Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA28-01-2011
Cal e o motivo polo que neste foro e incluso máis grave ainda dende a páxina dixital do Faro de Vigo non se faga mención o seguimento da folga de onte no Morrazo?. A falta de información pareceme moi relevante e di moito no que se está convertindo o periodismo nos últimos tempos.
Os convocantes non tiveron os apoios esperados. A maioría dos comercios de Cangas abriron porque cun peche non se vai,a estas alturas, dar solución a este problema complexo. A peixeira ou o carniceiro non teñen que perder,si perder,un día de traballo porque quen cobra para facer previsións a corto e medio prazo( políticos, sindicalistas) non fixeron ben as contas.
Por outra parte, neste apertura de establementos, polo menos en Cangas creo que gañou a liberdade frente o radicalismo e a coacción.
"O exercito retirouse ou percatarse que,polo menos esta vez,non poderían doblegar o meu pobo".
Amarealta


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA28-01-2011
Pois claro que hai desinformación sobre a folga, simplemente non lle interesaba ó poder establecido, é decir, a teu tío Zapatero, a teu tío Rajoy, a teu tío Botín, a teu tío Aznar, a teu primo Berlusconi, á túa prima Cospedal, á teu tío Rouco...en fin parece que a familia de explotadores avariciosos, donos dos bancos e dos periódicos non lle interesa dar información da folga de onte, sinon terían que decir, como dixo O Xornal.com que na manifestación de onte en Vigo houbo máis xente que na "unitaria" de UGT e CCOO de Octubro.
Efectivamente, non houbo información...ni despois nin antes.
Moito menos antes. Á túa familia non lle interesaba
Familia explotadora
RE: DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA29-01-2011
Tranquilo Amarealta, haberá máis folghas, isto non acaba aquí.
Bolxevique
RE: DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA29-01-2011
Fan falta máis folgas e máis activismo, pero o que penso que está bastante pasado e mesmo resulta contraproducente a longo prazo é o dos piquetes poñendo silicona e abucharando ao personal. Dille á xente o que hai, pero non a amenaces, vas obter o efecto contrario.
acción-reacción
RE: DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA29-01-2011
¿Gañou a liberdade?? jajajajajjajaj gañou o esclavismo, xa viches como a xente se aferrou a un día de salario incluso coa espada de damocles xa tocando pel.

Que vergoña ir a manifestación e ver como os comerciantes (onde máis precariedade laboral hai) cos locais abertos ata que chega a manifestación e pechan para voltar abrir logo). E este cretino dicindo que gañou a ¿liberdade? será a liberdade de coaccionar os empregados con contratos de lixo.

Vai a merda
f&r
RE: DESINFORMACI�N SOBRE A FOLGA29-01-2011
http://folgaxeral.galizacig.com/

http://www.galizacig.com/avantar/novas/27-1-2011/masiva-participacion-nas-mobilizacions-convocadas-pola-cig-en-toda-galiza-coincidind
Info
RE: DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA30-01-2011
Si Si, nos mitines da esquerda nas primeiras eleccións na época da transicion, tamen se escoitaba a Internacional e o Himno Galego, chegabannos con elo ao corazón..........o peor e que cós anos, despois de que os DIRIXENTES chegan ao despachiño posto pola organización, acabouse todo o fuelle. o sentimento de engano é superior.
¿Cambiou algo desde enton hasta agora? Na miña opinión penso que non.
Insoportable
RE: DESINFORMACIÓN SOBRE A FOLGA31-01-2011
Tes razón, insoportable, non cambiou case nada: discursos tan rancios como o teu seguen a ter vixencia, unha pena. Menos Cope/La Razón/intereconomía/La Gaceta/ABC e máis sentidiño!
derechón
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados