Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
8 ANOS15-01-2011
A Asociacion Cultural A Tiradoura con oito anos de historia non ten que dar ningún tipo de explicación dos seus actos a ninguen,todas as actividades que se realizaron foi por que nos decidimos facelas e levalas adiante con moito traballo,cada un que opine o que pense pero por iso non ten que ter a razon,se alguen ten algún tipo de problema e ten tantas agallas pra falar desta forma esta convidado ou neste caso convidada a pasar polo local e que comente como se debe xestionar un local social que nunca perciviu axuda,nin económica nin material por parte de axuntamentos ou calquer administración,de todas formas tampouco vamos facer caso,A Tiradoura a xestiona os seus socios da maneira que eles decidan,non nos importa o que pensen os demais
e non lle facemos mal a ninguen,pero no mundo ten que haber de todo,isto vai seguir asi sempre ata o fin da A Tiradoura da cal nos sentimos moi orgullosos e ninguen vai poder con nos,menos os comentarios de alguen que non ten nin personalidade nin amigos,nos somos moitos e fortes.Rematando con este pequeno lixo o que ninguen deberia de facer caso decir que a asociacion cultural A Tiradoura vai seguir facendo o que os seus socios decidan e punto,nada mais pa mais inri decir que o sabado 15-1-2011 se asignou un contrato de dous anos mais para o local social de Reboredo,resumindo que nos vades ter que aguantar un pouco mais,graciñas a toda a xente que nos apoia, e para os que nos critican un hasta nunca.A TIRADOURA.
A TIRADOURA


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: 8 ANOS15-01-2011
Aquí o vivo retrato da asociación "cultural" http://www.delmorrazo.com/denuncias/verDenuncia.php?id=4738
Non fan falla máis detalles
RE: 8 ANOS16-01-2011
aupa a tiradoura e aupa a todas as asociacions do morrazo que son as responsables de moitos dos festivales e actividades culturais que se fan no morrazo por que si tuberamos que esperar polos concellos morreriamos de asco un saudo a todos, e que queira montar cousas que se faga unha asociacion fundacion ou colectivo en vez de criticar e calunniar contra a xente que intenta organizar cousas por moi pequenas que sean, por que a verdade mirando este tipo de comentarios que alguns poñen mui mal intencionados quitanche as ganas de facer cousas.
non entondo como ten que haber piques entre a xente que organiza cousas en vez de apoiarnos mutuamen
RE: 8 ANOS16-01-2011
pois claro que si. non ten sentido andar a criticar entre a xente que monta movidas no morrazo, sexa centro social, asociacion cultural ou un grupo de amigos.
festivaleira
RE: 8 ANOS16-01-2011
Totalmente de acordo, pero teño que engadir algo.
¿Que impresión vos daría un entrenador de futbol dirixindo o seu equipo cun pitillo na boca e unha cervexa na man?
Pois iso, que as intencións poden ser cohonudas, pero as formas vos perden.
Un saúdo e seguir así, xa veremos onde chegades.
Insoportable
RE: 8 ANOS16-01-2011
1º Se tanto vos ten o que pense a xente e o que digan terceiras persoas... pra que sacades un "comunicado"?

2º Boto algo en falta nesta "declaración de intencións": O feito de que os únicos comentarios con necesidade de ser moderados en todo o "debate" fosen os dos vosos socios e usuarios, en serio que non vos di nada? Coido que o machismo brutal, o sexismo, a ameaza, o ataque a outros centros sociais, a falla de respeto reiterada a outras tribus urbanas e formas de entende-las cousas, a tendencia a xulgar e metervos na vida privada das persoas ó estilo Tele 5, o ir pedindo cabezas, etc. exisirían unha condea pola vosa parte, aínda que só fose por quedar ben. Alén diso, neste discurso que vos largades reiterádesvos na vosa actitude de personalizar en vez de argumentar (esta vez máis suave porque asinades co nome da asociación).

3º En oito anos de "bagaxe cultural" a persoa que mellor escribe e se expresa en galego é esta? Deberiádes replantearvos seriamente a vosa labor. Moita bandeiriña, moita semana antifascista, moito Hugo Chávez, moito Día da Muller e moito uniforme de GZ pero moi pouca educación en valores reais. Todo é de cara á galería, ninguén vos dixo iso de "o movemento se demostra andando"?

4º Non percibides subvencións directamente pero ó declararvos coma Asociación Cultural estades exentos de pagar un bo número de impostos. Non se pode ter un bar para os amigotes e para montar concertos e pretender ir doutra cousa en detrimento dos hosteleiros que si tributan relixiosamente e dos centros sociais que si aportan algo á sociedade. Sodes unha lacra.

5º Chamoume especialmente a atención a seguinte frase: "Nós somos moitos e fortes", un tanto peliculeira pero logrou sacarme un sorriso. De verdade vos pensades fortes? O único que demostrades é que só sobrevivides en manada. Atacades en conxunto e exisides cabezas cal turba descontrolada porque sentides como unha crítica persoal o simple feito de que se cuestione a labor dunha asociación (un ente abstracto) igual que se poida opinar sobre un partido, fundación ou o que me veña en gana. Pola forma de proceder recordádesme á camorra, que queredes que vos diga, uns simples matoncillos que só saben de ameazas: "tranquila nena xa nos miraremos juapiña que a toda porca lle chega o seu san martiño" ou "agora a algunha vaille explotar toda a merda na cara non sei se ira pra domaio corrida", etc.

6º Por que vos facedes chamar Asociación Cultural?

É destacable que non saibades asumir unha crítica (denuncia) constructiva. Si, constructiva polo simple feito de relatar a pura realidade e propor solucións. Para a vosa vergoña, sabedes que todo o aí exposto é certo e para máis inri vós mesmos engadíchedes o que faltaba.

Un saúdo e a coidarse!
Mafia rosa
RE: 8 ANOS16-01-2011
pois claro aupa a tiradoura,esta xente fai o que quere e di o que pensa,pero omais importante non fala dos demais as espaldas.
CLARO QUE SI
RE: 8 ANOS16-01-2011
Seguro?
Faino no corrillo dos domingos
RE: 8 ANOS16-01-2011
joder tia non tes nada que facer e.... xa aburres
xa aburre
RE: 8 ANOS16-01-2011
Poderías argumentar/rebatir ou só sabes dicir aupa a tiradoura?
Se te burre, vai dar unha volta.
RE: 8 ANOS16-01-2011
home esta claro que os da tiradoura por sorte non son cama ti, que te dedicas a calunniar a xente polos foros, deibaxo dun anonimato, si o teu menxase e constructivo con ir ali e plantearlle as tuas ideas non tiñas mais, pero parece que ti prefires acusar a xente gratuitamente e facer o maximo daño posible, iso e o unico que ti fas juapiña de cara e como decian por hai arriba xa aburres
juapiña de cara (e un decir)
RE: 8 ANOS16-01-2011
Cales son esas "calunnias"?
Ilumínanos
RE: 8 ANOS16-01-2011
"¿Que impresión vos daría un entrenador de futbol dirixindo o seu equipo cun pitillo na boca e unha cervexa na man?"

¿E qué impresión nos debería de dar insoportable?

¿Ou mellor debería chamarte Torquemada?
f&r
RE: 8 ANOS16-01-2011
Una nula cultura histórica lleva a algunos a hablar de Torquemada, cabeza visible de una "asociación" dedicada a perseguir a individuos que no entrasen por el aro. Su función consistía en acosar, desprestigiar, poner sambenitos, en definitiva deshumanizar al individuo para justificar el sacrificio en la pira.

La conclusión que una persona "normal" saca de todo lo aquí escrito es que la moral de la manada deja mucho que desear pero afortunadamente el acoso es punible.

La Santa Inquisición
RE: 8 ANOS16-01-2011
Para cando un comunicado pedindo perdón por todos os insultos, ameazas, descalificacións e machistadas varias contra unha persoa que non ten nada que ver co que vós considerades un ataque brutal contra a vosa santa reputación?
MENTIRADOURA
16-01-2011
@MAFIA ROSA
Estás no teu dereito de chamarlle ó que asinas "crítica constructiva" (cada tolo co seu tema)Tamén o estou eu ó opinar que non hai nada constructivo nas túas palabras. Por que? Paso a comentar os teus parágrafos.
1º) Todo o mundo ten dereito a defenderse das acusacións alleas.
2º) Pregúntome q sabrás da autoría dos comentarios a favor da Tiradoura (creo que debes aplicarte iso de "El ladrón cree a todos de su misma condición")
3º)escrebes "bagaxe cultural" con comiñas para rirte dos erros de expresión e ortográficos que comete o que publicou o texto. Eu pregúntome se ti, que presumes de coñecementos lícos., sabes que as comiñas empréganse para transcribir palabras ditas/escritas con anterioridade (dirás que é o teu xeito d expresar a ironía ou calquera cousa pra te escusares...)Por certo, coido que "deberiádes" escrébese sen tilde n -a- (e ollo, podo confundirme que non son especialista)
4º) Non creas que teñen que evadir máis impostos que as ANPAS, p.ex. Ou tm. vas criticar ós rapaces que venden croasáns co fin d recaudar fondos para a excursión d fin de curso? Ou ós qeu venden rifas ou prantas? Porque o caso é o mesmo...De tódolos xeitos, seguro que ti na túa casa ou na casa de algún colega, poñes ou poñedes pelis e cantades cancións que non son vosas...todo sen pagar á sgae (cousa que considero lóxica, vaia) Quédome tamén con ese "sodes unha lacra" pois ilustra, 1 vez máis, que posúes 1 educación e 1s valores exemplares. Ah! e que fas crítica constructiva...
5º) Xa que non fas máis que aleccionar, o DRAG define o termo 'asociación' como "grupo de persoas unidas por unha relación máis ou menos formal para un fin determinado".Que quero dicir con isto? Que os "entes abstatos" son constituidos por suxeitos e, polo tanto, é lícito que os membros dunha asociación manifesten a súa opinión e interpreten e contesten as críticas como persoas que son. Por que dis iso das ameazas? e esas palabras que reproduces nas comiñas? eu non as lin no texto asinado pola Tiradoura (máis unha vez o conto de "cree el ladrón que todos son de su condición?)
Por certo, eso qeu dis ó principio dos "ataques a outros centros culturais" donde o les? Vaia, parece qeu non sabes ler moi ben ou qeu as túas luces interpretativas van máis alá de árbores e bosques...Máis aló da lóxica, de seguro. De feito, é este punto o que me levou a escribir, pois coido qeu se houbo alguén que ATAQUE, divida e semente odio foi quen escribiu o texto publicado baixo o nome d "moito ruido e poucas.." no que se establecen comparacións entre centros sociais e asociacións culturais (tiradoura vs. salgueirón) O dano é ese, e non outro: confrontar grupos, dividisións maniqueístas que nunca tal existiron-dende o meu parecer-ata que aquí, con mala sangue, se nomearon. E podedes estar moi orgullosas de crear, co voso desprezo e descalificacións, un clima noxento. E de constructivismo, nada.

Aprende dos comentarios constructivos que manifestan un apoio cara todos os grupos sociais, asociacións, etc. que se constituiron/constituen/constituirán no pobo.


El hilo ha sido cerrado.

Entendemos que los problemas personales que la asociación A Tiradoura o sus miembros puedan tener con terceras personas, no son tan relevantes socialmente como para ser debatidos en un foro público, menos aún cuando previamente se ha cerrado un hilo relativo a este tema ante la imposibilidad de llegar a algo más que a una retahíla de insultos y amenazas entre los participantes.

Consideramos también que los aspectos relativos a la vida privada de las personas no deben ser objeto de debate en ningún foro y por tanto no los admitimos.

Se advierte que cualquier nuevo mensaje que se abra en el foro relativo a esta cuestión será borrado de inmediato.

sinerxia
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados