, que esta era o "rio dos mortos", xa que marcaba o limite territorial entre ambalas parroquias. Este nome ven de que cando morria alguen da parroquia veciña en calquera das días parroquias, era obriga acompañar o difunto ata este limite, onde se facian cargo os seus paisanos de ali en adiante.
En fin, que son moitas a as fontes que confirman por uns ou outros motivos este límite. sen embargo, de supeto enterome de que agora Meira chega ata a Gorita, vamos, que ata a casa de Cal esta en Meira por mor de non sei que papeles que apareceron , (vamos que todo o que diga a xente se pode botar por terra cuns papeles que sabe Dios quen os fixo e baixo que criterios). O caso é que estes días estan cortando a madeira que eu considero de Domaio, a xunta de montes de Meira aludindo que é monte comunal de Meira. E de Meira nada¡¡, a Borna é de Domaio, sempre o foi, e sempre o será. E se fose de Meira como din eles ¿por que sonmos os de Domaio os que denunciamos a arpopiacion indevida de terreo e a urbanización ilegal na zona? que pasa, que o monte é de Meira so para vir jodernos a madeira e os cartos?
Pareceme vergonzoso que nos queiran facer pasar por parvos ós de Domaio e que dende o Concello non se mova un dedo para esclacer este feito.
Un día destes... imos apropiarnos do Arroás, que parece que a febre imperialista do Bush chegou a Meira¡¡
A Borna é de Domaio de toda a Vida


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

COMUNIDADES DE MONTES DE MOAñA UNIDAS -XA-30-04-2006
O que temos que facer e deixarnos de pelear por catro putos duros entre os Moañeses e facer dunha ostia dunha vez unha Comunidade de Montes para todo o Concello que traballe e defenda os intereses do Monte de todolos veciños de Moaña.
Moaña
RE: ¿ATA ONDE CHEGA DOMAIO?30-04-2006
Cierto, las comunidades de montes deberian unificarse y ser una sola para el concello de Moaña ..... A menos que los de Domaio quieran ser una república independiente como alguna comparsa coreaba hace unos años.
Isa
RE: ¿ATA ONDE CHEGA DOMAIO?01-05-2006
Independientes no se, pero aparte si que ya estamos, apartados para todo excepto para cobrar impuestos, para eso si que somos de Moaña. Queremos unas aceras fashion como las de Moaña, una alameda en el aterrado, que arreglen el Rosalia de Castro.... e o Talefano¡¡
Si nos quitan el monte, enntonces que inviertan la proporcion que nos toca en la parroquia.
A Parte
RE: ¿ATA ONDE CHEGA DOMAIO?03-05-2006
ter sentidiño, que o final o terreo esta a intenperie e sin ser aproveitado por ninguen, nin tan siquera para un ben comun como pode ser uso publico ou mesmamente privado si eso da frutos para todos e todas , empezando polos postos de traballo......en fin, " nin pa ti,nin pa min ", e sacomao proveito todos.... digo eu...
moañes
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados