Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
QUEN DIXO QUE O CONCELLO DE CANGAS NON TEN CARTOS12-01-2011
ainda que son moitas as empresas que se lle debe cartos por parte do concello de cangas e si falas con eles e o que che din que non teñen un peso, cando saen este tipo de noticias a verdade xa non sabes que pensar....
600€ por hacer el cartel de los carnavales
No certame poderán participar as persoas que o desexen, sen límite de obras e coa condición indispensable de que sexan orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas. Os orixinais presentaranse en tamaño DIN A-3, en branco e negro ou color, e no caso de deseños realizados por ordenador deberá xuntarse un CD ou arquivo do cartel en formato TYF ou JPG. Os traballos deberán incluír, necesariamente, os textos "Entroido 2011" e "Concello de Cangas".
O prazo de entrega dos traballos rematará o día 15 de febreiro, e deberán remitirse ao Centro Municipal de Benestar Social (Rúa Andalucía 3, baixo; 36940 Cangas). No reverso do cartel deberá levar unha lenda que servirá, asimesmo, para identificar o sobre pechado cos datos persoais do autor e forma de contacto (sistema de plica).
A Concellería de Cultura establece un premio de 400 euros para o gañador/a absoluto, así como tres accesits de 60 euros para escolares menores de 18 anos (nacidos no ano 1992 e posteriores). Os premios estarán sometidos á normativa fiscal que proceda aplicar.
O xurado do concurso estará formado por varias persoas vencelladas a esta finalidade e presidido pola alcaldesa ou persoa en quen delegue. No caso de estimalo oportuno, poderá declarar desertos ou compartidos algún ou todos os premios, así como outorgar mencións especiais. O fallo será inapelable e darase a coñecer o día 22 de febreiro a través da prensa e do taboleiro municipal.
O cartel gañador será será o anunciador do Entroido 2011 en Cangas, do que proximamente se dará a coñecer o programa, e, xunto cos outros tres premiados, pasará a propiedade do Concello, que poderá organizar exposicións públicas cos traballos seleccionados.


sigue y suma


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUEN DIXO QUE O CONCELLO DE CANGAS NON TEN CARTOS12-01-2011
si señor isto e o que se lle chama unha boa xestion en vez de intentar sanear as contas seguimos metendo pufos.....
isto e unha broma
RE: QUEN DIXO QUE O CONCELLO DE CANGAS NON TEN CARTOS13-01-2011
Non entendo o sentido da "denuncia". Non sei si critica que se gasten 600 euros en promocionar unha festa como o antroido ou si lle parece mal que unha alcaldesa ou alcalde (figura lexítimada polos votos do Pobo) formen parte do xurado ou non sei qué.
Todos os Pobos (TODOS) teñen débedas e todos celebran algún tipo de festa.
non entendo
RE: QUEN DIXO QUE O CONCELLO DE CANGAS NON TEN CARTOS13-01-2011
Esta alcaldesa non esta lexitimada por nada, chegou ao posto asinando un acordo que non cumpríu. Ten absoluta deslexitimación moral e como persoa.
unha auténtica trepa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados