Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES01-02-2011
Hola, son de cangas e esta tarde pasei por moaña a tomar algo. Vaia sorpresa que levei cando vin toda o trasiego que hai coa piscina municipal, e que xulada de sitio... veña coches e xente de aqui para ala, quedei abraiado.
E aqui en Cangas, que?? A pisina xa esta inagurada pero non funciona nin funcionara este ano e a este ritmo, nunca. Ainda por enriba puseronna nun sitio que manda carallo!! Pode ir un bus ata ali?? Se as pistas de acceso son carreiros!!!
Que envidia da moaña.. que bonita q eres!
Una verdad incomoda


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
A verdade é que Moaña está quedando moi chula. Hai que sentir envexa das cousas ben feitas, e o que se está a facer alí si que o é. Teremos que aprender
dacordo
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
E agora virán as eleccións, e a oposición dirá que todo é un desastre. Os mesmos que votaron en contra da piscina dirán agora que era cousa deles. Pero menos mal que a xente non é cega e ve a realidade, incluso os de Cangas sodes capaces de decilo abertamente (non é por nada, pero sempre temos ese pique). Moaña avanzou estes 4 anos o que tiña que ter avanzado en 20.
Evidente
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
Aqui a piscina está entre a praia de Rodeira e a dos Alemans, non haberá outra en moitos anos.
Lontra
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
Pois vaite a vivir para Moaña
o jalo
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
Preguntalle aos do PP onde están os cartos da piscina...En Cangas da o mesmo. Mentres gobernen na Diputación seguirán enchufando xente e asegurandose votos. ¿A cantos enchufaron xa?
enchufe, é non a tenda
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
cangas marktiing e expculasion ....moaña razon e diversion ,e demais o pp
oh'
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES02-02-2011
A verdade é que Moaña está moi ben. Ao Alcalde e todo o seu equipo de goberno deberían darlle un monumento. Ogallá en Cangas puderamos dicir o mesmo. Aquí único que hai son caciques e inútiles.
un cangués
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES04-02-2011
A verdade e que dun tempo a esta parte, da gusto vivir en Moaña! Espero que sigamos mellorando como ata agora
Tínez
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES04-02-2011
Como se nota que aqui estan opinando os militantes do bloque de moaña , que sendo asi o axunto e mais grave , por resaltar unhas cousas e ocultar outras mais gordas , pero bueno ala vos .
Moaña
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES04-02-2011
Agora si, saíu o pepero, ¿é mentira?. Non temos unha piscina nova?¿non temos un paseo novo?non temos un campo de futbol novo?non temos rúas novas?non está limpo moaña? non temos farolas?non temos xardíns?non temos keniatas de herba?madeira no pabillón? facedes coma Rajoy, que para axudar a economía española vai soltando todos os días que España é un desastre, que todo o español é malo, etc etc... así sodes os do PP, hipócritas mentirosos.
"En 45 días o paro baixaría" Pasaron dous anos, Galicia é a comunidade que mais xente perde o emprego cada día no último ano e medio, ¿que o pina o PP? E a min non se me ocurre decir que os galegos somos un desastre, ou que Galicia é unha merda, pero vos sodes así.
San Blas
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES04-02-2011
Os de cangas somos tan listos...que é imposible gobernar para facer algo...asi que farta de trucar por chegar acordos imposibles...en Junio teño piso o lado da piscina... xa me cansei de esperar que todos os listos se poñan de acordo...
CANGUESA
RE: HOXE FUN DE CAñAS O FAIRIES05-02-2011
San Blas, poderiase decir mais alto,pero on tan claro.Shapó
lois
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados