Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
essay on solitude
Indispensables
Donde ...
Guia
O PP QUERE DAR VíA LíBRE AS INFRACCIóNS URBANíSTICAS EN MOAñA17-02-2011

O Partido Papular de Moaña ven de poñer a andar unha campaña en contra da legalidade urbanística no concello de Moaña, coa difusión de pasquíns que pretenden denunciar as actuacións da Concellería de Urbanismo en materia de inspección e sanción de infraccións urbánisticas. Según o presidente do PP local, estase a producir demasiado control sobre a actividade urbanística en Moaña, e sobre todo, estase sendo demasiado estricto na aplicación da legalidade, e según afirma “O goberno BNG-PSOE foi o primeiro en aplicar sancións coercitivas en Moaña” ¿quere decir que durante o goberno do PP non se produciu ningún tipo de sanción? ¿a caso non se cometeron irregularidades urbanísticas? Preguntámonos cal é a súa proposta en materia de urbanismo cara as vindeiras eleccións, ¿aplicarán a política do “todo vale” e se pode negociar?
Por último, fan un chamamento a todas aquelas persoas expedientadas ou sancionadas para que se acheguen a súa oficina de asesoramento para protestar.
Dende o BNG queremos aclarar os seguintes aspectos:
1º-A sanción ou multa coercitiva prodúcese cando a infracción non é subsanada en tempo e forma indicada no expediente de infracción. É decir, que se non se procede a reposición da legalidade é cando se emite a sanción.
2º-Os expedientes sancionadores non son “caprichos” do delegado de Urbanismo, senón que parten dos informes técnicos do persoal do Dpto. de Urbanismo, e sempre están fundamentados na LOUGA (Lei aprobada polo PP, Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.), e sobre a obxectividade destes informes non caben “negociacións”.
3º- A aplicación da normativa urbanística debe ser respectada por todos e todas os/as veciños/as, e para que isto sexa así , os técnicos do departamento de urbanismo deben poder traballar de xeito obxectivo e sen coaccións políticas de ningún tipo. ¿Que opinan de que un Concelleiro, Deputado Autonómico, e candidato a alcaldía dentro duns meses, cuestione o seu traballo?
O PP está acostumado a “negociar” sobre cuestións legais, pero en materia de Urbanismo os informes técnicos marcan se algo é legal ou non o é, e non hai termos medios. O BNG manterase sempre dentro do marco da legalidade.
José Fervenza anima a todas estas persoas, que non aceptaron as reposicións da legalidade a “denunciar” ¿a quen? ¿a que?¿o que?, non se sabe ben que pretenden decir, e outra das “ocorrencias” as que nos ten acostumado o PP nos últimos tempos con fins de enlamar a vida municipal.
É escandaloso que ocorran estes feitos, e que o PP actúe de xeito contrario a lei, Fervenza debe ser o primeiro político do País que pide públicamente que non se respete a legalidade urbanística dun concello, todo un exemplo de quen non debe chegar nunca a gobernar o noso concello.

O SINIOR AFRANIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PP QUERE DAR VíA LíBRE AS INFRACCIóNS URBANíSTICAS EN MOAñA18-02-2011
AFRANIO querido ¿onde anduveche? Foche ao sur a convención do PSOE ou que?????

Cuanto tu vas.... yo vengo de allí....
Anda anda, repara os forons antiguos que ese que ti queres abrir xa se debatiu e xa quedou VISTO PARA SENTENCIA....

Andades apapostiados....
gaviota
RE: O PP QUERE DAR VíA LíBRE AS INFRACCIóNS URBANíSTICAS EN MOAñA18-02-2011
ben, hai que recordar que según que expedientes, si cabe o olvido, o retraso ou ben o enterro en caixóns profundos...
pois hai cousas que valen
RE: O PP QUERE DAR VíA LíBRE AS INFRACCIóNS URBANíSTICAS EN MOAñA18-02-2011
a via libre a construcion deulla millan , pastoriza , e euloxio , o baixar os pantalons no tema da cruz da maceira , e no pelotazo de albariños , sin esquecer o dexastre de domaio , gracias a todos .
o can
RE: O PP QUERE DAR VíA LíBRE AS INFRACCIóNS URBANíSTICAS EN MOAñA18-02-2011
LO que pasa es que parece que las leyes no sonn para los mismos, es decir, que algunos tienen el expediente escondido en algun cajon y a otros les da para adelante a toda costa, es decir segun su color politico. Si hacen alguna obra un vecino y tiene que retirar que lo haga y que no se haga el avion y que el inspetor de urbanismo no se este tan sentado y que trabaje mas .
persefone
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados