Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.dawndesigns.com/index.php/helping-people-essay/
Indispensables
Donde ...
Guia
O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
Interesante e inusual artigo xornalístico sobre o conflito en Libia nestes tempos de deseinformación atroz e intoxicación brutal a cargo dos intereses petrolíferos. Non deixedes de ler este artigo e non vos deixedes envolver pola danza macabra do cinismo de Occidente.
Aquí o compañeiro Xosé Currás, contando cunha ampla experiencia en territorio libio ofrécenos unha focaxe distinta cunha outra filosofía que confronta co teatro que de cote nos amosan por radio, televión e xornais.
>> Ampliar datos STOP EEUU


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
que facil es hablar cuando uno esta fuera del sitio del conflicto mientras estan masacrando al pueblo
eu
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
Entón segundo ti non podemos falar da Revolución francesa nin de ningún outro fito histórico se non estamos presentes... non é?
Estupidez
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
Conste que xustificar a Gadafi paréceme de enfermo mental...
Estupidez 2
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
justificar a gadifi si que es de una estupidez absoluta....
yo
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
no me vengas con la revulucion francesa y de mas no te vayas por las ramas, solo digo que mirando dia a dia como estan masacrando a la gente me parece ridiculo que me vengas hablar de los EEUU, cinisto tienen todos que mientras se esta masacrando a un pueblo nadie hace nada y simpre son los civiles los que sufren las consecuencias de descerebrados mentales como el gadafi y compañia, y es muy bonito hablar de revolucion y demas delante de un ordenador y teniendo donde dormir y de comer
eu
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
O que é unha estupidez supina e apoiar a inminente masacre ianqui. Aquí non se xustifica a ninguén, só se dan dato fiábles, máis fiables cos que estades acostumados a consultar polo que miro... Ou sexa, a verdade. Este señor acaba de mandar máis información:

"Por certo, a desinformación segue: A Capitanía Popular, que é unha caste de Consello de "listos" e de xefes de tribos, leva reunida dende o xoves pasado, tentando solucionar as cousas. O Goberno está repartindo alimentos en TODAS AS ZONAS e 500 dinares a cada familia porque non se pode traballar coas cousas como están... debería haber pronto solucións, mesmo alianzas que impidan o desembarco iánqui"

Tamén desmantela algunha das aseveracions qu se viñan dicindo de que non se facía nada pola poboación e cousas polo estilo.

U-las imaxes dos bombardeos sobre civiles? Mortos hai, non o nego, hai un conflito e hai tiros e xa explica Currás no artigo de onde vén ese levantamento (o famoso "Al-Qaeda, Al-Qaeda" que di Gadafi estes días e q tanto riso provoca na superioridade occidental). O malo é que lle fai falla indicar que a CIA tamén anda polo medio como corroboran os devanditos documentos de wikileaks.
"aplastemos a los moros"
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
aplasta moros pois xa sabes amigo vaite pa Libia
dalle
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
encántame que a xente que é racista que o recoñeza... q ben pinta a frase q recollín para o meu nick no subconsciente e no consciente de máis de un...
"aplastemos a los moros"
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA02-03-2011
Déixanos "aplastemos os moros" por moito que intentes explicarlles algo os seus cerebros lobotomizados non veran mais ala de intereconomías, telecincos, La razón , El Mundo e demais medios utilizados polo poder (sobre todo economico)
O SINIOR AFRANIO
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011
Uf que cansinos cos mass media e o poder mediático controlado... a ver se caímos en quen é o amigo:

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=123415
Lobotomías, habelas hainas (en ambos lados)
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011
que asco que pena das colega so te falta porlle a alfombra roja o tio sam
asquito
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011
http://www.cubainformacion.tv/index.php?option=com_content&task=view&id=19815&Itemid=86


http://www.cubainformacion.tv/index.php?option=com_content&task=view&id=19816&Itemid=86
apoloxía mediática da invasión
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011
Eu véxoo moi doado: supoño que non son a única persoa que se lembra das tournés europeas, das haimas, das cacerías e de que os fillos de Gaddaffi "estudaron" en Europa... pero o colega Gaddafi con dicir que admira a Chávez ou a Fidel xa debe ser de esquerdas. O coñeiro é que a occidente ata hai tres semanas tamén lle viña ben... que é o que mudou? Pois que o pobo libio está ata o carallo e montou a revolución. Como isto non ten perspectiva de rematar coma en Exipto porque o señoriño di que non se vai nin a tiros pois vén ianquilandia a intervir.

Isto é, ós ianquies impórtalles un collón que Gaddafi non lles dé entrada a eles nas súas mega obras porque si lla dá a empresas europeas, de feito nin está no eixo do mal nin preocupa (co seu "sorry" xa chegou), tamén podía explota-los "seus" recursos sen problemas porque estaba controlado.

A cousa muda cando é moi posible que quenes o releven sexan radicais islamistas, iso é o que preocupa en USA, necesitan outro "tonto útil" pro posto antes de perde-lo control desa franxa en pró do Islam.

O texto na miña opinión queda desletiximado dende o segundo parágrafo onde non se entra a valorar se "é un ditador ou deixa de selo, se ten ao seu pobo na miseria ou non". Por que non lle chamamos a TÓDALAS cousas polo seu nome?

Os parágrafos seguintes son xustificacións en base a un suposto "proceso de modernización do Estado" que seica consiste na creación de megacidades, vivendas e poñer un AVE. A iso chámaselle desarrollismo e xa o practicaron outros antes (calquera dictador megalómano nos vale) e mesmo agora (Cidade da Cultura).

Asentar esta especie de defensa de Gaddafi na teoría económica é unha chorrada maiúscula porque se por iso fose tamén habíamos de lexitimar a Ben Ali que tiña a Túnez na "gloria" nese sentido.

Mais pra sérmonos francos hai que expoñer tódolos datos... falemos tamén das empresas de petróleo que privatizou nos 90, de como estimulou a inversión extranxeira, da corrupción e de que tódalas privatizacións que seguiron foron tuteladas polo FMI mentres el fodía ó pobo. En definitiva... ¿por que non se fala do xiro neoliberal de Gaddafi?.

A min non me valen as versións sesgadas nin as de EL PAÍS nin as de ninguén, a verdade toda xunta.
Lobotomías...
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011

Algo de razon tes, pero non te olvides que entre os ultra liberais tamen se comen a chanchazos.

Ai apenas un mes a ENI (instituto da enerxia italiano), que e a que ten o cacho mais grande da tarta de LIBIA firmou un acordo de explotacion cos RUSOS de PUTON esta e non outras foi a SENTENZA DE MORTE DE GADAFI, pois nin FRANZA nin ALEMAÑA nin a PERFIDA ALBION e moito menos o GENDARME DO MUNDO, poden permitir que as reservas probadas de PETROLEO e GAS mais GRANDES DE AFRICA as portas de EUROPA queden nas mans de BERLUSCONI e de PUTON.

Outro tanto lle pasou a SADAM, cando se lle ocurrriu pedir que lle pagaran o PETROLEO en EUROS.
PETROLEO
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011
Levamos como 30 anos xa non xustificando as estupideces do gadafi senón apoiándoas.

Agora que sae na tv... xa é outro conto
f&r
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA03-03-2011
Fala por ti
Lobotomías
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
hai alguns comentarios que me dan pena por non dicir algo peor , que mala memoria teñen alguns , e o denunciante o primeiro . Cando a ipocresia o invade todo e moi facil falar e si e na distancia como e o caso mais ainda . Despois de aguantar a franco 40 anos , saen os salvadores a defender a outro dictador gadafi , o caso e que hai tarados que lle vai a marcha .
o can
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
http://www.cubadebate.cu/reflexiones-fidel/2011/03/04/la-guerra-inevitable-de-la-otan-segunda-parte/
o jato
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Boa acollida da proposta de paz de Chávez, rexeitada pola OTAN claro:

http://www.cubainformacion.tv/index.php?option=com_content&task=view&id=19974&Itemid=86
"aplastemos a los moros"
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Unha invasión militar en Libia no serve para aliarse co vendido de Gadafi e pra nega-la esencia popular da rebelión. Aínda que se infiltren todo tipo de axentes intoxicadores a esquerda non pode aplaudi-las rebelións exipcias, tunecinas e ningunea-la rebelión popular Libia. Unhas son dictaduras e as outras non? un pouco de coherencia.

Só hai que lembrar a quen financiou este individuo nas guerras civis de Serra Leoa, Liberia ou Costa de Marfil... Quen meteu todo o fuciño no Chad e Sudán? Sóanos Foday Sankoh ou Charles Taylor? Pode meterse a súa "terceira vía" por onde lle colla.

En Libia o paro ronda o 30% e os produtos básicos como a fariña encarecéronse un 85% en tres anos, amais de que estas economías de exportación de materias primas non xeran un sector obreiro senón masa empobrecida mentres o nivel de vida custa cada vez máis.

De feito o seu fillo e sucesor, defende abertamente que a "modernización" Libia pasa pola privatización dos seus recursos:

No 2003 a ONU levantou tódalas sancións económicas contra Libia a cambio dun paquete económico (privatización de 360 empresas estatais). Gadafi anunciou a súa intención de privatiza-las empresas que el mesmo nacionalizara en 1969, especialmente as que administran o petróleo. Despois de negociacións secretas con Washington e Londres, Gadafi anunciou que renunciaba ó seu programa de armas de destrucción masiva. Restablécense as relacións cos Estados Unidos, cortadas dende había vintecatro anos. Funcionarios e lexisladores EE.UU. van a Libia de cotío. Varias empresas norteamericanas gañan contratos para a exploración e producción de hidrocarburos en Libia. Os líderes europeos, que tamén levantaron as sancións contra Libia: Schröder, Berlusconi, Blair... pasan por Trípoli. Despuois da visita de Blair, a Royal Dutch-Shell anuncia a firma dun contrato para a exploración de gas natural frente as costas libias.

En 2004 para fortalece-la súa "respetabilidade", o réxime de Gadafi asinou acordos cos Estados Unidos, Francia e Alemaña para indemnizar ás víctimas dos atentados (UTA DC-10 en 1989, a discoteca berlinesa "La Belle" en 1986,Lockerbie en Escocia en 1988). Gadafi está a favor da creación de un Targuistan (Targui: tuareg) agrupando todo o pobo tuareg nun marco único, é dicir, a explosión de tódolos países do Sahara e a rexión do Sahel, entre eles Arxelia . Esta é a súa contribución á iniciativa estadounidense dun "Gran Oriente Medio" para desmembrar a tódolos Estados da rexión.

En 2006 Washington quita a Libia da lista de estados patrocinadores do terrorismo. Os dous países intercambian embaixadores. Gadafi pediu a entrada na Organización Mundial do Comercio.

En 2007 a amizade se estreita. Mootassem Billah Gadafi, o seu filloi, promovido ó rango de coronel por Hosni Mubarak é nomeado dirixente do Consello de Seguridade Nacional. Unha das súas funcións é a loita antiterrorista. Unha axencia de lobying de EE.UU., Monitor Group, foi a responsable da instalación do Consello de Seguridade.

En xaneiro de 2008 o Ministro de Relacións Exteriores de Gadafi, asina en Washington na sede do Departamento de Estado,un acordo de cooperación científica e tecnolóxica, que debe permitir a chegada de grandes grupos estadounidenses, ademáis dos xigantes do petróleo ó mercado libio. No proceso, varios países europeos como Gran Bretaña, Alemaña, Italia e Francia reanudan as relacións formais con Trípoli, e aproveitan para asinar contratos comerciais lucrativos. Este mesmo ano Condoleeza Rice dixo que Libia e USA compartían intereses comúns, como "a loita contra ol terrorismo, o comercio, a proliferación nuclear, os dereitos humanos e a democracia" Ese mismo ano, Libia compra chalecos antibalas ó Estado de Israel.

En xanero de 2008, Libia foi elexida para un asento non permanente do Consello de Seguridade da ONU. No seu primer mes, asumiu a presidencia de turno. Ocupou o posto no 2008 e 2009.

En abril de 2009, o fillo de Gadafi, líder do Consello de Seguridade Nacional, foi recibido por Hillary Clinton, secretaria do Estado, e despois polo asesor de seguridade nacional de Barack Obama.

O 15 de abril de 2010 nun discurso pronunciado cerca de Sirte, en memoria de tódolos bombardeos estadounidenses sobre Trípoli e Bengasi no 1986, Gadafi pide apoyo para las políticas de Obama

A todo iso sumémoslle tanto dos acordos con Berlusconi que os Gaddafi son case propietarios do Juventus, que posúe accións da FIAT (ten o 5%), de que teñen as residencias de verán unha á par da outra... ou que financiou ó RUF e a outros tiranos africanos porque lle conviña. Pra vós todiño.
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
en todo caso, fontes. Fontes, fontes que é o que lles fode
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Ah si, fontes sóbranme:

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=60593

http://disidentedelcapital.blogspot.com/2011/03/muamar-al-gadafi-el-fin-de-un-mito-el.html

http://www.insurgente.org/index.php?option=com_content&view=article&id=6389:james-petras-gadafi-ha-cambiadoa&catid=101:africa&Itemid=533

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=123336

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=123446

http://www.corrientemarxista.org/internacional/africa/448-la-verdad-sobre-el-actual-levantamiento-revolucionario-en-libia.html

http://www.scribd.com/doc/49803337/Libia-de-Informaciones-Obreras

http://www.abna.ir/data.asp?lang=5&id=228975
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
esas non, as da inspiración pra servir o interese predominante e a propagación imperial
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Chámese facer xustiza e conta-la verdade. Ti verás se coa túa fobia ianquie se che esquence o internacionalismo ;)

http://www.ongdyes.es/blog/?p=620
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Fobia ianqui? detecto certo colaboracionismo. E o dos bombardeos quedou máis ca descartado polos satélites rusos amais de o presidente Libio pedir que fose alí unha comisión de paz da ONU a investigar todo iso que están a soltar...

http://rt.com/news/airstrikes-libya-russian-military/
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Por suposto tal comisión foi rexeitada polos ghobernadores de mundo.

http://www.gara.net/azkenak/03/251784/es/EEUU-rechaza-comision-paz-propuesta-Chavez-para-Libia
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Quen dixo o contrario? o problema é que mirades pra outro lado vadeando a condea explícita de Gaddafi e explicándonos as súas bondades. Olvidádesvos dese Pobo ó que tanto defendedes, de Uganda, de Serra Leona, do Chad... sodes a mesma escoura. As víctimas impórtanvos un carallo só vos dividides en proianques e anti ianquies, é enfermizo.
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Non te parache a pensar que o mesmo que minten aghora sobre o tema poideron facelo anteriormente? E non te parache a pensar que se pasa moi por alto o que ocorre noutros paises da rexión en comparación con Libia?

http://www.youtube.com/watch?v=KRO605OZ5kA&feature=fvst

Amais de que os conflitos sexan distintos. Nos outros paises non lle interesou nunca a rebelión, en cambio en Libia si por iso a apoian, a financian e a fomentan aínda que teñen que elevar a fundamentalistas relixiosos ó poder.
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Ah si, é unha ghrandísima persoa e é todo mentira... do exposto anteriormente que é falso? Non che estou a falar de fontes como EL MUNDO, nin de EL PAÍS, se non de Insurgente, Rebelión, Corriente Marxista... e de cousas que todos sabemos.

Os conflictos non son distintos, este tipo ten as mans manchadas de sangue en toda África. ¿Que pasa, que se as guerras as financian os ianquies pra explota-lo petróleo é distinto a que as financie el pra sacar cacho cos diamantes de sangue?

Que financiou ó RUF é mentira? que privatizou empresas estatais é mentira? que lle merca chalecos antibalas a Israel é mentira? que firma acordos con EEUU e Europa é mentira? que se sumou á guerra antiterrorista ianquie é mentira? As películas déixaas pro cine por favor.

Os ianquies e Europa (Occidente en xeral) estaban encantados con el, ó meu primeiro comentario me remito. O problema xurde cando o pobo vai e lle monta un follón, o tirano non se vai ir así que papá USA decídese a intervir pra poñer outro títere que lle conveña tanto coma el.

Se vén o islamismo fundamentalista si que van estar fodidos... acaso controlan Irán? e non será porque non lles interese pero é que o Mahmud Ahmadineyad mándanos a tres bombas... nunca mellor dito :D
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Co de islamismo fundamentalista referíame a Al-Qaeda e derivados que EEUU coñece moi ben. Irán é caso a parte, non me contes lideiras que xa sei.

O resto si, todo mentira. Hala escríbelle ó fillo de puta de Obama que empece a descarghar proxectís humanitarios...

ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
É que mo poñedes "a huevo"... Muamar el Gadafi asegura que as revoltas no país foron fomentadas por Al Qaeda e que Osama bin Laden está distribuíndo drogas entre a xuventude libia.

http://www.youtube.com/watch?v=YqZXdTelE54

A Obama que llo cont el ;)
http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/noticia.asp?pkid=490168
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Iso é do 2009, a pouco de entrar Obama. E dino moi claro, estará na obrigha de seghir os vieiros di imperialismo e se non liquidánte ou sacante do medio como demostrou a historia... Grazas polo documento.
Que envien a comisión de Paz esa que pide Chávez e Gadafi, unha comisión que se supón plurinacional con xentes que ninghún estado nin ninghún orghanismo poda contralar e miremos que verdade contan. Non valen fonte que beben de onde beben, incluso nestes días o propio diario Gara estivo enfluenciándose por certas axencias, debido á dificultade nas comunicacións aínda que sin cheghar por suposto ós niveis de intoxicacións de outro. É o que pasa por recoller de onde non teñen que recoller. É mellor non poñer nada que despois ter que rectificar pra un medio, penso.
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
De verdade aínda non cres que EEUU, a CIA, nostálxicos da monarquía e o cebo ficticio de Bin Laden están detrás da insurreción retrógrada?
Os grandes medios están moi enterados, pois queremos ver imaxes da masacre de cidades con bombas de aviación tal como as de Irak que segharon a vida a case 1 millón de persoas. Onde están esas imaxes? Porque o único que se mira é unha gherra civil con claro apoio externo ó bando ilexítimo.
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
O que contén a nova xa o sei, busqueina eu. Trátase dun detalle que me pareceu gracioso canda menos, se pretendes apoia-lo teu discurso nel obviando o resto mal imos. ;)

Xa expliquei o abrazo de Gadafi ó neoliberalismo e o seu apoio a matanzas entre os anos 2003 e 2009 pero ti só sabes contestar: "todo mentira", moi adulto pola túa parte.

O mass media minte pero agora que non che gusta o que conta Gara,eles tamén. A verdade entón vásnola revelar ti xunto con Iker Jiménez?

Falando da monarquía... ¿cal é a diferenza entre un tipo que leva cuarenta anos no "trono" (e que pensaba delega-lo cargo no seu fillo) cunha monarquía?. Respecto ó de Bin Laden... viche-lo video que che puxen coas declaración de Gadafi? é mortal.

Xa che expliquei que a diferenza entre nolos dous é que eu condeo a Gadafi e tamén a USA por iso che fixen esta pregunta á que aínda non tiven resposta: ¿Cal é a diferenza entre as guerras que financian os ianquies pra explota-lo petróleo e as que financa Gadafi pra sacar tallada nos diamantes de sangue?

Si, penso que hai un levantamnto en Libia do mesmo xeito que sei que os ianquies están a mete-los fuciños e a enturbialo no seu beneficio (coma sempre), son quen de miralo todo, deberías probar.

Pódese dicir que o que penso estaría máis ou menos condensado aquí:

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=123557
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
A xente xa está farta de explicarche o que hai e dos momentos que hai para dicilos pero seghimos erre que erre, que queres que che fagha eu?
O que dis da sucesión primeiro haberá que coñece-lo sistema electoral, eu non o coñezo. Tamén se di que en Cuba non hai elección e mira ti, hai máis democrácia que aquí (aghora sáltame con que non...haha).
Por outro lado o tema aburre, sighe traballando pra quen mires neste e noutros eidos e xa miraremos como acaba este conflito en Libia.
ouro de lei
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA04-03-2011
Non vexo a diferenza entre os lexionarios de Cristo e os lexionarios de Estalin, ti si?
As relixións que malas son...
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA05-03-2011
A diferenza está en que partes dunha premisa que é falsa. Non entendes nada.
"Libertad Duradera"
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA05-03-2011
Máis vale que non cheghes a militar en ninghunha orghanización que conteña o marxismo-leninismo nos seus estatutos, poderían largharte fóra ou peor aínda, tildarte de hippi repelentuzc@... verdadeiramente se cheghase o día aí non pintarías nada, loxicamente sentiríaste rodead@ de psicópatas e, por coherencia, xa que se che supón alghén moi coherente por todo o que levas dito, collería-la porta e despois xa te adicarías a alghúnha ONG ou a traballar pra outros cuns planteamentos menos totalitarios...
Libertá sin ira libertá...
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA05-03-2011
Poderías argumentar en vez de cair na falacia ad hominem. Aínda así xa che digo que eu teño principalmente dúas causas: Galiza (le entre liñas) e a solidariedade cos pobos, non cos dirixentes. Polo de agora aínda non son vidente así que non sei "como acaba este conflito en Libia", limítome a darche na cara cos feitos. As teorías e revelacións místicas déixochas pra ti, a ver se nos iluminas.

Razoa por unha vez:

"Os novos obxectivos son controlar as transicións para que os cambios non leven por diante modelos económicos. Apréstanse a cambiar rapidamente as caras, os escenarios mesmo as regras de xogo político para que non muden as relacións económicas bilaterais.

Onde non houbo revoltas, ou aínda non acadaron a forza suficiente como para expulsar os réximes autoritarios, seguirán a ser ditaduras amigas, Estados moderados que frean os perigos do islamismo radical"

http://www.anosaterra.org/nova/51223/ese-ditador-era-o-meu-ex-amigo-.html

Lete o que di Modesto Guerrero, xornalista próximo a Hugo Chávez e propagador dos principios do socialismo do século XXI en América Latina (como é dos teus igual así)

http://www.anosaterra.org/nova/gadafi-tamen-inimigo-de-certa-esquerda.html

Encántame ser repelente a ollos dos sectarios, iso é que fodo (e a verdade tamén) ;)
Repelent power!!!
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA06-03-2011
As miñas razóns xa as sabes.
E do outro entendo que collería-la porta nesa hipótese pra non sentirte hostighada polo pensamento sectáreo... ok ;)
Non fode quen quere senón quen pode
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA06-03-2011
onde puxen "hostighada" quixen poñer "hostighad@" (así en plan hippi o dobre xénero).
Non fode quen quere senón quen pode
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA06-03-2011
Que fodo salta á vista: o tema é Libia e Gadafi e ti comezaches poñendo enlaces (a falta de argumentos propios) e remataches conxeturando sobre o teu contrincante dialéctico. :D

Argumentos, argumentos... que é o que lles fode.
Pensamento único
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA06-03-2011
Repito que xa os sabes, responsabilidade crítica (sobre todo no tempo), menos moverse por arengas persoais e menos tirar do stablishement... Fronte común ante o Imperio ( o ideal pero ben utópico arestora: América Latina, Rusia, China, Corea do Norte, demáis países non alinieados en sentido estricto como a propia Libia, Irán,...) que é o máximo xenocida e despois xa nos tiraremos dos pelos que xa sabemos que hai moito que corrixir por aí... Seghindo, a grosso modo, o modelo cubano a poder ser pero sendo conscientes que cada territorio ten as súas especificidades, moi profundas...

http://www.youtube.com/watch?v=qoRfzohG5aM

Ten que caer: http://www.youtube.com/watch?v=cHFSdTPv_dE&feature=related

"Una gran innoransia..."
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA06-03-2011
http://www.larepublica.es/spip.php?article23421
Oxalá lles parasen os pés
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA07-03-2011
A ver, céntrate!. Arengas persoais? Isto é un debate sobre Libia nun foro de internet, repasando as miñas intervencións non vexo personalismo ningún, creo que a túa falla de perspectiva é global.

Que fronte común ante o Imperio? Defendendo a asasinos financiadores de guerras e nenos soldado? Síntoo mais nunca será esa a miña causa. Aquí olvidámonos do elemental, das persoas, en pró de maniqueismos infantis... ti sabes o que foron Uganda ou Serra Leona, animal?

Dende logo, é de traca vervos algúns de vós falando de memoria histórica e de franquismo (conste en acta que me parece moi necesario non esquencer) pero mirades pra outro lado cando os mortos non vos conveñen.

Irán: Un país teocrático, integrista, no que ser muller é unha tortura ou no que ser homosexual lévate a morte... recoméndoche que leas un libro chamado Persépolis. Válenche cousas que eu na vida pasaría por alto só porque están contra o Imperio.

Corea do Norte: Onde a xente morre de fame, o sistema sanitario dá medo e o cargo de "mi querido lider" se herda de pais a fillos, amais de que non se pode abri-la boca. Iso defendes?

China: Un país abrazado ó capitalismo, no que campan as mafias, no que as condicións de traballo rozan a escravitude, que reprime ó Tibet e no que ti máis eu non estaríamos discutindo isto porque internet está controlado. Por certo que China mirou ó Magreb: cando as barbas do teu veciño vexas cortar...

http://www.gara.net/azkenak/03/251995/es/Wen-Jiabao-promete-mejoras-para-frenar-descontento-social

Fálame de Suecia (que tampouco é perfecta) na que a corrupción é prácticamente inexistente e duramente penada; na que se aboliu a prostitución cuns resultados asombrosamente positivos; que é tremendamente ecolóxica; na que a educación é pública, gratuíta e de calidade ou na que tes a baixa de maternidade máis alta de Europa entre moitas outras cousas.

Repito: todos iguais, vós incluídos.
Falar é ghratis
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA07-03-2011
que maneira de botar por fóra, descansa anda, xa me cansei...

P.D: Si vamos pedirlle axuda a Suecia, ós que lle dan premios un ano tras outro a mercenarios como o Fariñas no canto de darllo por alghunha vez a un saharaui... Sabes como se chama iso? colaboracionismo, o mesmo que ti fas, deica outra.
ora et colabora
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA07-03-2011
Xa dixen que Suecia era imperfecta mais polo menos non ten un dirixente coma Gadafi e as condicións de vida son moi superiores a eses países que ti pos coma exemplos a seghir :D

PD: Opérate e vai pra Irán, a ver que tal se vive ;)
Sen principios
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA07-03-2011
Exemplos a seghir???? Ou estás de coña ou non te enteras de nada... Falei dunha fronte de paises que non sighan, grosso modo, en maís ou menos gradación, as pautas do imperio. Fasme un relatorio aí (mexando fóra do tiesto con Corea do Norte) como se non se soubese o que hai neses paises. Seghundo ti aghora quéresme facer abandeirado da revolución islámica pra lexitimar os teus comentarios pro-ianquis, virachaquetís e moi logho filo-reaccionarios. Pero eu fáloche dunha fronte pra irlle quitando dominio ó Imperio... Suecia é un peón do Imperio e coma tal irá recurtando dereitos sociais porque o sistema llo esixe pra subsistir ata que rebente.

http://www.cubadebate.cu/noticias/2011/03/07/el-socialismo-puede-funcionar-con-un-sentido-humanitario-afirma-sean-penn-fotos-y-video/

Giro al infierno
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA09-03-2011
Si, claro... unha fronte común ante o Imperio cagándome nos meus propios ideais e reivindicacións. Agora mesmiño me vou coller do ghanchete de machistas, extremistas islámicos, explotadores, financiadores de guerras civís, opresores de minorías étnicas, etc.

Todo aquel que se digha socialista, comunista ou anti ianquie, xa se volve santo e se lle perdoan as penas ;)
Tes rasón
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA09-03-2011
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=123784
Aquí el hombre
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA12-03-2011
http://frentepopular.gl/?p=555
Un hombre del Partido
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA13-03-2011
http://frentepopular.gl/?p=555

http://estoutrasnotaspoliticas.blogspot.com/2011/03/video-soldados-libios-executados-polos.html
Máis (non teñen desperdicio)
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA19-03-2011
http://www.odiario.info/?p=2004
Gholpe de estado en Libia e vindeira intervención imperialista militar
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA19-03-2011
http://jmalvarezblog.blogspot.com/2011/03/ahora-si-vamos-ver-bombardeos-aereos.html
agora si que imos ver bombardeos de civís coa bendición da ONU
RE: O MORRAZO A PROL DA SOBERANíA DE LIBIA22-03-2011
Podes poñe-los enlaces que queiras daquí ó xuízo final. O tema é que estar en contra desta guerra (como é o meu caso) non significa ser progadafi e defendelo a calqueira prezo, coma fixeches ti.
ensaio sobre a cegueira
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados