Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
GALICIA NON SE VENDE, VAISE POñER DE SALDO!23-01-2011
Haz click para ampliar "Fondos extranjeros acechan a las cajas."
"Inversores institucionales especializados contactan con consultoras y bancos de inversión para realizar inversiones en el sector, pero a precio de saldo."

"El Banco de España pone bajo lupa las fusiones regionales"
"En particular preocupan Novacaixa, CatalunyaCaixa y Caja Duero-Caja España"

Despois dos esforzos de Gayoso e Mendez por encher o territorio de casiñas, chaleses e aparcadoiros de iates, e de afundir o campo, a gandeiría e a pesca artesanal, agora parece que "os mercados" non confían neles e por separado ou xuntos van ter que saír a prezo de saldo para que algunha mafia rusa, uns jeques do petróleo ou o goberno chinés merque a prezo de saldo a NoCaGa, que ben podería definirse como GranCaGa..

Saúde aos que teñades os vosos cartos na cova de Alí Babá e aos que pensan que construíndo ata o primeiro metro da liña de mar e mercando as leitugas e o peixe de Marocos ímos saír de onde nos meteron..
>> Ampliar datos miña leiriña e miña chalana


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: GALICIA NON SE VENDE, VAISE POñER DE SALDO!23-01-2011
Que se afoguen!!! Eles máis tódolos incautos que teñen os seu aforros nesa Caixa ESTRIÑIDA (NOCAGA)...

E para o señor Hector Otero, Massó será o que queira o pobo de Cangas, e o que permitan as leis e a xustiza, que para iso vivimos nun Estado de Dereito, NON o que queira o PSOE...

Un saúdo.
Aquila
RE: GALICIA NON SE VENDE, VAISE POñER DE SALDO!24-01-2011
O Hector é moi cuco, baixo o rolliño de ir de guai de non enfadarse con ninguén, tampouco é quen de opoñerse a tódolos cacos de promotores que levan anos e anos campando as súas anchas polo concello de Cangas. Así, parécelle guai que os da UA5 proxecten forrarse variando as rúas que estaban planificadas nas Normas Subsidiarias, eliminando vivenda protexida (isto tamén o aconsellaba o experto urbanístico do PP, Marnotes, ata que o Tribunal Superior dixo que nones), cunha merda de zonas verdes, etc, etc,,

E co de Massó pasaría o mesmo, diálogo, diálogo... e qué é válido para ti que participe no diálogo? Uns representantes do concello que só pensan nos cartos para financiar as súas obras de escaparate (como Sotelo)? Uns representantes do concello que lles da igual a legalidade, que haxa licencias ou non, que se usurpen terreos públicos ou non, mentres lles solten cazo (como Sotelo e como Clara)? O Faro de Vigo que cobra directamente dos promotores?

Sempre ao rollo fácil, baixarlle a cabeza aos poderosos, mentirlle aos electores, asinar pactos que non se pensan cumprir, repartirse cargos, poñerse os soldos, adxudicar contratos ao que da a mellor comisión.... e total, como iso é o que se leva facendo sempre...

Danme máis medo os sen sangue que os que xa sabes que son revirados...
jijiji
RE: GALICIA NON SE VENDE, VAISE POñER DE SALDO!26-01-2011
Hai unha tremenda trapallada nas cifras que da NoCaGa sobre o ladrillo, pero dende logo hai miles de millóns de euros que voaron e dos que só quedan solares con ou sen licenza, edificios a medio construír ou edificios xa rematados que nunca valerán o prezo ó que están tasados.

Pensaron que o maná ía ser eterno e agora non teñen liquidez para pagar os creditos que eles pediron, nin cartos para deixar e mogollón de empresas están asfixiadas por iso.

Metéronse en cantidade de berenxenais pouco legais, como o de Massó, mirando só ao que poderían gañar, e agora teñen o buraco que teñen, teñen o que merecen, e é magoa porque as caixas poderían ser un modelo de banca etica achegada ao pobo e cos seus beneficios reinvertidos no pobo, pero non imos agardar a que tremendos esquerdosos coma os que nos gobernan vaian tomar esa decisión. A apuntamos par acando caia o sistema.
zz
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados