Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
Parece ser que esta ano non imos ter alumeado navideño no pobo, de momento so hai algunhas luces na praza do concello e rotonda.
Vale que estamos en crise, pero cos cartos que se levan despilfarrando nos derradeiros anos no noso concello non vexo eu que non se poida poñer alumeado navideño, joder que cutres.
Xa sei que isto non é nin prioritario nin nos vai solucionar os problemas cotidiáns pero non entendo que non se adornen as rúas, si non pode ser tanto pois que sexa cuanto, dentro de 4 meses vamos ter estandartes a punta pala de tódolos partidos, e iso si que é un despilfarro, ademáis pagado non só con cartos dos partidos senón tamén con cartos públicos.
en fin neste país as veces queremos aforrar céntimos e tiramos cos euros...
yosi


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
pois eu a verdade non o vou votar de menos, sempre me pareceu un exceso de gasto, ainda que sei que hai a quen lle gusta moito
linjote
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
para min esta ben como esta , xa sabemos que estamos no nadal , sin o despilfarro brutal de luz polas ruas , cando no se pode , non se pode .
o can
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
estou da cordo en que non se poña nada de luces , e o que a queira , que a poña de seu peto , asi tamen saben o que costan.
o tirano
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
Pois eu estou de acordo con que non se poña demasiado alumeado. E os 6 ou 7 mil euros que aforren que os dediquen a pagar a proveedores, que penso que teñen mais importancia. Todos sabemos ben que as cousas non están para florituras, xa tivemos momentso con super alumeados, pero cando non se pode.... noutros sitios gastan moito en luces e despois non teñen nin pa estampitas. Fan ben en aforrar.
Chispas
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
é verdade que estamos en crisis pero normalmente ese tipo de alumeado axuda e chama as ventas dos comercios do pobo.Non estaría mal que entre Fecimo e o concello puxerán unhas poucas mais de luces.
relojero
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
A ver eu soio o comentei porque a min me gusta e xa fai moitos anos que se poñía, nada máis, e si non se pode e a maioria pensa que non pois sin problemas, faltaría máis. Por outra banda eu xa pago o alumeado que poño na miña casa, home non bos enfadedes.
O que pasa que o aforro que isto supondrá imaxino que se dedicará a cousas máis importantes, pero lamento dicir que por desgraza non creo que sirva para pagar a proveedores, sobre todo os pequenos nese tema o concello de Moaña está a cabeza en pufos pero bueno ese xa é outro tema. Saúdos
Yosi
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
a min dame igual que o poñan ou non, pero sin alumeado a xente vai facer as suas compras a outro sitio seguro.
enfermeira
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
A min dame igual, recoñezo que en tempos de crise me parece ben. Hai que ten en conta que a maioria dos concellos reduciu o alumeado. Sobre as compras, o que queira gastar os cartos o vai a invertir no pobo ou noutro sitio...
maruchi
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
Non a xente antes non iba a outros sitios a mercar, non que a xente jastaba todo en Moaña. un pouqiño de por favor.....
O SINIOR AFRANIO
RE: ALUMEADO EN MOAñA09-12-2010
eu estou dacordo co que decidiu o concello, e si os comercios queren alumeado para animar a xente a comprar que entre todos poñan a iluminación, pero de nada sirven as luces si non hay cartos e os comercios tampouco baixan nadiña os prezos.

sara
RE: ALUMEADO EN MOAñA10-12-2010
A ver Yosi, ¿en qué se despilfarraron tantos cartos nos últimos anos neste concello?
En canto a “enfermeira” e “maruchi” as dúas (ou dous) empezan pola misma puntilla:
“ a min dame igual”… pero siguen erre que erre e poñen un pero…que si a xente vai mercar a outro lado, que si o que se aforra non sirve para nada…que si patatín , que si patatán.
Non vos queredes enterar, papahostias, de que temos unha crise enriba que non a salta un xitano e que xa non se pode vivir con tanto despilfarro como fai un par de anos.
Luces e villancicos, si queredes parafernalia saíde vós á rúa con candís e zambombas e deixar de marear ó persoal.
¡ah!, e procurade non facer moito ruido, que non está o forno para bolos.
tira-puxa
RE: ALUMEADO EN MOAñA10-12-2010
Hai tradicións mui difíciles de desarraigar, sobre todo cando chas inculcan con sangue tantos séculos seguidos.
impío
RE: ALUMEADO EN MOAñA10-12-2010
O malo e que nin comen nin deixan comer.

O meu caso é o seguiente: nos barrios xa levan moitos anos sen poñer o concello alumbrado de nadal, por que non daba para todo e son mais importantes os veciños do centro, ata ahí témolo asumido.

A humilde asociaicón de veciños xuntou uns cartiños coas cuotas dos seus socios e mercou fai tres anos unhas tiras destas de luces coas que se fixeron arcos de navidade tamén moi humildes e de andar pola casa.

Cada ano o concello daba permiso para colocalos pero este ano dinos que non e si queremos que temos que presentarlle un seguro de RC que nos custa case 300 euros e que ainda así co seguro na man dinos que o van valorar.

Joderr.... xa non pedimos tanto, pero ainda así písanos a cabeza, ¿por que ano tras ano non nos piden nada e agora tanto rollo para que non as poñamos????
Barrios
RE: ALUMEADO EN MOAñA10-12-2010
Mira tirapuxa, parece que falou Deus dende as alturas, en primeiro lugar decirche que insultar ós que non pensamos coma tí di bastante pouco da túa educación e cultura, pero alá ti.
Exemplos de despilfarro poden ser monumentos e estatuiñas pagados cos cartos de todos, utilización de servicios municipais para uso persoal dalgúns privilexiados, (isto o digo porque o parque móvil do concello consume carburante), ademáis si non hai cartos para o alumeado, pois non sei porque sí os hai para pagar foguetes de lucería, cartos para competicións deportivas privadas, etc. Por esta regra de tres que non se faga nada que non sexa pagar servicios básicos, proveedores, etc. o que pasa que isto non se fai como debe ser, de feito hai débedas con máis de 12 meses de antiguedade por parte do concello.
Referente o ruído, pois home coma non está o forno para bolos según dices, pois haberá que suprimir as festas e o entroido que producen moito ruido (que por certo todos disfrutamos) vai a ser que os problemas económicos do concello veñen do invertido "no brutal despilfarro" de anos atrás porque os que non nos enteramos de que estamos metidos nunha crise debe ser porque ésta comenzou fai un par de meses e non un par de anos... pero como somos papah... menos mal que estás tí para facernos ver as cousas.
En fin a ver si melloras o teu vocabulario e a túa educación.
Yosi
RE: ALUMEADO EN MOAñA10-12-2010
Navidad= festa comercial, resumo a quen lle interesen adornitos que os poñan nos seus comercios, haber porque temos que pagar cos nosos impostos unhas luces, cando hai cousas máis necesarias, moi bennnnn, supoño k en cangas seghuirán despilfarrando e aumentando a súa debeda , mentres que aqui irase reducindo por medidas coma estas.
todo é pouco
RE: ALUMEADO EN MOAñA11-12-2010
docordo totalmente con yosi, e co comentario do parque movil, os carros no concello a partir das tres no concello, e non circulando pola provincia pa servicios particulares, oiches millan, e deixa de joder os comerciantes.
enfermeira
RE: ALUMEADO EN MOAñA11-12-2010
É ben certo que neste mundo hai unha pandilla moi grande de acomplexados e faltóns que a falla de outras cousas toman un foro de opinión para insultar gratuitamente como "tirapuxa" porque o unico papapahostias eres ti, faltón... o unico que dixeches foi o mesmo ca min pero con distintas palabras... claro que ti debes de ser de eses que lle gustaría ter o altavoz todo o día a porta da túa casa oindo a "Boniem"... o que queira alumeado que o poña na súa casa, porque a min as farolas xa me chegan, e ademais merco en Moaña e non vou o Corte Inglés, faltón...
Maruchi
RE: ALUMEADO EN MOAñA14-12-2010
tira-puxa. Insultar, insultar, que algo queda, xa di o refrán (+-), "dinos de lo que decantas y dices lo que te falta".
moaña
RE: ALUMEADO EN MOAñA14-12-2010
cristians trasnochados , e con moita inorancia pura e dura .
o can
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados