Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
britney spears christina aguilera fuck pictures blowjobs
Indispensables
Donde ...
Guia
QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Haz click para ampliar O motivo da presente nota é comunicarvos o inicio do estudio da queixa do Foro Social de Cangas ante o Valedor do Pobo, que foi transferida ó Defensor del Pueblo en Madrid.
Argumentamos a nosa indefensión ante unha tramitación ilegal e os que se queren aproveitar da lentitude da Xusticia para practicar políticas de feitos consumados que conlevarían danos irreversibles.
Vos adxuntamos o texto da queixa e a comunicación do Defensor del Pueblo
(Click en la imagen para ampliar)

.......................................................................

Valedor do Pobo
Calle del Hórreo, nº 65
15700, Santiago de Compostela


Estimado Sr.:

O motivo da presente é expoñerlle a situación creada en Cangas do Morrazo (Pontevedra) pola concesión administrativa destinada a un porto deportivo outorgada pola Autoridade Portuaria de Vigo a empresa Residencial Marina Atlántica S.A.

Dita concesión é unha peza mais dun proceso especulativo que pretende recalificar unha importante zona industrial e portuaria de case 200.000 metros cadrados situada a menos de dous kilometros do centro da vila.

Aparte da importancia da desaparición de esa zona industrial para o futuro de Cangas, ocupa uns 250.000 metros cadrados de lámina de mar pertencentes a autorización marisqueira de ostra, ameixa e navalla aprobada en Orde de 17 de Outubro de 1972 que ten como adxudicatarios a Confraría de Pescadores S. Xosé de Cangas e arranca do espacio calificado como 6b-Cabo Home nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provincial de Pontevedra publicadas no D.O.G. nº 17 de 24 de xaneiro de 1990, sendo a zona de grande importancia natural para especies como o arroás (Tursiops Truncatus), e estando presentes ecosistemas abundantes en algas coralinas que se denominan maerls, que chegan a ter mais de 8.000 anos de antigüidade e cuxa protección é recomendada por programas europeos.

A recalificación en terra foi freada polo rexeitamento popular ó Plan Xeral expresado en dúas manifestacións de 5.000 e 8.000 persoas o 19 de Marzo e o 3 de Abril de 2005, anulándose logo a aprobación inicial do Plan en pleno municipal o 7 de Abril, pero a empresa Residencial Marina Atlántica S.A. pretendeu facer valer a súa concesión administrativa, outorgada de unha maneira totalmente irregular e falta de transparencia, e iniciou as obras o 23 de Agosto de 2005.

A Confraría de Pescadores S. Xosé de Cangas ten presentado ante o T.S.X.G. un recurso contencioso administrativo contra dita concesión, e presentou denuncia por delicto ecolóxico ante un inicio das obras falto das mínimas condicións de respecto ambiental.

Pero a Xustiza camiña ó seu ritmo e os promotores inmobiliarios o saben, estando as obras xa acabadas cando chegan as sentencias. Para evitar esa política de feitos consumados, a plataforma veciñal Foro Social de Cangas, formada por 23 asociacións, agrupacións, partidos políticos e sindicatos, decidiu paralizar as obras o 16 de Setembro de 2005, interpoñéndose un grupo de veciños diante das escavadoras.

Van mais de cinco meses diso, un grupo de veciños mantén guarda diariamente para impedir o inicio das obras. A actuación é absolutamente pacífica, aínda que se produciu un incidente grave o 20 de Xaneiro, cando un obreiro agrediu a un manifestante de 70 anos golpeándoo coa porta de ferro dun contentor.

A Garda Civil intervén identificando diariamente ós manifestantes, e se están a recibir citacións xudiciais para xuízos de faltas por coacción.

Nos pensamos que nos atopamos nunha situación inadmisible para un estado de dereito, igual que a empresa promotora di que ten un papel para comezar as obras, os mariñeiros teñen unha autorización para traballar en dita zona sen que ninguén lles retirara ou expropiara ese dereito. Un grupo de veciños é o que ten que velar para que non se realice unha obra ilegal e de impacto irreversible sobre o entorno, e aínda se ven involucrados nunha forte tensión cos traballadores da obra e premidos por actuacións xudiciais.

Sabemos que o Valedor do Pobo non pode actuar cando hai causas xudiciais en curso, pero pensamos que nos atopamos nunha situación de grave indefensión ante os que se aproveitan da lentitude da Xustiza e pretenden facer valer a política de feitos consumados.

Lle pedimos encarecidamente que nos aconselle sobre a mellor maneira de actuar e interceda ante as administracións para lograr unha paralización cautelar da obra que conduza a unha solución racional e de dereito para o conflicto.

Reciba un atento saúdo

Cangas do Morrazo a 1 de Marzo de 2006

FORO SOCIAL DE CANGAS

>> Ampliar datos FORO SOCIAL DE CANGAS


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Moi ben, moi ben. Todo o que se faga contra a barbarie urbanística está cogolludo.
Ánimo e a seguir que aquí os únicos que se están a mollar sodes vós.
Lucho
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Paréceme acertada a decisión de probar sorte coas administracións todas, cantas máis millor. Agora ben a figura do defensor del pueblo en España e do valedor do pobo coido que é eminentemente simbólica. Pero o que si é de agracecer é todos os esforzos que estades a realizar. Para que despois digan e boten por fóra...
SALVEMOS MASSÓ!!!
Lucía
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
No sé si servirá lo del defensor del pueblo o no, sólo sé que el Múgica ese es un personaje de armas tomar que estaba en contra de Euskal Herria y toda la ostia. Supongo que primero se lo mandarían al de Galicia y este al ver el envolado que se traía el asunto, aparte de la Autoridad Portuaria depender del Ministerio de Fomento.
Punto pelota
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Ánimo chabales que hay que organizar otra manifa y joder a toda esa mafiada.
El Abel Caballero tenía que ir preso mecago en la puta.
Tina
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
UN SALUDO PARA LOS DEL FORO Y A SEGUIR QUE A ESTO YA LE QUEDA POCO. AHORA MUCHOS DE LOS QUE HECHABAN POR FUERA EN CONTRA VUESTRA SE TIENEN QUE CALLAR PORQUE NO TIENEN CREDIBILIDAD NI OSTIAS.
PABLO
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Si,si o que hay e moito rajao que antes salía no foro de debate a esbardallar e agora danse conta de quen tiña razón. E diría que hai que facer outra mani canto antes e o delegado que vaia contestando que xa son horas.
CON CANGAS NON SE XOGA!!
Pucho
A POR CAIXANOVA QUE SON UNS CHOURIZOS23-03-2006
O que non é de recibo é o que se vén denunciando dende hai tempo por estes debates: a implicatura de Caixanova nesta trama especulativa. Deberían sacar unha lei contra estes chanchullos que estamos ata as pelotas de que os poderosos nos rouben.
Patri
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Concordo co que apunta o que se refire a Caixanova. Pero ahbería que ir facendo algo xa pra obrigalos a saír do negocio. Tanteando o ambiente xa poidemos comprobar moitos como a peña está ata as narices deles e estarían dispostos a retira-las súas contas dalí.
CAIXANOVA DELINCUENTES
uoiuoiuoiuoi
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Lo que hay es que empezar a quemar cajeros y dejémonos de tonterías, que es el único lenguaje que entienden estes hijos de su madre.
SALVEMOS MASSÓ!!
Van
CAPITALISTAS SEN ESCRÚPULOS Ó PAREDÓN23-03-2006
Os de Cangas saudamos os esforzos do Foro por intentar acadar unha solución a este conflicto. É certo, como indicaba algún camarada máis arriba, que o Múgica ese é un papán como defensor do pobo, pero tamén é verdade que hai que intentalo todo. Se se pode hai que falar coa UE aínda que non sexan exactamente santos da nosa devoción.
E do resto a seguir e a dar moita caña para dar exemplo a outra vilas do país onde queren levar adiante este tipo de barbaries.
CANGAS NON ESTÁ Á VENDA!!
Manu
LOITA SEN CUARTEL23-03-2006
eu quero incidir novamente no que apuntan os compañeiros máis arriba, que se caguen os de Caixanova. O ambiente público énos favorable e iso hai que aproveitalo que a picoletada non sae da madriguera por que tamén eles miran o perigo dunha insurrección popular e porque son uns cobardes.
GLADIATOR
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Mi más sincero apoyo a los del Foro por que llevan medio año resistiendo. Y más allá de eso el otro día en la manifestación se demostró que aquí hay leña para rato. Que la movida no se acaba con los históricos, que aquí hay mucha juventud con ganas de arrear vara si las vías legalistas no nos sirven.
SALVEMOS MASSÓ..,,,,!!!
Ácrata siempre
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
¡¡¡¡¡ AUPA ESE FORO !!!!!!
AUPA
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Esta moi ben o de informar o valedor do pobo . Pero hoxe en dia hai que meter mais caña para que a xente se entere e haberia que sair na tv a nivel nacional para que se sepa o que aqui esta ocorrendo. Por exemplo na seccion que ten CQC de denuncias ou nalgun programa de denuncias
J.A
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
O que habería que plantexarse a partir de agora era, por exemplo, ir a boicotear tódolos actos de Abel Caballero (autoridade portuaria) para fodelo xa que ese mafioso está a saír tódolos días nos periódicos pra afianzar a súa carreira pola alcaldía de Vigo. Eu non sei como os de Vigo poderían votar a un elemento como este que supedita recheos como os de Bouzas e o de MASSÓ.

CANGAS NON É VIGO
Rouco
E CO PP QUE FACEMOS?23-03-2006
Hai que deixarse de mirar para outros lados como Caixanovaa e outros temas que tamén son importantes, pero non estaría de máis esixir responsabilidades políticas a Sotelo. Pero iso xa é traballo da oposición municipal mentres ó pobo tócalle operar na rúa como o domingo da manifa, Para cando outra? Penso que fai falla.
CANGAS NON ESTÁ Á VENDA
SOTELO DIMISIÓN!!
Carquixa
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
Se as autoridades e a xustiza non responde e pasa loímpicamente do pobo, deberíamos saír máis á rúa. Non pode ser que todo o estean a facer os do Foro. Hai que repartirse o traballo, que pasa? Só traballamos por Cangas cando veñen as eleccións? Algúns nin iso, manda carallo.
Calor contra eses sinvergüenzas que están a escarallar a nosa vila.
Fiti
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO23-03-2006
¿ Cantos habitantes ten Cangas ? mais de vinte mil no ? Pois si a manifestación solo foron 1000 persoas as contas estan claras. Menos de un vinte por cento os apoia, tampouco e pra botar foguetes digo eu. Estades en clara minoria o que teña ollos que mire e o que non que siga patalexando. Agora poñedevos a insultar que e o que facedes sempre que alguen non vos da a razon.
Pepe
PARA J.A23-03-2006
Yo ya lo dije por aqui, que se lo manden a la Milá o a siete dias siete noches o a cualquiera de los programas denuncia que dan en la telebasura, no se a que esperan ......
Laura
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO24-03-2006
Non vos equivocar, EL DEFENSOR DEL PUEBLO, a min persoalmente solucionoume un problema de caracter laboral, e estou moi contento no que me axudou, asi que confiade un pouquiño mais nestas persoas, xa veredess como vos votan unha valiosa man...
RE: QUEIXA DO FORO SOCIAL ANTE O VALEDOR DO POBO27-03-2006
Ánimo:
Si bajáis el listón de vuestra lucha, aprovecharán cualquier momento para desactivarla. Ojo!
Vuestra lucha es justa, muy necesaria y ejemplar
para el resto del Estado.
Muy importante difundir en toda la prensa escrita
y audiovisual.
Hay alguna manera de que alguien pudiera hacer sobre una foto de la zona de Massó una recreación virtual de cómo quedaría de "bonita" la
zona tras la "intervención" auspiciada por el
"repulsivo" alcalde de Cangas y sus aliados?
Sería muy importante verlo, parea que la gente se diera cuenta de la brutalidad que supone.
Salud y adelante, que dan asco!
M.O.M
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados