Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
¿que pasa coa lei? ¿Vai avante ou non?
Despois de meternos de cabeza nunha crise de carallo, agora vamos ser uns apestados e uns enfermos por fumar un pitillo mentres tomamos un café tranquilamente.

Escoitei o outro día na tele que non sei en que pais quixeron impoñer esta mesma lei pero non foron capaces pois a sociedade revolucionouse.

Aquí pode darnos Zapatero polo cu canto queira que todo mundo está calado e fala de portas para dentro.

¿son eu a única a que lle jode que zapatero se nos meta ata nos momentos do café con cigarrito?????
gaviota


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
Non sei se a lei irá diante ou non, pero a min encantaríame sair unha noite en non voltar a casa tendo que meter directamente a roupa na lavadora, do cheiro a tabaco que trae.
philip morris
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
Ao mellor a túa saúde vaicho agradecer
carcinoma epidermoide
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
informate un pouqiño pero en irlanda e nova zelanda a lei antitabaco e mais drastica que aquí vai polo xapon pola rua e veras canta xente fuma o que pasa hai que ter un pouquiño de educación e non fumar e certos lugares pero xa sabemos de onde procedes o mellor fastiadelle o teu acolito rajoi
lito
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
Yo soy fumador, hace unos 15 dias pasé un fin de semana en Portugal y alli la ley antitabaco la llevan a rajatabla. No se puede fumar casi en ninguna parte. En los restaurantes y bares la gente sale a fumar a la puerta y me temo que es lo q nos espera aqui. Si queremos seguir fumando es lo que hay y si no es una buena razón para pensar en dejarlo.
Pablo
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
Gaviota idiota, acábaste de lucir. ¿de verdade que pensas que todos os que andamos por este foro somos parvos?. vas a sacar moitos votos aquí, carroñeira.
Vai a Francia ou a Italia ou a Alemania e fuma un pitillo en calqura sitio onde haxa xente (tanto da que sexa público ou privado).
Terás sorte si non te poñen en adobo.
Tira-puxa
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
isto non se trata de tabaco nin de liberdade para fumar.
O que queren os do PP é seguir co seu mantra de ¡Vayase Sr Zapatero!, e a min non me importaría que se fora Zapatero, pero que se leve con él ós franquistas do PP, con Aznar e Rajoy á cabeza
o mantra zapateril
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
EU NON SON FUMADOR PERO OS BARES TEÑEN DEREITO A ELEXIR SE SEPODE FUMAR OU NON e si tes un cativo no o leves o bar dos fumadores levao a unha ludoteca
un
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
deixaros de papahostiadas co tabaco ( que se fumara por desgracia igual que agora) e queixarvos da subida da luz que volve a ser outro ATRACO dos gobernantes
failume
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....27-12-2010
E a min Zapatero non me deixa foder.
Contra a lei antifornicio
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....28-12-2010
proibírinlle fumar á gaviota, pero non che proibiron fozar nos contedores de lixo poñendo todo perdido de merda, ¡cochina!
gaviota porcona
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....28-12-2010
gaivota sigue mamando , no pitillo porca .
o can
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....28-12-2010
É certo que o zapatero e outro pelele máis, co agravante de non se decatar que pertence a extremadereita. Pero o que non se pode e ir dicindo por ahi que foi él quen nos meteu nunha crise, por que ese honor correspondelle a aznar.

Por certo, o que comentas do tabaco, non foi por prohibir fumar, foi por subir de golpe o precio do tabaco, e ocurriu fai 10 ou 15 anos en Francia e mais en Italia, onde a xente se abalanzou a atracar estancos. Para que logo digan as "autoridades sanitarias" que a heroina engancha.
f&r
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....28-12-2010
Vai a Francia,ou Italia ou...ou..pata todas as normas europeas malas logo saen as comparacions con europa,polo carallo decides o mesmo cando se fala de traballo,paro ou soldo.Non fumar,non beber alcohol,non sair pola noite,cuidado coas hamburguesas e comida lixo,conduce acojonado polos puntos,e che quitan xa ata o coche,o monte non se pode ir,adeus as churrascadas,as praias cada vez mais normativizadas,estado de alarma...toque de queda permanente e o que lles falta e prohibir todo,e algun inda nos ha comparar con China ou corea do norde.Tiñan que prohibir todo.Pero inda que fastidie decilo,con Franco isto non pasaba.
ele
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....28-12-2010
Non con Franco non pasaba...isto pero si cousas moito mais graves, non mezcles amijiño
O SINIOR AFRANIO
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....29-12-2010
psss isto non e nin francia nin italia E A ISTO AQUI LLE CHAMAN DEMOCRACIA o que somos e uns borregos uns putos borregos damos pena
somos borregos e xogan con nos
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....29-12-2010
Ale, ele, dálle ó pitillo que o vaqueiro de Marlboro di que é bo, e non chejes nunca a casa sobrio, e toma outra McKing que só valen 1,99, e que ninguén che quite a liberdade de conducir bébedo a 180, nin de facer a churrascada co colocón onde che pete ou entrar na praia co loro á tope e o pitbul solto. Dalle machiño, que a vida é curta e hai que vivila en LIBERDADE..
coma un páxaro
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....29-12-2010
beee beeee, como ovelliñas, o que diga zapatero, amén todos a misa.....

Así nos vai, así está o pais, sen ninguen que lle diga a ese home que se vaia para casa, asi estamos.... idea aviados....

Todo prohibir e prohibir sen dar solucions a cousas importantes...

gaviota
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....29-12-2010
Ti o que eres é un hooligan: todo o que fai A é bo e todo o que fai B é malo
máis neuronas traballando por favor
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....29-12-2010
Como fumador teño moi claro que non vou votar,o que a golpe de decreto,non da liberdade de fumar,nin alternativa os que teñen un local de decidir en liberdade si no seu local se fuma ou non.Tampouco penso votar o que me quitou a churrascada en Castiñeiras,que xa e dificil que arda Castiñeiras,que poñan un coche de bombeiros,non,sacadeos do monte,logo virán pedir que vaia apagar o lume.Tampouco vou votar a quen me criminaliza como conductor,sacame puntos,e agora tamen o coche,o coche esa ferramenta de traballo,podes quedar sin él,simplemente por reincidir en exceso de velocidade por radar,e non vos equivoquedes,non é unha medida excepcional,e xeral.Como te pillen duas ou tres veces a 81 en zona de 50...teu coche,tua ferramenta de traballo depende dun xuiz.De que liberdade me falades? hannos decir o que temos que comer,onde temos que bañarnos,etc..non é novo o tema de recortar dereitos en nome da seguridade,e si hai moito si guana a todo que di Papa Estado.Europeos,que rabia macho,sempre somos europeos cando nos recortan ou prohiben cousas,nunca somos europeos pa cobrar soldos coma eles.Eu non sei si a mais de 4 que non fuman,lles van obrigar a usar desodorantes,ou as mulleres perfumes mais suaves que non tumben o seu paso,tampouco sei si o autobus,camion de turno,cando para o lado dun parque infantil,pois como que é aire puro o que desprende,cando sanidade (ese Deus) diga que o colesterol dispara o gasto sanitario,adeus o noso cocido, e algun inda dirá que e por nosa saude.Estamos politicamente aborregados.Pedir un local,onde poida un fumar,e tan grave? ata os yonkis teñen narcosalas.Eu non voto,a quenes me prohiben o unico vicio,que me aguanta o nervio.E non quero deixar de fumar,e peor o electrodo soldador,ou os disolventes dos pintores,iso non o prohiben.Meu pitillo dun dia pa outro e o mal da humanidade...hipòcritas.
Bahamonde
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....30-12-2010
Ti o dixeches, é un vicio o que tes. E non estarías mellor sin el?.
Sid
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....30-12-2010
O que si debería e meterse en nas leis laborais e obrigar os empresarior a incluir un plus de peligrosidade nas nóminas dos que traballan en presencia de fume. Pero claro é máis doado e mellor visto prohibir taxantemente, para iso vivimos en Hispanistán.



PD: Os homes deberán levar barba e as mulleres os cabelos tapados
f&r
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....30-12-2010
Unhas 54.000 persoas morren ao ano polo tabaco, unhas 13.000 son atribuídas ao alcohol e unhas 3.000 morren na carreteira.
A min paréceme normal que se lle de un pouco de caña ao tabaco, e a ti?
E ao alcohol tamén lle faría falla algo máis de control, non si?
libertade
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....30-12-2010
Desde logo que hai leises que non teñen nin pes nin cabeza. Non me parece ben proibir fumar, nin conducir borracho nin ir a 180 km/h pola carreteira de Moaña a Cangas. Non estou de acordo con proibir nada.
O que tampouco me gusta é que morran os camareiros de cancer de pulmón, nin que un borracho a 180 por hora me mate a cabuxa na Costa do Cuco, e moito menos si en vez da cabuxa me matan a un familiar...eu que sei, igual están ben feitas esas leises.
¿quén sabe?
¿quén sabe?
RE: ZAPATERO NON ME DEIXA FUMAR....31-12-2010
Pode que si, pero tamén debera haber unha lei que impida que se gasten 150.000 millóns de euros en "rescatar" aos bancos, culpables precisamente da burbulla inmobiliaria e o seu estoupido
http://www.larioja.com/20081102/economia/espana-destina-rescate-bancario-20081102.html
somos parvos?
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados