Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
SUBESTACIóN A CAMBIO DE MOLINILLOS?10-02-2011
Hoxe leín na prensa que xa non van facer subestación en Moaña, que Fervenza "arreglou o tema", pero preocupame o que se di de que xa se buscará unha solución ¿refirese a despois das eleccións municipais? e o peor, entrelese unha cousa embarullada de que non vai a subestación porque queren meter un parque eolico no monte faro de Domaio ¿que hai de certo? ¿que ten que ver unha cousa coa outra? ¿a cambio de cambiar a subestación imos ter que tragar cos molinillos no faro? Agardo mais informacióin ó respecto, pero xa me cheira mal o asunto, mais vale que fervenza saia pronto a clarexar o tema, porque como chanchulleara quitar a subestación de moaña a cambio de chuzarnos molinillos no monte... imos ter que montala.
Duda


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SUBESTACIóN A CAMBIO DE MOLINILLOS?10-02-2011
iso de que levan catro anos xestionando esta saida é unha fervenzada mais, esto e un acordo de ultima hora para que fervenza non saia corrido de abelendo, e non se di nada de que ese acordo supoña que a subestación non se vaia a ubicar perto doutras casas.
por outro lado primeiro os autorizan e declaran ese mamotreto de interese social e logo de xenerarlle un dereito a fenosa teñen que compensalos por renunciar a el hai 4 dias mais tarde, compensacion que saira do noso bolsillo e que non sabemos en que consistira, pero dende logo non vai a ser a conta de destrozar os nosos montes, ahi a vai a cagar fervensiña unha vez mais.
preguntome si non farian todo isto para intranquilizar os veciños e poder quedar logo como caciques heroicos.
juanete
RE: SUBESTACIóN A CAMBIO DE MOLINILLOS?11-02-2011
De vergonza ¡¡¡ Fervenza agora xa non jode a 4 de abelendo, agora quere repartir a "jodienda" entre todos cun parque eólico. Nada, así completamos a desfeita; parque industrial, parque eólico... faltanos o cementerio nuclera e unha xentra termica e xa temos o repoqker de Fervenza. Joder co anano este. Arregla as cousas con perogrulladas. Que conste que el acaba de aceptar un parque eólico, igual que o da fabrica de xeo, igual que o de odontoloxia na casa do mar, igual que un clube de xubilados na lonxa... e o final sempre recuando e culpando os demais das súas meteduras de pata "fervenzadas", e por riba, non develan cal é ese plan máxico para o Morrazo, que debe ser bo cando o manteñen en secreto antes das eleccións, debe ser bo de carallo cando están cagaditos. Pero non nos enganarás Fervenza, ainda que fenosa espere 100 anos a que ti sexa alcalde para poder campar, iso non o van ver nin os teus netos.
Molinete
RE: SUBESTACIóN A CAMBIO DE MOLINILLOS?11-02-2011
Hoxe 11/ 2 / 2011 , eu non teño duda ningunha , esto e unha niticia pepera para deixar pasar as elecions tranquilas , pero estou seguro que o chavolo de penosa vai en trigas , e sinon teremos tempo a falar do tema . A trapallada do parque eolico nas inmediacions de chan da arquiña e un atentado ecoloxico , pero non sei si realmente e un farol , pois os politicos do morrazo estan calados , e tamen as comunidades de monte , que estan perdendo a credibilidade cada dia que pasa , dando apoio a proxetos que deterioran o medio que teñen a obriga de protexer . O puto carto fai que a xente sexa tola .
o can
RE: SUBESTACIóN A CAMBIO DE MOLINILLOS?11-02-2011
O tema dos eólicos ven de bastante atrás, dende a aprobación no 1995 e 1996 de dez plans eólicos empresariais con 3.465 MW posibles en 142 áreas de investigación, estaba Fraga, por suposto, no 2002 aprobouse a modificación do Plan Sectorial Eólico, que deixaba a porta aberta a indeterminados MW que se irían concretando ano a ano, cun obxectivo no 2010 de case 9.000 MW. O Morrazo figuraba xa como área de reserva.

Con este soporte chegáronse aos 2.300 MW instalados no 2008, cando o conselleiro BNG Fernando Blanco pretendeu adxudicar 2.325 MW que se poderían xustificar co plan de Fraga. A adxudicación realizada foi recorrida e o goberno Feijoo voltou a realizar o concurso cos mesmos MW para satisfacer aos seus amigos. No parque do Morrazo saen a subasta 50 MW.

É agora coa resolución de 20 de decembro de 2010 que se adxudican 42 MW (un ventoíño dos grandes anda entre 660KW e 1 MW) á empresa Enel Green Power España, S.L.

O xeito de conceder os parques é malévolo. Non teñen avaliación ambiental estratéxica porque teóricamente se basean nun Plan anterior ao 2006; e son as empresas as que teñen que facer o estudo de impacto ambiental de cada parque para que despois a Xunta emita a declaración de impacto ambiental, que case obrigatoriamente terá que dicir que están ben porque senón tería que indemnizar ás empresas por dereitos adquiridos.
E probablemente tentaran facer ouvidos xordos á clasificación como espazo natural de Montes do Morrazo, como xa están facendo co parque industrial da Maceira que aparece no PXOM de Moaña.

A densidade eólica galega é das máis altas do mundo, con 88 KW/Km2, e os beneficios para os propietarios dos terreos son mínimos, trátase dunha ocupación en toda regra para que unha empresa obteña beneficios practicamente limpos.

Máis info en:
http://www.vieiros.com/columnas/opinion.php?id=582
http://galizanonsevende.org/?p=604
http://galizanonsevende.org/?p=606
nin o vento é noso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados