Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?14-01-2011
O que queira asistir a unha obra de teatro gratis que acuda a un pleno en Cangas. O de onte foi unha ocasión máis de admirar á alcaldesa en funcións presidindo o pleno cun caramelo na boca e cunha cara de felicidade moi achegada a un nirvana metafísico.
Celebrou con sorrisos de ourella a ourella todas e cada unha das críticas que ía recibindo, coma se a estiveran piropeando. Brincou cos concelleiros e concelleiras da oposición e coas “nimiedades” que ían expoñendo coma se fose a actividade máis pracenteira que se poda un imaxinar. E cando o seu compañeiro de fatigas Hector Otero tentaba malamente respostar a algunha pregunta, ela facíalle carantoñas a unha nena que a miraba asustada dende a fila do fondo.
Que dura debe ser a función pública e o servizo aos cidadáns para que esta xente acabe no estado en que acaban!. A tensión, o traballo abnegado produce a veces estas alteracións do comportamento. E hai xente que non fai máis que criticar...
charramangueira's plus


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?14-01-2011
¿Que problema ten a Sra alcaldesa,para non reirse de todos os contribuintes? Seguro que a maioria non a ides a votar, pero tamben estou seguro de que xà ten algun posto en algun lugar, como a maioria dos politicos TREPAS; e os problemas seguen pa os mesmos.
Jimenes los santos
RE: QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?15-01-2011
Prá min que toma algo moi forte algún trankulinzante é un pár de mans de barnis e arreando que é xerundio, onte estaba un tanto demacrada madrughár tanto non lle senta nada bén.
veciña
RE: QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?15-01-2011
viva a alcaldesa
xa esta ben!!!!!!!!!!!!!
RE: QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?16-01-2011
Sodes máis sensacionalistas que o Jorge Javier. Deixade á xente vivir e ide a estudar que boa falta vos fai.
Talibáns en salsa rosa
RE: QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?16-01-2011
Deixade a xente vivir non, deixade aos caciques mangonear, é moi vello o xeito como o dis
patada no cú
RE: QUé TOMA A ALCALDESA PARA ACUDIR AOS PLENOS?16-01-2011
Nos últimos plenos sempre esta mascando0 algho , seghún lle respostou a STA CLARA , cando lle chamou mal-educada , traghouno de gholpe .
Caramelo prá gorsa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados