Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MAN COMúN28-01-2011
Haz click para ampliar O seguinte é mais que unha denuncia, unha pregunta. ¿Que obxetivos teñen os montes en mancomunidade?
A explotación forestal que practican ¿a quen beneficia?, ¿por que sempre están a recibir subvencións para estas explotacións?¿non se emplea a xente?Supostamente teñen que reinvertir os beneficios na propia comunidade,¿donde están invertidos?
En fin abramos un debate, ¿que vos parece?
Insoportable


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MAN COMúN28-01-2011
Celebro, por un lado que decidises plantear a denuncia en galego. Ánímote, como fixen anteriormente, a que te sigas expresando así.
Por outro lado as xuntas de montes están ben para que o poder dos comuneiros se mire representado e sexa efectivo. Grazas a esta entidade as mans privadas dificilmente irán ocupando terreo que é de todos, a non ser, que baixo decisión da asamblea se decida facer unha concesión polo ben común.
Expansión
RE: MAN COMúN28-01-2011
Mui boa resposta a unha pregunta que non era unha pregunta..., eran unha chea de preguntas.
Pero mui boa resposta, si señor.
basta de privatizar
RE: MAN COMúN29-01-2011
Está moi ben, pero con esa resposta creo que non queda claro.
A ver, terreos en mans privadas con control público ou terreos en mancomún (asociación privada sen ánimo de lucro) que fan o que as privadas sen control publico.
Insoportable
RE: MAN COMúN29-01-2011
Eu penso que a xestión mancomunada é un gran expoñente de civilización.
Nunha ditadura, e como non, na actual ditadura do poder económico, o máis normal é que o individualismo medre: eu safo, os demais que safen tamén..
Se queremos avanzar, progresar, ten que ser na dirección de darlle máis forza á colectividade, de empregar máis esforzos na defensa dos bens comúns.
traballar para o ben común
RE: MAN COMúN29-01-2011
E non tiñas outra imaxe para ilustrar a entrada?
puajjj
RE: MAN COMúN29-01-2011
Pois moi sinxelo, colocou esa fotografía na portada da denuncia, pq está demostrado que as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (sobretodo no Morrazo), teñen que aguantar e soportar o ATRACO A MAN ARMADA, que outros particulares, institucións ou empresas, están realizando sobre o seu patrimonio e recursos.

O "denunciante", plasmou MOI BEN nunha fotografía, exemplos de usurpación e roubo que están acontecendo nos nosos MONTES COMUNAIS, algúns exemplos:

USURPACIÓN DE TERREOS: Como acontece en Aldán, onde a empresa privada PROMALAR, usurpou os terreos veciñais de tódolos/as veciñas. En Darbo e O Hío, onde particulares, sen escrupulosos, apropiáronse de terreos comunais, para contruir os seus "chalets" (Santa Marta, Serra Poñente, ...). Isto chámase ROUBAR... roubo a man armada (como ben expresa a fotografía da denuncia)...

Tamén son deleznables, as actuacións de diversas institucións tanto públicas como privadas, que atopan nos terreos dos veciños, solo barato, para diversas actividades, pensando no seu único beneficio económico ou político...

Un saúdo.
Aquila
RE: MAN COMúN30-01-2011
¿E non tendran algo de culpa eses que estan nas directivas das comunidades de montes, que usan os bens dos veciños para intereses propios?¿por que os comuneros non abren a boca cando as contas non cuadran?¿onde van os beneficios da venta da masa forestal?.................por certo, as usurpacións teñen dúas variantes, 1 o que usurpa e 2 o que se deixa usurpar por que a el no lle afecta directamente, pero saca beneficio propio.
Esta visto e demostrado que neste pais (Galicia) ninguén ou casi ninguén se move por interese común, sexa capitalista ou traballador.
Fagan opostas
Insoportable
RE: MAN COMúN30-01-2011
A min o que me deiza abraiado de todo o que puden ler neste fío e o seguinte : ¿Que carallo ten que ver que a denuncia fora plantexada en galego?¿ E que si non fora plantexada en galego tería menos credibilidade?
vamos digo eu
RE: MAN COMúN31-01-2011
Eso tambien me lo pregunto yo, lo que pasa es que si no lo haces así pronto te derivan el tema por los cerros de übeda con la cosa del idioma.
Dime de que presumes y te diré de lo que careces.
Insoportable
RE: MAN COMúN01-02-2011
Pois tes razón insoportable e ademais e polo que se mira non é cousa da páxina asi que cada quen que fale como lle pete e si a alghun lle ghode que tome duas tazas a min no me molesta, eu falo galego pero como veña alghun ghodellón a decirme o que teño que faser a leva clara e son capaz de falarlle en castelán que a min non me mangonea nadie.
as minchas
RE: MAN COMúN01-02-2011
zzzzzzzzzzzzzzzz
aburrides
RE: MAN COMúN02-02-2011
Mirades como se deriva o tema. Quizais non interese falar de él por que tocamos fibras sensibeis.
Insoportable
RE: MAN COMúN03-02-2011
podemolo ver dende moitos puntos de vista, pero o que si esta moi craro e que a maioria das comunidades de montes eiqui no morrazo estan levadas por persoas que teñen que facer un esforzo persoal, as veces insoportable economicamente falando, xa que estas persoas teñen que adicarse a un traballo que NON e remunerado, e se se quere facer ben, hai que adicarlle moitas horas de traballo.
Podedes decir que a tesoreria da comunidade paga os gastos derivados, pero ¿o tempo, as preocupacions, os enfrentamentos entre veciños, por comentarios de xente de fora que nin siquera sabe do que fala, iso ten prezo? animaros a estar dentro dunha comunidade de montes, na directiva e despois mo contades. HAI QUE SABER DE QUE SE FALA
Thoribio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados