Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
web sites that can help an entrepreneur with writing a business plan
Indispensables
Donde ...
Guia
LUITA VERDE20-04-2006
LUITA VERDE, denuncia a hipocrisía do alcalde de Cangas JA Sotelo na reunión mantida coa Delegada da Consellería de Política Territorial, na que entre outras cuestións urxe a Consellería a resolución dos expedientes de infracción e a necesidade de restaurar a legalidade urbanística.

O alcalde de Cangas no ámbito da súa competencia en materia de urbanismo é o primeiro que non cumpre coas súas propias resolucións dos expedientes de infracción e consecuentemente coa restitución da legalidade urbanística. Con que lexitimidade este señor pode instar a outra administración o cumprimento da legalidade vixente, cando por exemplo, non ten executado o expediente sancionador 113/01, que rematou coa Resolución asinada polo propio alcalde JA Sotelo de demolición de parte do muro de peche ilegal, levantado polo seu amigo Jose Barreiro Hermelo na praia dos Alemáns en Rodeira.

Esta obra, denunciada reiteradamente por este colectivo ao igual que a execución do derribo, sigue en pe, polo que o alcalde debería ter unha pouca de vergoña e cumprir coas súas resolucións de restitución da legalidade urbanística, antes de esixir a outros o seu cumprimento.

Esperamos en breve que a obra ilegal do amigo do alcalde sexa derruída, do contrario teremos que poñer en coñecemento de Dª M.Isabel Domínguez delegada da Consellería de Política Territorial, que o alcalde de Cangas non cumpre coas súas propias resolución, nin coa restauración da legalidade urbanística, e quizá tamén en coñecemento do xulgado.


luita verde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: LUITA VERDE20-04-2006
Iso, iso. Que empecen por botarlle abaixo a casa que ten o Charrúa nos Alemáns e despois que vaian a pola do alcalde en Aldán.
Xach
RE: LUITA VERDE21-04-2006
estes fan sempre o mesmo dependendo da cor do gobernante , esixen cumplimentar a lei ,cando el mesmo pasan polo forro do huevos.
de pena
tt
RE: LUITA VERDE22-04-2006
ESTOU ATA OS COLLONS DE MIRAR NESTA PAXINA NADA MAIS QUE PORQUERIA DE CANGAS, ESTA PAXINA DEBERIA CHAMARSE DECANGAS.COM. IDE RAÑALA DUNHA VEZ FATO DE PAPONS.

UN DE MOAÑA
RE: LUITA VERDE22-04-2006
debe ser que en Moaña non temos porquerías desas ou no las contan .... Mellor pa nos
Xan
PARA O QUE ASINA COMO UN DE MOANA25-04-2006
Mira subnormal, eu son de Cangas pero pra que o saibas o colectivo Luita Verde esta na tua vila basicamente. E deberias aprender deles. E se especimenes coma ti de Moana non tedes nada mellor que aportar nos non temos a culpa. Por sorte na tua vila ainda queda xente respetable e loitadora como os de Luita Verda.
E vaite pra Hispania senon che gusta o que hai!!
CANGAS POWER
RE: LUITA VERDE25-04-2006
Pero que lles pasa a eses papaostias reaccionarios, polo carallo le suspenden as mensaxes. Acaso eles non insultan. O que pasa que fode moito calquera atisbo de resistencia e de dignidade colectiva coma en Cangas.
Paula
RE: LUITA VERDE25-04-2006
Animo a Luita verde
Fuco
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados