Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?12-02-2011
Quero denunciar a propaganda enganosa de Frvenza estes días polas casas. Fala de moitas tonterias pero quero que alguen me responda a unha pregunta. Parece que según o PP ninguen de Moaña vai pagar o novo imposto da auga, pero según o que se le noutras fontes si que temos que pagar. Eu pregunto , se ninguén vai pagar ¿quen son os que van pagar a auga entón?¿pa que crean un imposto co que ninguén vai ter que pagar nada? Estou agardando unha resposta convincente, porque a min o que me cheira e que imos ter que pagar todos, por h ou po b, é mais, creo que se vai crear un lio tremendo, porque ainda por riba, pode darse que dous veciños teñan que pagar taxas diferentes, a ver como explican iso, que uns paguen mais e outros menos por nada. En fin, a ver, que alguen me diga quen ten que pagar, porque segun Fervenza queda claro que TODOS non temos que pagar nada.
Dudoso


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?12-02-2011
Cal é a diferencia entre comunnidade de usuarios de pozos particulares, e traídas veciñais para usos domsticos? Non sei cal é o meu caso. Somos un grupo de veciños que nos surtimos dun lago veciñal. E non entendo o de que o 30% imos pagar menos, eu so pago o mantemento da rede ¿vai haber bonificacións ou axudas para as traidas ?
Mais dúbidas
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?12-02-2011
A verdá é que non me enterei mui ben do que dixo Fervenza, pero entendo que en Moaña él chama a non pagar un novo imposto sobre a auga, pero ¿non é o PP da Xunta o que puso o novo imposto?, non entendo nada. E non é broma, gustaríame que alguén me pusera un pouco ó día
despistado
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?12-02-2011
fervensa en epoca electoral é como un cadelo en celo, non se lle pode facer ningun caso, xa minte dende sempre pero agora o que fai non ten nome, contradicese hasta a si mesmo, onte saia decindo que o problema da subestación foi por que os gobernantes de moaña non falaron cos veciños cousa que el si fara, e o mesmo tempo firmaq un acordo con fenosa mediante o cal lle entrega os montes veciñais para un parque eolico e non fala cos comuneiros a ver que lles parece, asi é fervenza
pepero nunca mais
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?13-02-2011
Emocióname a xenerosidade de Fervenza, ¡mira que regalarlle un monte comunal a Fenosa!.
¡¡Un Santo!, éste home é un santo, e lévanos a todos polo camiño do progreso.
Entre o parque eólico e o polígono "industrila" de Castiñeiras imos a ter que contratar "pateiras" para traer man de obra de outros países.
Ijual veñen os mozos alemáns e ingleses a traballar aquí...con tanta fartura de Fervenza.
Tira-puxa
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?13-02-2011
Isto trae unha mala sensación, desas tipo ´multa do radar de tráfico, cando pasas un radar e viches un flash, e mecajo na¡¡¡, que habia que ir a 100 e ías a 101, e non sabes se o flash era por ti ou polo jicho que che pasou mangado, pero bueno, agardas a que che cheje a receta, porque ainda que o "amigo" Fervenza che diga que estés tranquilo que non che vai chegar receita, o seu xefe Feijoo xa dixo que había para todo dios receita, mais grande ou mais pequena, e os que temos augas de pozo ou traida, sabemos que "ímos a 101", e as receitas esas sempre chegan. En fin, que alá por Xuño... imos quedra flasheados.
Farmacéutico
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?13-02-2011
a xunta do PP no puxo un novo imposto, quen vos informou está mal, so se lle cambia de nome por asi decilo, eliminan un e poñen outro mais coherente coa realidade, ou será que ata agora non pagabades pola auga que empregades e por iso andades acojonados.


Esperade e xa comprobaredes quen di a verdade.

gaviota
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?13-02-2011
Pois claro que non pagamos pola auga que consumimos, pagamos os custes da nosas redes, esas que ningún organismo público construiu, ou pensas que sempre tivemos a acualia? A xunta non paga as averías, nin os pozos, nin as redes,nin limpezas, nin embalses... ¿por que lle imos ter que pagar nada se non nos da ningún servizo?
Certo
RE: TEMOS QUE PAGAR OU NON TEMOS QUE PAGAR?14-02-2011
mira gaviotiña cala a boquiña porque a xunta e o teu amigo fervenza non deron explicacions de porque se vai construir unpoligono industrial contra opinion veciñal destruindo un paraxe protexido
suso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados