Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)14-02-2011
Haz click para ampliar Moi recomendábel o artigho da páxina "España pra que?" sobre a problemática de Massó e as inxerencias do BNG. Aquí tedes un extracto e en Ampliar Datos o enlace ó artigho enteiro.

"Dende o BNG sempre se repetiu coma un mantra a tese artellada pola alcaldesa de que o Concello carece de competencias pra paraliza-la obra. Entendo que dende a militancia se quixese crer cegamente nesta tese da "incapacidade", é difícil asumir que falta valentía política ou que quizais haxa intereses a maiores. Sempre resulta mellor pensar que o PP ten a culpa de todo neste mundo e aínda que o xérmolo do conflicto fose cousa dos populares a realidade é que Clara si pode paralizar e non o fai. Así o declarou este setembro o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra ó considerar que as obras do porto deportivo precisan de licenza municipal tal como viña sinalando insistentemente o Foro Social, a Confraría de Pescadores San Xosé, o naquela altura concelleiro de Urbanismo Mariano Abalo e o propio José Enrique Sotelo, botándolle papo, dende o PP."
>> Ampliar datos E ti, vas votar ó BNG???


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)14-02-2011
machiño compra un teclado que non se che entende nadiña
Keyboard
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)14-02-2011
Le o artigo e rematas antes
Non é por nada
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)14-02-2011
eu xa cho digo ben claro e alto eu non voto o BNG por min xa podian desaperecer do mapa mañan esta pandilla de pijos que van de progres e de ways, dan puto noxo, si nos piñan uns anos atras andariamos a patadas con eles pola rua
lp
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
quedaron mudos os do BNG que bo artigo
jojojo
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
mais eu pensar que estar en portujal
portujalradikal
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
Salsa Rosa con vinajre a maso.
Calumnias, difamacións, mentiras e medias verdades iso é o único que se ve neste seudoartigo.
Pretende ser serio un personaxe que fala de que Caixanova dalle cartos ó Bloque para os centros galegos en América. Ja, ja, ja. Que chiste.
Difamades sen aportar proba algunha, iso é denunciable e non sei a qué están agardando para facelo. Apoiándose en difamacións de Sotelo construídes un castelo de area enmerdando a todo o mundo e sen aportar unha sóa proba das vosas iluminacións paranoico-financeiras.
Por non falar dos intentos desesperados por dividir ó BNG que é o único que fixo Manito (ese ser divino, puro, cristalino, pacífico, cheo de amor ó BNG) nestes catro anos.
E o máis importante, hai un informe da Secretaría do Concello que dí moi claramente que a alcaldesa non ten competencias. Iso vai a misa, o resto son desexos, vontade de impoñer e miserias, que diso tedes moito.
A estudar iluminados.
Iluminación Mariana
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
É moi fácil gobernar con informes amañados. No famoso informe da secretaria, cando cita a lexislación aplicable "esquece" a lei 48/2003 de portos, fundamental dende calquera punto de vista, e pretende argumentar que o concello xa informou sobre estas obras no pleno do 5 de marzo de 2001, cando o que se acordou nese pleno foi: "Informar favorablemente a proposta de Plan de Usos, baixo a condición de que se formule xunto ao Plan Xeral actualmente en fase de avance, un Plan Especial que garanta a eficiente explotación do espazo portuario, o seu desenvolvemento e a súa conexión cos sistemas xerais de transporte terrestre que prevexa o PXOM"

Ou sexa, informouse unha proposta de Plan de Usos que nunca chegou a aprobarse (aínda non existe Plan de Usos) e a condición de que se redactara un Plan Especial nunca se cumpríu.

Isto se chama un informe a medida para sair do paso, e de feito esta señora está agora no concello de Vigo redactando informes para paralizar a fonte cibernética, a pescadoteca e non sei que cousas máis por falta de licencia municipal.

Pero tranquilos, seguro que sempre teredes un grupiño de fanáticos capaces de crer que o branco é negro.
morreron coas botas postas
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
keyboard, cando puxen a denuncia aquí liase ben. Foi en cuestión de horas que se puxo así porque eu o relín nesta mesma páxina e non tiña esas deficiencias tipográficas. De tódolos xeitos o que interesa está no enlace de Ampliar Datos.
E o artigho, ghustouche???
E ti, vas votar ó BNG?
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
Iluminación Mariana, entón como todo son difamacións e constructos sen probas basadas en declaracións fortuítas de Sotelo (que aburridos en vincular ós que vos responden co PP) supoño que xa denunciariades a Sotelo, debe estar tremendo.... Por certo o tipo ese que lle foi pedi-los 30.000 euros ó concelleiro de xuventude e que logo acusastes de agresións ese tamén tiña o carné do PP, non é?
Non vos salva nin Cristo
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
en ocasiones... miro peperos...
el sexto sendido del bng
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
Imos ver Iluminación Mariana, ti me falas de seriedade? ¿Ti que lle estás a dar máis valor ó informe realizado por unha funcionaria calquera do concello (a sacretaria) que ó que dictaminou recentemente o xulgado nº1 de Pontevedra? Mírao se non o cres:

http://tinyurl.com/48kaotp

As miñas "iluminacións paranóico-financieiras" como ti as chamas, son de carácter público así que podes comprobalas en:

caixanova.es → Responsavilidade Social Corporativa → Informe anual → páxinas 243 e 244

A ver con que te cres que vos financiades as boberías. E respecto a que non aporto nin unha sola proba vouche explicar unha cousa sinxela pero que igual se che escapou; esas partes do texto que ves de cor azul son enlaces onde podes verificar que o que digo é completamente certo, a ver se te pensas que non teño máis que facer que inventarme películas.

PD: O que non se pode é ser máis papista que o Papa.
España? Pra que?!
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
Responsabilidade quería dicir e denuncia cando queiras que aquí espero ;-)
España? Pra que?!
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
Informes á medida, artigos á medida, os catro que van de coerentes e integros e so teñen un fin común, que desapareza o bng, o mesmo fin que tivo Mariano no seu día cando o mandaron fora, o mesmo que sigue tendo desde fai anos, so teñen un enemigo, o bng e así seguirán facendo a sua campaña para que gañe o pp e poder seguir na eterna oposición que é o que sabe facer. Por iso sotelo e cia están tan contentos e despois de 4 anos desfacendo se poñen a traballar na precampaña coas promesas cos agasallos de cartos por todas partes, saben que contan con outros que lle fan o traballo sucio, aquí non aparecen maís que os que odian ao bng tanto dun lado coma de outro. Todos contra o bng ese é o lema de todos estes últimos post, en Cangas polo que se ve tedes varios frentes: pp + ace contra bng, o sr. Faro + bng contra sotelo, psoe contra todos, e no medio a xente de Cangas que baila dun lado a outro según lles chove, por algo din que sodes un pobo ingobernable, cando rematedes quedaremos os do lado para repartir territorio que a este paso será moi pronto jajajajaja
Sempre igual en Cangas
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
O BNG con xente como Clara xa se arregla bastante ben para que desapareza o BNG e toda unha etapa de loita nacionalista. Que sexa o antes posible, canto menos vulto máis claridade.
this is the end
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
O que esquece o artigo é que o 20 de xaneiro de 2007 Clara Millén foi elixida como Secretaria de Finanzas da Executiva Nacional do BNG e que as súas primeiras declaracións foron: “Procuraremos que o BNG teña unhas finanzas saneadas, capaces de cobrir as necesidades a nivel nacional e comarcal e os retos que nos esperan, como as campañas electorais.” - BE-NE-GA ao día. nº 21.

Con isto, a débeda do BNG con Caixanova e o 50% de participación de esta en Marina Atlántica pouco máis hai que explicar.
auga da fonte
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
E pensades que os demais van a escurrir o bulto? ja ja. Xa me estarei rindo dentro duns meses do que tanto criticaban....esto é un sacate de ahí e ponme a min.¡¡¡¡¡¡Aqui el que no corre vuela!!!!!! que todos son unha pandilla de interesados para o propio e non para o público como nos queren facer ver.
Cheira a podrido e os que queren repetir , mais todavia.
un daquí
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)15-02-2011
¡Cuan gritos esos malditos!
¡ladran, luego cabalgamos!

Ó final vésevos o plumeiro. A proba de que o Bloque avanza é o empeño que poñedes en tumbalo.
Adiante xa co BNG.
¡Cuan gritos esos malditos!
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
e este necio?
Clarita vende Massó
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
Cabalgar, cabalgaredes pero polo de agora non vin a ningún de vós rebatir o artigo. As verdades doen non é? A seguuir de víctimas que así se fai política:

http://www.youtube.com/watch?v=BK1pZE5QlzU
Non hai peor cego que o que non quere ver
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
Tiña pensado non votar a NINGEN de eses impresentables que se presentan a alcaldia de Cangas pero vendo os comentarios demonizando a os do BNG que non son da miña devocion, estou pensando en votar a Clarita, porque ninguen dos outros e un pouquiño millor que ela.
fidel castro
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
E a túa intención de voto que ten que ver co artigo que se debate? podes aportar algo ó respecto?
Digo eu
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
Agora xa somos o ladrillo non o Bloque (foi a metamorfose) jajajajaja pero que tola estou xá non sei o que dijo jajajajaja semos los mejores efica$icacia é Onrrade$$$$$$.
clarita vende masso
16-02-2011
El mensaje ha sido editado por el administrador del foro.
Se puede participar del debate guardando un mínimo respeto.
un mais
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
Para un mais: Non habia pensado en ti, pero si te das a coñecer, seguro que o meu voto levalo.
fidel castro
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
En resposta a pregunta do Nick que colgou este artigo amañadiño polo que escribe é: Si eu voto BNG
Resposta o Nick
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
Eu si teño resposta ao que abriu o link. E é esta:

E ti vas a votar ao partido que máis xente enchufou no concello, por riba do Partido Popular do señor Sotelo?
E ti vas a votar aos que non condenan os atentados de ETA?
E ti vas a votar a aqueles que non fixeron nada de nada nas súas áreas de goberno?
E ti vas a votar a un partido que conta nas suas filas con unha das personas que máis se enriqueceu de todo o pobo grazas A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA?
E ti vas a votar por un partido que leva de concelleiro de cultura a unha persoa que se a sacas do teatro xa non sabe de que falar?
E ti vas a votar a uns políticos que se opuxeron a construcción dunha via rápida pola que eles circulan cando van a Vigo?
E ti vas a votar por un partido que é un dos grandes culpables da grave situación económica do concello de Cangas?

Eu non, grazas. ¡ Hai que botalos!

eu non,
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)16-02-2011
E a ti quen che dixo que a pesoa que escribiu o artigo vaia votar ese partido? Non fai falla que te xustifiques que me importa bastante pouco se non tes capacidade crítica.

Que unha persoa critique a Clara Millán non significa necesariemente que lle coma o carallo a Abalo ou a Sotelo que moi mala manía hai neste foro de defender ó "propio candidato" sen importar que cometa auténticas cagadas e que traizoe ó electorado.

Da túa parte só vexo aseveracións, algunhas delas que non sei se podes probar ou non, pero ningunha aportación respecto ó tema. (Nembargante si vexo que no artigo todo está debidamente reseñado. Se te queres xustificar é porque recoñeces que non se actuou neste aspecto como se debera, con iso xa me chega.
Saude democrática e criterio, aínda que só sexa un día
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)17-02-2011
Especulación urbanística... iso é moi interesante, danos máis detalles que imos montar un Gürtel aquí en Cangas. Seguro que hai compra a baixo prezo, tráfico de influencias, cohecho, prevaricación, algunha recualificación amañada, e case seguro fraude fiscal.. Non deixes pasar esta oportunidade de afundir dunha vez por todas a candidatura de ACE
eu tamén quero saber
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)17-02-2011
A min non me gusta especular é preferible basearse en feitos probados e que fale a hemeroteca. Vexo que sodes incapaces de desmentir nin un só punto dese artigo, iso está ben sabelo ;)
Fuxida cara adiante
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)17-02-2011
muahahahá!!! q pena dan...
o fillo de Beiras xa rompeu o carnet e o pai debe estar que se tira dos pelos....
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)18-02-2011
Aquí pódese ler un artigo moi interesante vido do propio BNG (crítico) e previo ó aquí publicado. Aínda non se producira a sentenza que confirmaba que Clara si podía proceder á paralización, aínda así está moi ben.

http://www.iscagz.org/sobre-o-porto-desportivo-de-masso-ou-a-reganosa-do-sul/
Zas, en toda la boca!
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)18-02-2011
BNG seres despreciables
que falta de vergonza
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)18-02-2011
O artigo da Reganosa do Sul non está mal, pero deixa muita marxe de dúbida no tema legal, cando a situación é moito máis clara: Non hai soporte de planificación para o proxecto especulativo de Massó, nin plan de usos, nin plan especial, nin plan xeral, e a sentencia do TSXG non é máis que un triste e evidente exemplo de cómo a xustiza amaña argumentacións imposibles cando interesa.

Moi probablemente a sentenza do Supremo será totalmente oposta, como xa ocorreu no caso do porto de Marin.

E no eido municipal chega con ler o informe da segretaria argumentando a imposibilidade de paralización para darse conta de que é un informe á medida e de argumentación enganosa: http://cangasnonsevende.org/docs/20080324secretaria02.pdf e http://cangasnonsevende.org/docs/20010305concello.pdf

Pero o que no artigo chámase cobardía política, e que para muitos de nós é simple venda ao capital, está moi ben expresado, e non soamente referido á Clara Millán, senón á propia executiva nacional do BNG.
lisca!
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)18-02-2011
Lisca, os favores páganse, informe tan a medida, que está de secretaria no Concello de Vigo, en Vigo goberna PSOE e BNG...
intereses
RE: MASSó OU O CABALO DE TROIA (TRAXEDIA EN TRES ACTOS)02-03-2011
De que van os do bloque din que en moaña fervenza emporcalla as calles e eles que permiten os cabalos atados a paradas de bus cagando para eles posto que lo permiten e deixar mexar fora dos bares po la rua a ver agora quen son mais pocos se os do bloque non tendes nen vergoña permitir moitas cousas que pasan en moaña eles xunto coa policia local son os culpables de moitos feitos que estan ocurrindo e non pensan meterlle man por que non valen para estar no goberno
JALOU
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados