Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
FARO DE VIGO 17/01/2011 : Escapada Rías Baixas pretende aumentar la afluencia de turistas a los carnavales y a la fiesta de San Martiño

"El turismo en O Morrazo se concentra mayoritariamente en el verano, ante la gran oferta de playas, pero desde el proyecto Escapada Rías Baixas pretenden dar a conocer en el exterior los principales atractivos de los concellos de la comarca durante los meses de otoño e invierno. Para ello acaban de colgar en su página web un libro electrónico en el que dan información sobre la concurrida fiesta de San Martiño en Moaña y sobre los carnavales de O Hío en Cangas"

Quenes son estes de "Escapada Rías Baixas"? O turismo nas nosas festas tradicionais, penso que non beneficia en absoluto a nosa forma de vivir a festa. Non creo que sexa boa idea que o turismo invada tamén as nosas vidas no inverno, igual que o verán...o que me faltaba por oír...
>> Ampliar datos UNHA DO HIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
Iso, non vaia ser que atenten contra a endogamia da zona.
f&r
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
xa bastantes problemas hay no bran que hay que tirar ves pra poder tumbarte na playa ajora que jodan os carnavales , xa lles vale a estes da osteleria
outro do hio
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
non sei que pasa ultimamente neste foro que leo cousas que me indignan.... pois grazas ao turismo muitos comerciantes poden vivir o resto do ano co seu negocio aberto se non terian que cerrar porque so co do inverno non se vive. e os de escapada rias baixas seguide asi que o estades a facer moi ven.
yo
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
Bran, osteleria, carnavales.... ¿pechou o colexio de O Hio?
f&r
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
Que se deixen de parvadas. O carnaval non ten nada que ver co turismo. É unha festa organizada e SUFRAGADA polos veciños. Hai unhas normas de protocolo que se cumplen en todas as comparsas que a xente de fóra non coñece nin quere coñecer. O único que mola e vir a beber de balde e estar de festa todo o día. Durante o día non podemos evitar que veña a xente, pero nos bailes de noite non deberiamos permitir a entrada a ninguén que non sexa do pobo, a ninguén que non pague e, sobretodo, a ninguén que non respete. E se queren turismo, que o subvencionen, que poñan locais e que veñan a limpar. Me crispan los nervios!!!!!!!!!!!!!!
outra máis do Hío
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
concordo completamente coa opinión d quen escribiu o texto. e vaia co listo que só escrebe para criticar e insultar (de listos coma ti está cheo o mundo, desgrazadamente)
eu
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???17-01-2011
O que fai falta son persoas, non "gañans" que destrozen contenedores, pinten muros e rompan farolas;o demais benvido sexa!
E si non montamos cada un o noso entroido VIP e reservamolo dereito de admisión...
Brigi
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???18-01-2011
F&r a ver si no confundimos términos, no es lo mismo endogamia que instinto de supervivencia. Y además ¿desde cuando las faltas de ortografía hacen que lo que dices sea menos cierto?. Lo importante es lo que cada uno piensa, y no cómo lo escribe.
unha de Vilariño
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???18-01-2011
Pois nada, a ver se tedes sorte e non vai ninguén. Debe de ser esa a esencia mesma de unha festa.
f&r
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???18-01-2011
Para f&r. de+unha=dunha. Perdoa, é que fun ao colexio do Hío. Non mo tomes a mal.
Detrás de toda a festa que pode representar o entriodo do Hío hai moitísimo traballo: hai que contratar aos gaiteiros, buscarlles aloxamento e comida; mercar o viño para pasar os tres días; conseguir os foguetes; ir a por mimosas e demáis para facer os palcos; facer a comida para as comparsas; levar bebidas para os nenos... E a maiores de todo isto os presidentes e axudantes teñen que ter conta dun horario, conta de facer cumplir coas normas que hai entre as comparsas, atender aos gaiteiros para que non lles falte de nada, etc.,etc.,etc. Todo isto o pagamos entre os veciños de cada aldea. E o facemos con gusto, porque nos gusta facer festa de aldea en aldea, bailar acompañados da nosa música vestidos con catro farrapos.
A xente que non o entende así é a que o estropea todo. Non se pode vir ao entrido do Hío pensando en facer botellón, pensando en entrar nos locais pola noite cargados de botellas de whiski e Coca-Cola, pensando en que "yo soy más chulo que nadie porque me pongo en la puerta del local en mi coche con la música punchi-punchi a todo gas"....
E falades de beneficios para a hostelería? Dame a risa! Bares e autoservicios pechan pola cantidade de roubos e desperfectos que se producen dende hai dous ou tres anos por xente que non é do pobo. O ano pasado romperon unha figura no adro da igrexa do Hío. Cal é o beneficio para o noso patrimonio? Desperfectos nunha farmacia, no colexio, no local de ensaio... Eu non lle miro beneficio ningún. Cada un que opine o que quiera.
hioense
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???18-01-2011
¿Cal è o temor? que vos copien as festas ou que miren "os burros salvaxes" (solo alguns) que acuden a elas.
antonio maria rouco varela
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???18-01-2011
Non teño temor ningún. Tampouco me molesta que nos copien. Cada un na súa casa que faga o que lle pete. O que realmente me molesta é a falta de respeto que teñen algúns. Eu simplemente din a miña opinión sen insultar a ninguén. Creo que non hai comparsa que leve "burros salvaxes". Estás seguro de que os había ou será que te miraches reflexado nun espello?
hioense
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???19-01-2011
o mellor respetarian mais a cultura os turistas que os propios veciños das aldeas de alrededores que acuden o carnaval e moito dedicanse eses dia a romper todo o que topan, tomar un poco de exemplo dos carnavales de Laza etc... que son festas donde acuden moitos turistas e non pasa nada, a mais de un non lle iria mal viaxar un pouco polo mundo e abrir as suas mentes e o seu garrulismo e o seu localismo, que algun comentrio que poido leer por aqui parecen saidos da prehistoria
canta boberia
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???19-01-2011
Simplemente co de "burros salvaxes" referiame a os vandalos que aproveitan o carnaval para facer "burradas".
antonio maria rouco varela
RE: ESCAPADA RíAS BAIXAS???19-01-2011
Home hionense, pois andar a matarse para facer todo o que dis para que o disfrutedes soamente vos... xa me dirás que gracia ten.


E eu que tí, non iría tan rápido a acusala xente de fora do hio de eses desperfectos, sobre todo cando na casa tedes a maioría de eses animais que non teñen reparo en escarallar o cruceiro.

E tamén vexo que te queixas de que a xente de fora leve a súa bebida, algo sen sentido tendo en conta que pouco máis arriba vos queixades de que o viño é só para os que pagades.
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados