Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...07-01-2011
Un día máis, eu xa perdín a conta, parte do centro urbano de Cangas (poderíamos falar tamén de Bueu ou Marín) anégase de auga… Unha inundación “natural” nun ambente “artificial” como é o casco urbano de Cangas. Moita xente pregúntase, ¿Por qué?

As principais causas resúmense nos seguintes puntos:

1) Actuacións (ILEGAIS) no cauce fluvial do río Bouzos: Actuacións como o soterramento do cauce do río Bouzos no seu último tramo, canalización con muros de contención en distintos puntos do cauce, pontes sen a suficiente anchura de luz… Provoca o aumento do caudal e a súa velocidade, aumentando a probabilidade e concentración das avenidas-crecidas nos ríos (avenida= o caudal aumenta en tales proporcións que o leito do río non pode contelo).

2) Actuacións (ILEGAIS) no estuario do río Bouzos: O aterrado creado sobre o estuario do río Bouzos (actual praza das Pontes) actúa como unha “presa” evitando o desagüe natural do río Bispo, agravándose coas mareas cheas (para información de todo/as, hoxe a marea estaba baixa…), provocando a acumulación de auga nas zonas circundantes. Claro, estes aterrados incumpren a lei 22/1988, do 28 de xullo, comunmente denominada “lei de costas” que determina a prohibición de construír e aterrar o dominio público marítimo-terrestre. Para a información de todos/as, un estuario pertence o dominio público marítimo-terrestre, e ten unha funcionalidade ecolóxica, facilitar o desagüe dos riós ó mar…

3) Urbanismo (ILEGAL): A construción de edificios, galpóns, muros… provoca que a auga do río Bouzos, que antes “fluía” sen obstáculos, agora queda embalsada, desprazada do seu cauce ou concentrada nun punto, o que aumenta a súa velocidade e así a súa perigosidade. Estas edificacións incumpren a lei 29/1985, do 2 de agosto, comunmente denominada “lei de augas” que determina a prohibición de construír edificacións a menos de 100 metros dos ríos… Algunhas con orden de derribo dende fai anos, pero ninguén fai cumprir eses ordenamentos xudicias para restituír a legalidade…

4) Infraestructuras viarias: A construción na década do 2000 do Corredor do Morrazo, provocou que aumentase a escorrentía (auga superficial que non absorbe a terra) cara o val de Coiro, e concretamente ó río Bouzos (pero tamén poderiamos falar do Bispo, da Fraga, etc) aumentando o seu caudal, isto é lóxica pura, onde antes había monte e terra, agora existe asfalto e cemento. Claro que isto agravarase coa futura ampliación do Corredor en Autovía, concretamente, duplicarase ó caudal que ata agora chega ó rio Bispo dende esta infraestrutura.

5) Eliminación da vexetación de ribeira: O contrario do que pensa a opinión pública, a eliminación da cobertura vexetal dos cauces dos ríos facilita o aumento da velocidade da auga, así como, do seu caudal e do material sedimentario (terra, pedras, etc), aumentando a perigosidade das avenidas e facilitando as inundacións. Entón, por que se elimina a vexetación? Simplemente, porque obstaculiza as cañerias ILEGAIS do último tramo do río Bouzos… un beneficio técnico puntual (eliminación da vexetación), crea un perigo potencial maior (aumento do caudal e a velocidade da auga)…

SOLUCIÓNS: Moi sinxelas:

1) Desfacer os aterrados e canalizacións no estuario e no último tramo do río Bouzos, devolvéndolle o seu cauce natural ó río.

2) Respetar e facer cumplir a lei 22/1988.

3) Respetar e facer cumplir a lei 29/1985.

4) Realizar actuacións de amortecemento hidráulico no vial do Corredor.

Aquí tedes o asesoramento (resumido) e gratuíto dun licenciado en Ciencias Ambientais.

Un saúdo.
Aquila


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...07-01-2011
Existe un erro obvio no punto 2: onde dí Bispo, ten que poñer Bouzós.

Indícono para evitar os comentarios de "algún espabilado" que se vai quedar na "forma" e non no "contido", se chega a leelo por completo claro...
Aquila
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...08-01-2011
toda a razón
e o triste é que nunca se cumprirá a lei
can de ajuas
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...08-01-2011
Unha pregunta, ¿Por qué no lagares non sucede o mesmo ó paso dende castrelos a portanet?

Non contestes coa escusa da rúa olímpicos porque iso xa ó arranxaron este ano (era culpa das pluviais do barrio de coia)

Un saudo.

PD: comparto a solución do estuario.
Cosas que pasan
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...08-01-2011
totalmente de acordo contigo aquila, aqui adicamonos a edificar nos cauces e logo a queixarnos das consecuencias, anda que non faria mais bonito a cangas ( o a moaña que fixeron o mesmo co rio dos ladrons ) un rio atravesando o pobo coas suas beiras ben cuidadas para pasear por el.
juanete
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...08-01-2011
Para "Cousas que pasan":

A gran diferenza, se te das conta, é que a canalización NON é no estuario. No río Lagares, aínda existe a xunqueira "do Lagares" que é unha zona de estuario cunha función ecolóxica (igual que o estuario, agora aterrado, do rio Bouzós, ou do río Bispo) que é amortecer o caudal de auga do río con respecto ó nivel mareal (a xunqueira do Lagares INÚNDASE cando o Lagares vai con moita auga...). Tamén existen outros factores, se te fixas, o río Lagares é un río de maior entidade, que os rios Bouzós e Bispo, cun val de maior extensión, e cun cauce máis amplo, o que facilita o amortecemento de avenidas. Pero ollo, insto non significa que non exista perigo, senón que o risco de avenida prodúcese nun maior periódo de tempo. Ademais, a maior parte do casco urbano de Vigo, non verte as súas augas pluviais no río Lagares, senón directamente ó mar.

Un saúdo.
Aquila
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...08-01-2011
A soluciòn non è sinxela dado as barbaridades que se teñen cometido, en nome do progreso (urbanismo salvaxe e corrupto por parte de case todos os politicos que nos teñen gobernado ata agòra.) unha das solucions seria non votalos, ata que realmente os politicos se comprometeran a facer as cousas ben e se asi non fose, que o pagaran con pena de cadea. que agora todos os delitos è desfalcos que levan cometido saironlle gratis.
antonio maria rouco varela
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...09-01-2011
Aquila tes razón en casi todolos motivos das inundacions en Cangas, pero creo que che falta o principal e que a chuvia de agora non e coma a de antes.
En canto as solucions que das parecenme un pouco utopicas por non decir imposible de realizar a dia de hoxe.
E o que hay.
Saludiña que haixa
sudoeste
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...09-01-2011
Sudoeste, as solucións non son tan "utópicas" como ti pensas, a única que vexo con algo de problemática é a de levantar o tramo de río que está canalizado dende a rúa Atranco ata a praza das Pontes, se mal non recordo un dos edificios que está enrriba do río nesa zona ten orde de derribo...

As outras solucións son totalmente factibles, dúas delas son leis que temos que respetar TODOS. O levantamento do aterrado da praza das Pontes, onde estaba o antigo estuario do río Bouzós, e as dúas antigas pontes (unha delas medieval) é totalmente factible. Por último, só se tería que actuar no trazado do vial do Corredor do Morrazo, e poderíase aproveitar o seu desdobramento en autovía, para mellorar o seu sistema hidráulico.

Quedarse de mans cruzadas, iso sí, que non soluciona nada...

As chuvías dubido moito que teñan un grado de responsabilidade equiparable o FACTOR HUMANO de construir e ocupar os terreos que non debe... É moi doado botarlle a culpa as chuvías e o río... pero estes "factores" xa estaban ahí antes dos edificios e as estradas...

Un saúdo.
Aquila
RE: O POR QUé DAS INUNDACIóNS EN CANGAS, E ALGUNHAS SOLUCIóNS...11-01-2011
Moi interesante a túa aportación.
Unha dúbida: qué artigo da lei de augas prohibe construír a menos de cen metros dos ríos, a min o único que me sona é que se ten que manter unha policía de 100 metros, pero pedindo o permiso deixanche construír ate 5 m do río.
Outra cousa: como opción sen tirar os edificios, sexan legais ou ilegais probablemente ía custar pasta ao contribuínte, unha opción sería facer pasalo río pola rúa Noria, con paseos peonís nas dúas bandas, melloraría moito a imaxe da zona.
Tamén hai que pensar en dar saída ao regato que chega á zona de Longán, que nunca tivo saída directa ao mar senón que formaba un humidal. Unha zona bastante achegada chámase Cantalarana. Máis cabesiña e menos voracidade co ladrillo.
keimakasas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados