Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Haz click para ampliar bueno xa sabemos que anton pirulero vai a pasar a ser menbro do club da comedia, eu ainda me sigo reiendo da sua frase que en cangas gobernara o BNG ou o PP. estes ainda pensan que teñen algunha posibilidade.... jajajaja, sal a rua antonxiño e veras o noxo que dades en cangas, vai buscando un curre anton que se che acabou a bicoca ¡¡carota!!
bbbbb


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
eu quero mirar que nes son os que van a ir os mitines de clarita e compañia, eu polo menos si que vou a ir pero para chamarlle vendidos sinvergonzas e caciques
que se vaian
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Paraestas municipais presentanse 5 candidaturas e as cinco repiten, ou iso é o que parece, e de momento ningunha destas formacións, cando gobernaron no seu momento, non demostraron na para o pobo. Só están a loitar entre eles por beneficio propio ou do seu partido.
Abalo sigue anclado no pasado, non evoluciona, pero é coherente co que pensa, sempre o foi pero dende o meu punto de vista non arregla os problemas dos veciños que é o que necesitamos.
A Clara colleuna o Toro da crise e a deuda Caliquiana, enorme a cambio de nada. É boa política pero as circunstáncias e o querer sacar tallada de Masso, complicoulle a vida.
Sotelo quer repetir para recoller o sembrado fai seis anos co tema do Marquesado de Aldan, ainda que o que toca é que o fixeran responsable da deuda a que nos ten sometidos para beneficio propio. En calquer outro ámbito social xa estaría na cadea, pero os políticos é o que teñen, estan protexidos.
Otero, licenciado en ciencias políticas, deu a demostrar a súa falta de experiencia, cousa que o salva por que despois deste catro anos supoño que aprendería dabondo para saber donde pisar.
E por último Nardito. Home que queres, e can vello pero as maneiras pódenlle e as venganzas políticas todavía mais, ainda que iso parece xenético no PP.
Fagan apostas
un daquí
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Iso de que Abalo non soluciona os problemas dos veciños e unha visión moi relativa. Recórdoche, por exemplo, na única ocasión que tivo de ghobernar que foi na Xestora (un meses) quédate co dato que nunca tanto se fixo por Aldán, por poñer un caso, como nesas datas. Nin sequera nas dúas lexislaturas de Sotelo. E estou falando de necesidades básicas, non de obras pra a ghalería, que quede claro.
Por outro lado iso de que non soluciona os problemas dos veciños é produto dunha desinformación absoluta que ti o comentes. Díghono porque non son poucos os que acoden a el a lle pedir auxilio incluso cando non ten un cargho de concelleiro. Existe o caso dunha do PP que nas municipais vota a Abalo pois, farta de roghar ó seu partido favorito e ós outros, tivo que recorrer ó edil frentista e este lle resolveu a papeleta. E ela a el, nunca mellor dito... jejeje
love is in the air
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
PARA UN DA AQUI perdes toda a razon cando dis que clara millan e boa politica, ti en que pobo vivies clara millan e unha desiquilibradamental que non teñen nin puta idea ni de gobernar nin de xestionar nada de nada, e verdade que xa estabamos empufados pero que fixo o BNG seguir empufando e cricificando a todos os veciños que os critican, clara millan xose xuan, oliver merchi, oscar graña, antoñito .... entre todos non xuntan nin medio cerebro, TOMARONNOS O PELO e os do PSOE tamen van a pagar o pacto con estes desiquilibrados, resumindo grazas a estes iluminados o PP vai sacar unha clara maioria,, o pobo esta moi mosqueado con estes inutiles que en catro anos o unico que fixeron foi arruinar o pouco que tiñamos e sair nas fotos do farol de vigo
me parto y me mondo
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
MENUDO secretario jajajjajajajaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
xa se che acba lambón.
antonsiño probiño
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Eu non intento iluminar a ninguen, solo estou dando a miña opinión da situación. Evidentemente non vou saber todo o que pasa no pobo posto que non son nin periodista, nin historiador, e o relacionado co que lle pasa a outras persoas, algunas seinas e outras non.
A miña experiencia de necesidades dentro do concello tampouco mas resolveu Abalo despois de falar con él.
Pasar de todo, facer ou non facer, depende dos réditos que se obteñan, como parece que lle ocurriu a Abalo mais a do PP. Podemos falar dunha Simbiosis.
Polo que vexo aqui todolos comentarios sonche moi partidistas,¿recaditos? para os da oposición.
Seguide así que dí moito da tacha moral que teñen os políticos deste pobo.
Para todos que vos escondedes nun nick cambiante faltando aos demáis, ¿pensades que nos vades canbiar o noso voto falando como falades?
un daqui
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
eu non faltei a ninghén, só dixen o que hai, e garantízoche, podes preguntarlle á webmaster, que só escribin con este nick. Limiteime a che dicir falando dende a miña experiencia, e claro que todos temos inclinacións, só faltaría, e eu xa deixei claro cales eran as miñas, non é ningun segredo. Só precisei o que ti apuntabas.
love is in the air
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Por favor, que ninguen se dea por aludido
un daqui
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Ah non, que va, lanzas unha acusación e ó carallo. eu só deixo claro tamén isto, este é o meu nick e aqui estou pro que queiras
love is in the air
RE: ANTON PIRULERO INFORMA13-02-2011
Excusa non petita acusatione manifesta
un daquí
RE: ANTON PIRULERO INFORMA14-02-2011
Que Marino é un gran político so hai que preguntarllo a toda a tropa que enchufou no Concello. todos eles son uns grandes profesionais, que cumpren co seu traballo, teñen titulación e case nunca botan 2 horas no café.
enchúfame a min
RE: ANTON PIRULERO INFORMA14-02-2011
Excusatio non petita accusatio manifesta
puntualizatio
RE: ANTON PIRULERO INFORMA14-02-2011
Os de ACE xestionan de carallo, o único que xestionan son os inumerables enchufados que colaron no concello. Porque o que é o urbanismo, a etapa de Mariano pasará á historia como a parálise total e absoluta. E non contento con iso tamén denunciou á Comisión de Goberno do que formaba parte polo Plan de Actuación nº 5 de Altamira.
¿E que me podedes dicir da xestión de Pazos? ¿Cantos cartos se botaron pola borda?
E para recordarlle ó doutor amor (o do Love is in the air) que Mariano formou parte do cuatripartito que presidiu Euloxio. E non se lle recorda aportación algunha á gobernabilidade do pobo.
Sodes o cancro do concello, con vos o único que é seguro é o non.
O voso paso polo goberno é un exercicio de equilibro precario, vos non gobernades porque gobernar é xestionar e iso nin sabedes nin queredes saber, vos facedes oposición á oposición e así nos vai.
Mercade unha illa e gobernadea asambleariamente e matádevos entre vos pero os demais non temos que aguantar a catro gatos (500 votos) que se cren con dereito a paralizarnos a todos.
Asiendo méritos
RE: ANTON PIRULERO INFORMA14-02-2011
Para o iluminado que escribiu diante miña: Mira compañeiro benejetas, vale que mariano, pazos e compañía non son a hostia en verso, claro que non. Pero o problema é que clarita, graña, jose juan e compaña son o máis lamentable que pasou nunca polo concello. Chulería, agresividade cos débiles, incompetencia, lacazanería...Pero de que vamos? A que hora entran os concelleiros do bloque no concello? Que días está jose juan a traballar no concello? Que fai graña? Óliver existe ou é só unha cara de pena que asiste aos plenos? E merchi? vaia concelleira de cultura que temos! ao nivel da alba cordeiro, vaia. Iso sen falar do esperpento que levastes no número 3 da vosa lista e agora temos que aturar todos. E por desgraza, a partir de maio cacique para todos!! MOITO OBRIGADO, BNG. O peor é que a clarita a sacan de cangas cagando hoxtias os compis do partido e o resto de pimpíns quedarán aquí a velas vir...
Asienda comentada
RE: ANTON PIRULERO INFORMA14-02-2011
Non podo estar máis de acordo contigo. Me alegro de que te des conta de que os actuales concelleiros son pesimos xestores, pero tamén de que Maruchi, Pazos e Manito son igual que incompetentes.
Agora ben. Se é así. ¿Por qué os segues botando? Porque non o fas en branco. Se ningún cangués botara a ACE, PSOE, BNG e PP estou convencido de que os alcaldables de agora marcharían. Bota en branco
Para Asienda comentada
RE: ANTON PIRULERO INFORMA14-02-2011
O mellor que se podía facer co urbanismo de Cangas era paralo en seco, e Abalo aínda se quedou corto.

Ladrillo enriba das veijas, dos ríos, dos penedos do mar, enriba das leis e para alimentar a catro lobeóns.

E para que eses lobeóns se poñan as botas, os demáis temos que pagar o asfaltado das rúas, a electricidade das farolas, o saneamento, as beirarúas e os buses dos nenos. O que lle parece marabilloso ao alcalde de turno para encher as arcas e poder facer obras de pantalla, co tempo só xera máis gastos para os demáis. E habendo miles de pisos baleiros.

Hoxe mirei unha obra nova na rúa atranco, aínda hai valientes que lles da igual que ao lado mesmo haxa edificios case enteiros sen vender. O muito carto nejro que blanquear. Tamén pode ser que NoCaGa pense que a mellor saída da situación desesperada na que está sexa a fuxida cara adiante: MAIS LADRILLO e morrer matando
dereito a vivenda digna
RE: ANTON PIRULERO INFORMA15-02-2011
en non topei a ninguen en cangas que me fale ben do BNG non sendo os que van o pleno a lamerlle o cu a clarita resumindo os da familia e os seus enchufados
xa apestas
RE: ANTON PIRULERO INFORMA15-02-2011
mirando o secretario que teñen xa te podes imaginar o panorama os mais tontos do pobo pero con diferencia, que non se enteran de nada iso si prepotencia lles sobra os julais do BNG
victoria
RE: ANTON PIRULERO INFORMA15-02-2011
Panda de indocumentados, eu nin vou ós Plenos, nin son da familia de ningún concelleiro, nin me enchufaron en ningures. Outros non poden dicir o mesmo. De estómagos agradecidos está cheo a secta autodestructiva de ACE. O que si teño son estudos universitarios, eses que se botan de menos na masa sumisa e indocumentada de adoradores marianos. Ide a estudar a ver se tirades algo en limpo, porque a vosa análise da realidade está moi distorsionada. E por certo aínda estou agardando que vaiades a manifestarvos a onde correspondería. Ide a tocar os collóns á Autoridade Portuaria de Vigo que é quen ten as competencias. Indocumentados a estudar.
Iluminame Marianito
RE: ANTON PIRULERO INFORMA15-02-2011
cuñao non te alporices, e lembra que os títulos queren dicir que sabes usar as ferramentas, pero non que as utilices ben
hipócrates
RE: ANTON PIRULERO INFORMA15-02-2011
Por estes comentarios coñecedes os nomes dos concelleiros do bng, iso quere decir que algo farían algúns/as maís que outros e teño moi claro que algún/a si o curra pero está baixo un mando que non deixa que se miren moito non vaia ser, pero teñen o respeto de moitos que saben o que ai.
O resto nin se lles coñece, nin se sabe quenes son, pasan polo concello coma zombies e desaparecen en canto saen outras eleccións, salvo dous ou tres nomes algún se lembra de que fixeron e como se chamaban os concelleiros que tiña o pp antes?, pois eran 11 e ningún valía nada, e os que están agora? ni un duro por ningún. E que fixeron os do psoe aparte de protestar e querer figurar? e cal foi o traballo dos de ace? as manis?
Se creedes que mudaredes opinións por tanto lixo que largades andades moi errados, so cambian de chaqueta os que non teñen nin idea e tanto lles ten o que pase, a maioría da poboación, pero o resto sabemos moi ben por onde anda cada quen.
A ver si vos cae algún votiño de rebote
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados