Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
Haz click para ampliar Os senhores da guerra decretaron outra agresión armada ao servizo da súa orde imperial, do grande capital, dos intereses EUA e dos seus aliados da OTAN.

Fano co “aval” do antidemocrático e mal chamado “Consello de Seguridade” das Nacións Unidas e co apoio dos seus medios de manipulación masiva e xustifícano cos pretextos hipócritas das súas políticas de duplo raseiro, mais ben chamadas «intervención humanitarias», como fixeron sempre.

Outra vez, como aconteceu antes no Iraque, en Iugoslavia ou no Afganistán, o verdadeiro móbil desta siniestra intervención imperialista é o control dos imensos recursos da zona e o dominio militar e político por via da violencia extrema, ao servizo das oligarquias explotadoras que levan o mundo ao desastre. Umha nova volta de rosca contra a soberanía dos povos, de todos, contra os direitos nacionais, sociais e laborais das clases populares e trabalhadoras.

É sintomático ver como ao tempo que agreden Libia, conspiran contra os movimentos de emancipación popular e de liberación nacional en Túnez e Exipto que se ergueron recentemente contra as súas tiranías e castas corruptas; como afortalan o criminal Estado sionista Israelita contra o povo Palestino; como abandonan á súa sorte ao Povo Saharauí masacrado pola tiranía da monarquía marroquí de Mohamed VI e como apoian a ditadura do rei feudal de Arabia Saudita ou a de Barheim contra os povos indignados con toda razón pola inxustiza capitalista que padecen e pola ausencia de liberdades ás que tenhen direito.

É por iso que, nesta declaración de urxencia, reafirmamos a nosa solidariedade co povo líbio, primeira vítima desta enésima agresión, e manifestamos:

- Que condenamos esta intervención imperialista, esixindo o fin inmediato desta agresión criminal e o respecto pola independencia e soberanía deste país, e que condenamos igualmente a escravitude capitalista que queren impór en calisquera parte do mundo, que se manifesta con especial crueza agora mesmo en Libia, Bahreim..etc, vítimas da acción monstruosa do imperialismo.

- Que expresamos a nosa chamada de atención e a nosa alerta polas repercusións e plans que esta nova intervención imperialista pode ter sobre o futuro inmediato doutros povos do mediterráneo, no Próximo e no Medio Oriente, etc.

- Que repudiamos a cumpricidade criminal e a co-responsabilidade lacaia asumida polo Goberno Espanhol e os grandes partidos do réxime (PSOE, PP, etc) así como a participación do Reino de Espanha neste acto de agresión, solidarizándonos co povo Libio que mais umha vez ten que loitar pola súa sobrivencia e soberanía, hoxe ameazadas polos inimigos da humanidade.

-Que apelamos a todos os colectivos, organizacións, persoas e forzas amantes da Paz e da Xustiza ás concentracións e accións de repudio contra as agresións imperialistas ao povo de Libia que se convoquen nas próximas horas e especialmente no dia de manhá LUNS DIA 21 (2ª feira) en todos os lugares de costume das vilas e cidades de Galiza ás 20 hs.

Partido Comunista do Povo Galego
20 de Marzo de 2011Ver máis
Por: Partido Comunista do Povo Galego
>> Ampliar datos NON Á GUERRA XENOCIDA CONTRA LIBIA


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
¿? enton como podemos defender os dereitos do pobo Libio as guerras non lles gustan a ninguen, a onu tardou casi un mes mentras Gadafi masacraba o pobo, a ver ¿que queremos? que se masacre o pobo ou eliminar a Fascistas como Gadafi..... si non enterveñen malo e si enterveñen peor...... podese dialogar con un pirao chamado Gadafi ou seguimos mirando para outro lado, e deixamos que os dictadores sigan pisando o pobo
eu
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
isto e o de sempre algun non sabe nin o que que quere mentras moito ladran a favor das libertades bla bla bla algun ainda escusa a Gadafi igual que moitos de estes siguen escusando a Fidel Castro e demais dictadores que andan soltos polo mundo unha dictatura e igual sea de esquerdas ou de dereitas..... a ver que pasaria si moitos que gritan consignas viviran neses paises...... falades de manipulacion cando neses paises non existe a prensa nin a informacion.........
que ben se vive en casa de mama
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
A ver, o nivel de intoxicación é brutal. Estase chegando a un nivel de desinformación atroz, dende logo esa é a mellor arma que teñen os imperialistas. Porque non o olvidemos, máis unha vez, está é unha agresión máis pra facerse cos recursos dun rico pais. Mirámolo en Irak, onde causaron un millón de mortos, en Afganistán aínda hoxe, e mesmo na ex-Iugoslavia onde incluso se contribuiu a secesión de territorios por contralar xa non zonas petrolíferas pero si de oleodutos.
Estivéronse dicindo moitas cousas e a meirande parte dos media participaron nesa pantomima pra xustifica-la invasión da OTAN en Libia. Quede claro que recoñezo que en Libia como en moitos outros paises, incluso os do primeiro mundo, se teñen cometido inxustizas. Pero no tema deste conflito dende que se desatou non pararon de bombardear con mentiras e grazas a iso están agora as cousas como están con civiles a morrer por bombas nosas e co noso goberno metido no allo. Non nos enganemos, o pastel é suculento.
Como dicía, a manipulación, a primeira mentira que se deixou caer foi a da propia insurrección. A diferencia dos outros paises árabes onde houbo revoltas no caso de Libia protagonizarono grupos armados e que veñen sendo preparados dende hai tempo e con esta oleada de protestas en África e Oriente Próximo se aproveitou a conxuntura. Non esquezas que os revoltados libios son os únicos destas zonas que pediron a intervención militar estranxeira. Quen quere iso sabendo que vai haber mortes?? A insurxencia libia componso basicamente polo FNSL creado pola CIA como demostraron os documentos de Wikileaks, e tamén vellos monárquicos, e no medio deles, e non digo que non irá xente do pobo que terá carencias e que sufriría inxustizas como acontece nestes paises. Mais non esquezas que a maioría da poboación libia está con Gadafi que lles proporcinou un nivel de vida sen parangón na África. Só pra darche un exemplo é o único pais deste continente cuxos habitantes teñen un promedio de vida de 75 anos.
Seguindo co das manipulacións díxose sen mostrar probas que as tropas de Gadafi mataran civiles e que os bombardeaban. Os satélites rusos demostraron que era unha falsidade similar a de Irak cando se dicía que habia armas de destrución masiva. Velaquí a razón de q os rusos non apoiaran a invasión e de que mesmo Alemaña se desmarcara dos socios máis poderosos da UE e da OTAN e como pudo escorreu o bulto pra non participar na contenda.
Outra das cousas que se dixo foi o goberno de Gafafi mandaba matar ós soldados que se negaban á disparlle á xente. E mostraron imaxes de como os executaban. Ben, íache poñer esas imaxes a través dun enlace onde se demostra que os executados si efectivamente eran soldados de Gadafi pero que non foron mortos por non disparar a poboación civil (que iso nunca tal se deu nesta contenda) senón que foron capturados por eses rebeldes auspiciados e armados por forzas estranxeiras como che dixen e despois executados. Curiosamente ese video foi eliminado do youtube. E como esa unhas cantas mentiras máis. Poñen imaxes na TVE e en todo canto medio occidental hai e se montan un película e resulta que é outra.
Preguntas como queren que solucionen o asunto sen a intervención, pois así eu non miro máis que mortes e máis morte e non dun bando contra outro como estamos a ver se non que se comete un auténtico xenocidio con eses bombardeos da OTAN que xa van uns cantos civiles mortos e feridos e a cifra vai ir subindo. Moitos xa sairon das súas casas e están rodeando a residencia do propio Gadafi como escudos humanos a través de dúas grandes manifestación como puiden comprobar en Telesur. Ó parecer os aliados estiveron bombardeando zonas residenciais e comerciais esta mesma noite.
Aquí che deixo información variada pra informáreste do que hai por detrás e como se formou esta revolta e o que persegue.

http://www.odiario.info/?p=2004

http://frentepopular.gl/?p=555

http://www.cubadebate.cu/noticias/2011/03/18/la-resolucion-de-la-onu-legitima-una-acto-de-barbarie-contra-libia-afirma-silvio-rodriguez-en-republica-dominicana/

http://jmalvarezblog.blogspot.com/2011/03/ahora-si-vamos-ver-bombardeos-aereos.html

http://frentepopular.gl/?p=580
Solidariedade co pobo libio
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
A mira, ó final atopei o video do que vos falaba, eliminárono da páxina onde estaba colgado por incumpri-los termos de uso pero non do propio youtube polo que se mira. É ovideo que che dicía de soldados libios executados. Paga a pena.

http://www.youtube.com/watch?v=Nsqgx21lYtc
Solidariedae co pobo libio
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
Tan só unha preghunta... que opinas de Gadafi?
por saber
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
Qué vai a opinar con tanta leria?, que é un santiño, en fin...
Lobo
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
Prejuntas que opinas de Gadafi???? E ti que opinas de Franco????
O SINIOR AFRANIO
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
os españois, baixo mando norteamericano, prepáranse pra atacar:
http://www.publico.es/internacional/367229/en-directo-los-f-18-espanoles-empiezan-sus-operaciones-en-libia
aniquilacion humanitaria
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
E Gadafi, non é Imperialista?: Domina o seu país ca man dura dos seus colegas os militares, domina o mercado económico da sua parcela Libia porque seica esta podre de cartos e domina a politica, xa que él é o dictador, único candidato politico, ah! e tamen é colonialista xa que en Malaga non se pon lorenzo no seus dominios, en fin...
Lobo
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
Opino que Franco foi un dictador, un asasino e un fascista. Ves que sinxelo? agora repito: que opinas de Gadafi?
por saber
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
http://www.publico.es/internacional/367265/putin-compara-la-resolucion-sobre-libia-con-una-cruzada-medieval
A ver, os da cruzada medieval, que preparen os F-18
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
http://www.publico.es/internacional/366648/gadafi-compara-su-entrada-en-bengasi-con-la-de-franco-en-madrid
Paco el del Líbano
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
Pra quen non colla o do Líbano é unha coña sobre o comunicado que deu unha organización xuvenil hoxe á mañá que non sabía nin de que país falaba.
empanada ó mencer
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
http://blogs.elpais.com/aguas-internacionales/2011/03/y-si-los-buenos-no-son-tan-buenos.html
rebelde wey
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
gadafi é un ditador, fidel tamén e un largo etc... e fachas polo que se ve, tanto hai na dereita como na esquerda. venga ya hombre fanaticos o que me faltaba defender a gadafi
marko
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
vai tomar polo cu, topicazos
mente clara
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
topicazos o realidades ¿?
que11
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA21-03-2011
señor picoletoak: http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=382081
la realidas está máis próxima do que cres
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
http://jmalvarezblog.blogspot.com/2011/03/el-regimen-no-tortura-interroga.html
la verdad está ahí fuera: vamos, al lado de casa
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
http://jmalvarezblog.blogspot.com/2011/03/donde-estaban-las-masacres-que.html
Medios "alternativos" que tamén picaron o anzol
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Particularmente interesante me parece o enlace de rebelde wey... os outros que lle seguen ou non me din nada ou non teñen que ver co tema.

Segundo leo aí estamos ante unha guerra civil (contando con que Libia é un país absolutamente feudal e tribal) e polo tanto constatamos que si hai revolta. Se mal non recordo, ata hai tres días algún progadafi negaba a existencia de toda insurrección

Polo que vexo tamén, os rebeldes teñen "un largo historial de antiamericanismo, armado y militante", do mesmo xeito que das zonas rebeldes foi de onde máis combatintes saíron cara Irak.

Mentres que pola súa banda "Muamar el Gadafi. Se ha ganado el papel estelar tras 42 años de abusos, detenciones arbitrarias, desapariciones, asesinatos y atentados terroristas patrocinados en el extranjero, además de sufragar a las guerrillas en Liberia y Sierra Leona, entre otros países africanos".

Eu sigo a pensa-lo mesmo, o obxectivo non era o caudillo nin o seu petróleo (que se cae non se van queixar), senón garantir que o cambio de cromos non lles fodese os negocios na zona que tantos anos levaban mantendo co "bo de Gadafi".

http://disidentedelcapital.blogspot.com/2011/03/muamar-al-gadafi-el-fin-de-un-mito-el.html
ensaio sobre a cegueira
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
O tema é que estar en contra desta guerra (como é o meu caso) non significa ser progadafi e defendelo a calqueira prezo, coma fixeches ti en reiteradas ocasións e en denuncias previas.
Nota á marxe
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
As prácticas tendentes á sintetización da información e ademais manipulada son propias dos medios que precisamente intoxican. Aquí ninguén apoia a ninguén a calquera prezo ("non digo que non irá xente do pobo que terá carencias e que sufriría inxustizas como acontece nestes paises"), pero tamén hai que dicir que servirse de fontes revisionistas e trotskistas (é un feito demostrado a súa colaboración cos imperialistas e incluso con nazis) que non son quen, por suposto, nin de darlle o visto e prace a democracias verdadeiras como a de Cuba ou a que propón Chávez, non axudan moito á saber de que vai este conflito que estamos vivindo e, a parte da insurreción armada dende o exterior, a entender certas derivas e cambios de posición no rexime que propiciaron o enfado do Imperio.

http://jmalvarezblog.blogspot.com/2011/03/discrepando-con-silvio-sobre-muammar-el.html
Resplandor
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Por outro lado xa era hora de que houbese un pronunciamento aquí en contra da invasión da OTAN, xa pensaba que... Ata o Bloque vai facer ben os deberes esta vez e vai votar en contra xunto con IU da agresión imperialista, aínda menos mal.
Nota ó pé
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Agora sería bo que algún tivese a suficiente altura política como pra da-la súa visión de Gadafi. Por certo, eu si considero que o marxismo necesita moita revisión ou alomenos actualización mais ese é xa outro tema.
alto e claro
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Hai que ter coidado coas palabras que se escollen ("revisión") aínda que visto o visto aquí, lamentabelmente, esa sería a menor das preocupacións pois a deriva a posicións neoliberais e hexemónicas é alarmante...
convén rebaixa-lo ton
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Non sei se sabes en que consiste exactamente o neoliberalismo pero parece que é un termo que, coma moitos outros, utilizas á lixeira pra designar a todo aquel que non pense coma ti. Dá a impresión de que o teu pensamento (único) é moralmente superior ó do resto de humanos. Oiches ben, revisión e en moitos aspectos.
Déspota "ilustrado"?
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Pensamento único é o que adquiren alghúns que se cren esquerdosos pero van asumindo sen se decataren os puntos de vista e razoamentos moralizantes dos centros de poder e do beneficio destes. Por iso din que hai que revisar, non dende óptica sa non (que por suposto valería) senón por se amoldar ó sistema e non ousar (non vaia ser) sairse dos seus límites.
catavento "ideolóxico"?
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Mimadriña... agora es ti quen decide quen é e quen non é suficientemente esquerdoso? que pelighro...

En primeiro lugar poderiámos comezar por adquirir unha linguaxe máis propia do século XXI que hainos que quedaron nos setenta (antes de Cristo) e pra seghuir habería que debatir urxentemente cousas coma esta:

http://www.diarioliberdade.org/index.php?option=com_content&view=article&id=13050%3Afeminismos-e-marxismo-um-casamento-mal-sucedido&catid=88%3Amulher-e-lgbt&Itemid=100
Decátome perfectamente do que asumo, papá
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Ese podería ser un debate san dos que antes me referín sempre e cando non se renuncien ós principios fundacionais, non miro cal é o problema. De todas formas poderían ser achegadas outras pra o caso, fontes menos postas en tea de xuizo por eses sectores da esquerda que saben perfectamente o que asumen:

http://praque.blogaliza.org/tag/diario-liberdade/
de nada, é ghratis
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Sei perfectamente o que pon aí que pra iso o escribín eu, esa é a diferenza... saber dar a razón ou quitala e recoñece-la valía dun argumento veña de onde veña se este é certo. O resto é ir cego pola vida e ter moi poucas luces.
sectarismos go home
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Están a intervir no Congreso sobre o conflito en Libia e as declaracións son lamentábeis, iso é o que importa aqui e aghora... Aí practicamente ninghén se opón ese preceptos hexemónicos dos que falaban están sendo practicamente asumido todos en base a un teatro, a ficcións e a intereses escuros...
a invasión continúa
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
penoso, a meirande parte dos políticos e comentaristas coinciden en que a ninghén lle ghusta a gherra pero que non quedaba outra opción...:S
gholfería
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
"No es una opción, es una obligación democrática"
PSOE
22-03-2011
http://www.iarnoticias.com/2011/secciones/contrainformacion/0021_libia_operac_mediaticas
_19mar2011.html
De interese: operacións MEDIÁTICAS e da CIA pra intervir en Libia
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
En que quedamos? son rebeldes anti ianquies que foron combatir a Irak, tal como poñía na ligazón que nos expuseches antes, ou están entrenados pola CIA. A ver se te aclaras coas fontes que asi non hai maneira...
¿?
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
ambas información non se contradín, céntrate
estamos ó que estamos hein
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Se ti o dis... pero a min non me cadra ser anti inaquie e que te entrene a CIA

Hai unha cousa que se chama twitter que serve pra compartir enlaces e reflexións minuto a minuto, igual che interesa...
a sus órdenes
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Pois pasou en Afganistán, cando interesaba que combatesen á Unión Soviética, despois veu o 11-s e as cousas se foron de madre.
...
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Porque cres que Irán, sendo un rexime islámico, non quere nada con Al-Qaeda???
wh
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Cada vez liadesme máis... o outro día un xornalista me estaba a contar que Al-Qaeda era unha intelequia pra xustificar certas guerras "antiterroristas" (cuestión que xa sabía, or outro lado); aghora resulta que si existe e que é entrenada pola CIA.

Non se teorías hai pra tódolos ghustos...
http://www.otrasfronteras.com/tsunami_accidente_o_provocado.php
This is the end...
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Non comprendes o que non che interesa, existe pero non como un obxectivo a combater como fixeron con Sadam, por poñer un caso. Sérvelles de excusa para seghundo que cousas. No caso de Libia, son "civiles". No caso de Irak dicían que habia membros de Al-Qaeda en Irak (sabendo q Sadam os tiña en vereda) e por iso, aparte das armas de destrución masiva, pois estaban disque vinculados co 11-s.
contreras
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Ah moi ben, pois nada, voverei máis tarde a ver como para-la gherra a base de ligazóns pero sigho coa intrigha de se Gadafi, o "modernizador do Estado" é ou non un dictador e sen saber se os rebeldes son anti ianquies, de Al-Qaeda, colaboracionistas de USA... nin se son bos ou malos. Espero que cando pase todo isto nos manteñas ó día de Liberia, Uganda e Serra Leona tamen ;)
vou ler
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
http://tinyurl.com/4zgsz2m
Las amistades peligrosas
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Si oh!, se a culpa de que faga negocios con quen non debe, de que se venda ó capital (que logo lle dará polo cu) e de que sexa un dictador e un asasino debe ser miña... Tes moi mala manía de catalogar ó personal con calificativos que non debes saber nin o que significan. Ata onde eu sei non "teño entre mans ningunha cruzada imperial" nin sei quen cona te cres pra atribuírme formas de pensar que non manifestei en ningún momento. Polo contrario eu si te vin defender e comulgar co amighacho. Vives no cutrerío do ou comigo ou contra min, a ver se vas baixando os fumes mestre Ioda que parece que posúe-la verdade absoluta sobre tódolos asuntos desta ghalaxia e das seghintes... ti segue a fuxir cara adiante por non contestar unha preghunta ben sinxela.
El Imperio contraataca
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Seghes sen te enterar de nada e facendo tamén que non te enteras, Princesa Leia...
Son máis do Señor dos Aneis
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA22-03-2011
Imos a foderlle o petroleo a gadafi , primeiro a liamola é al atake , outro IRAK , AFGANISTÁN é VIETNÁN , NON APRENDÉN MAIS ,IANQUIS go on.
un ou dous
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA23-03-2011
Será "go home", senón tamos fodidos... jeje
Ejem
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA23-03-2011
http://www.youtube.com/watch?v=4ADh8Fs3YdU
go on
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA23-03-2011
Entérome perfectamente... o que me asombra é que sexades tan hipócritas ou máis ca eles (alomenos non van de internacionalistas).

Como é o tema? podemos falar de Irak, Afganistán ou Vietnam pero os conflictos nos que o "lider panárabe" a liou parda non proceden neste momento... é iso non?. Valen máis puntos segundo quen os asasine?.

Pois nada, resulta que agora mesmo hai no mundo 31 guerras, delas 11 son en África e desas que estan activas Gaddafi meteu as gadoupas en catro. Amais de encumbrar a dictadorzuelos e grupos armados do máis crueis: Blaise Compaoré, Idriss Déby, Robert Mugabe, Charles Taylor, Foday Sankoh, Laurent Kabila... Pero se ampliamos ás rematadas coma nos permitimos con Vietnam, contamos:

1-Serra Leona: 70.000 mortos (1999-2003). Calcúlase que entre 10.000 e 15.000 menores foron secuestrados e obrigados a participar como soldados, aproximadamente 2.000 seguen desaparecidos.

2-Chad: 7.000 mortos, 173.000 desprazados, 236.000 refuxiados (dende 1990)

3- Liberia: 1 millón de desprazados e 250.000 mortos (2002-2003)

4-Sudán: 300.000 mortos (dende 2003)

5-Nixeria: 11.000 desprazados (dende 2001), 10.000 mortos (dende 2003 no norte)

6-Congo 3,5 millóns que se dí pronto (dende 1998)

7-Malí: 2.500 mortos (dende 1990)

PD: Non me extraña o do Señor dos aneis... "Un pensamento para goberna-los a todos..." :P
O lado oscuro
RE: NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA24-03-2011
GO ON, h pra que si é muda , somos (h) umanos ???
Ianquis
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados