Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL27-01-2011
Haz click para ampliar O Google Earth levaba mogollón de tempo sen ter actualizada a zona de Aldán, de feito, a vía rápida desaparecía antes de chegar a Coiro.

Agora parece que teñen novas fotos e atopamonos coa dimensión brutal que vai collendo a canteira de Rodal no monte Borrallido. Ocupa unha zona de máis de 350.000 m2 e vai furando aquí e acolá.

O monte Borrallido é parte do monte comunal que o antigo conde de Aldán usurpou aos veciños e que agora figura a nome de Promalar, a empresa que pretende dar o pelotazo urbanístico con estes terreos grazas ao convenio que asinou con Sotelo, ao traballo escuro que está facendo Consultora Galega con novo Plan Xeral e á falta de transparencia da actual alcaldesa.

Ninguén controla a actividade destrutiva de esta canteira? Non hai plans de rexeneración dos terreos afectados? Onde vai parar? Curiosamente, respecta escrupulosamente os límites do concello de Bueu sen meterse nel.

Ata cando aos cangueses teñennos que tocar todos estes cacos?
ata cando?


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Sejuro que a tua casa esta feita con pedra de Aldan. Os que falan son sempre os piores.
Aldan
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Nada ho! que veña quen queira a Cangas a rapiñar que aqui xa lle calamos a boca ao que dija algo.
Aldán feudal
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Este "Aldán", pensa que todos somos Enrique Sotelo, para poder ter un chalet de pedra de Rodal... Espabilado... vai lamerlle o cú a Rodal... que seguriño que ten un chope para ti barrenador...
Aquila
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Que eu sepa todo ese cacho de monte vai ser ocupado pola ampliación do polígono
¿Que un empresario faga inversión en Cangas e malo? E se se pasa será por que algún dan permisos pero non comproban si se cumple o permiso (Refirome o Concello, claro está)
E disme que ese é o problema. O problema son todolos veciños que fan obras e reformas sen pedir licencia. O problema son os que tendo unha leira montan un galpón habitable, como fan os de Vigo, pero tamén moitos de Cangas. O problema son os que alquilan casas por precios exaxerados pero sen declaralos, para non pagar. O problema son os que permiten que a depuradora funcione mal. O problema son os que paralizan un plan xeral porque non lles gusta, pero en vez de ter un alternativo e presentalo de inmediato, levan 4 anos sen acabar de decidir como lles gustaría que fora.
E todos estes problemas, como xa dixen, son do Concello que non se dedica a solucionar problemas, e a perseguir os defraudadores. Exemplo claro disto, denuncian as constructoras por plan xa aprobados. Denuncian os taxistas por reclamar que se cumpla a legalidade. Non pagan os servicios que contratan, como a MG, ou as orquestras ou a Ludoteca. ¿Seguimos?
Pero claro o malo malísimo e quen arrisca os seus cartos e da traballo. E se saca beneficio e o Demo personificado.
aryaman
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Arriscar qué? Rodal leva toda a súa vida rabuñando dos bens públicos e saltándose as leis, aínda que probablemente sabe ben a quen levarlle regalos. Mirade os bodrios de campings de Tirán e Liméns! Toma lei de Costas!
E a política facha xa sabemos cal é: déixalle aos empresarios arramplar con todo que mal será que non se lle caia algunha migalla e contrate a algún miserable que non teña onde cair morto. E a culpa non é só do que o fai, senón do que lle deixa e incluso do que non o denuncia.
cuadrícula de "investigación"
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
En Cangas gobernou dereita e esquerda. ¿Quen lle permite facer o que fai? ¿A dereita fascista; a esquerda santa (ou non que é relixioso-revolucionaria... mellor); ámbolos dous?
aryaman
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Pois botalle Güevos e denuncia donde tes que denunciar, que pra iso estan os xulgados. E de paso denuncia ao teu Xefe, si tes, por explotador, e a teu veciño por ganar mais cartos ca ti...etc
Insoportable
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Espabilado... xa está denunciado, e máis que denunciado... ou aínda non te enteraches de que existe un proceso xudicial para dirimir a propiedade deses terreos? Que sempre foron COMUNAIS ata que chegou un SALVA PATRIAS... e usurpou TODO.

E de que polígono falades??? Viaxade un chisco e pasade polo polígono industrial de O Porriño, e botádevos a chorar... que eu voume RIR, jajajaja... carteis de SE VENDE, e SE ALQUILA, por todos lados... jajajaja... había de colapsar todo o sistema dunha PUÑETERA VEZ... jajajaja
Aquila
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
Non sei que exemplo queres dar coas tuas verbas dicindo que os capitalistas nos estan a comer os güevos, cando eres o primeiro en reirte das desgracias axenas. Cheira un pouco a envexa. Vaite a confesar que iso e pecado home.
Insoportable
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL28-01-2011
O Parque Empresarial e Industrial do Morrazo, PEIM, saído da calenturienta mente de Teresa Taboas, a trepa do BNG planeaba 1.500.000 m2 arrasando o monte Borrallido, seu xacementos arqueolóxicos e o nacemento do río Orxas. Esta flipada explanaba o monte enteiro con destino a unhas industrias que nin se sabía, e pensaba botar a merda industrial a traveso do río Nosedo, desembocando en plena rede natura entre Bon e Laguelas.

Menos mal que os acontecementos e as urnas trocaron un pouco o tema. É triste que tiveran que ser os do PP os que retiraran esa aberración de proxecto que os do BNG de Cangas e Bueu estaban aplaudindo coas ourellas.

Pero destrución trae destrución e se iso esta agora escarallado muitos van pensar: qué sitio máis bó para botar entullos, ou meter calquera merda que non quere nin cristo.

E son terreos comunais, DE TODOS/AS, fora esquiroles e esbirros, ou defendemos a nosa terra ou vannos usar para limparlles o cú, escollede.
Aldán comunal
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL29-01-2011
jajajaja...

"...cando eres o primeiro en reirte das desgracias axenas."

Estasme falando das desgracias alleas... Esas desgracias alleas, levan afectándonos, dende que estamos neste puñetero sistema, amigo... Ou non foi "unha desgracia allea" o peche de Massó no ano1996? Ou non foi "unha desgracia allea" o conflicto do Banco Canario-Saharaui?

Eses non foron "unha desgracia allea" para a sociedade? Pois recordo, moi ben como moita xente se reia e se partía o cú... como eu o fago agora... Moitos encofradores/albañiles que cobraban 1.500€/mes, máis outros 1.000€/mes en NEGRO, que vivían por encima das súas posibilidades económicas... consumindo desaforadamente... Vivíchedes como reis, agora vivir como o que sodes... Aqui tamén se poden incluir tódolos sectores especulativos (inmobiliario, obra pública, sector servizos, infraestructuras, etc)...
Aquila
RE: A DESFEITA DA CANTEIRA DE RODAL30-01-2011
O único sector non especulativo é donde traballa este Aquila. Recomiendo esta lectura:
http://video.google.com/videoplay?docid=694045731731727135&hl=es#
Y esta tambien:
http://hl33.dinaserver.com/hosting/juantorreslopez.com/jtl//index.php?option=com_content&task=view&id=2059&Itemid=16






Insoportable
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados