Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/legit-essay-service/
Indispensables
Donde ...
Guia
REFLEXION03-12-2010
Celebran os fieis seguidores do deus Mariano a fin, a máis que probable caída do goberno actual e a volta ao goberno do Partido Popular que encabeza José Enrique Sotelo. Están no seu dereito a facelo, pero fagan unha reflexión. Abran os ollos e por un momento non se deixen levar por ese "guía" que as veces faime pensar que son iguais aos simpatizantes de Franco, ou das SS da alemaña da guerra.

Pode ser certo que nin a alcaldesa nin o tenente alcade cumpliron as expectativas dos moitos cangueses que nas pasadas eleccións démoslle o noso voto, pero paren un minuto e resposten a esta pregunta. ¿Qué fixo ACE máis alá do tema de MASSÓ? Nada. ¿Un partido de esquerdas pode facer a mesma política clientelar no noso concello que practica na Diputación de Ourense ou Pontevedra aquel partido que está moi lonxe do que nos pensamos?. Pois sí señor, iso se fixo en Cangas e todos sabemos a quenes se meteu na "casa de todos" a traballar (o que non o sepa que se vaia tomar unha taça de viño e rápidamente llo explicarán).

Trala errática política de Sotelo e do tripartito -cua súa novela dunha Cangas mellor- un xa non sabe ata onde onde pode chegar a nosa resignación. Cada vez estamos máis fartos desta política. O concello de Cangas necesita un cambio, brutal, pero dende arriba ata abaixo. Necesitamos salir deste pozo no que outros nos meteron tempos atrás e estes nos acabaron de enterrar.

Cando precisa desfacerse dos actuais políticos que mandan non noso pobo, pero tamén daqueles que se enriqueceron a costa do boom urbanístico e que agora dedícanse á náutica, ese deporte que soe estar ligado ao capitalismo).

O gasto do concello en personal é demoledor. Así non se pode seguir. Necesitamos solucións urxentes, e esas pasan por reducir o persoal (moito do cal entrou por ser "amigo de" pese a que agora reclama que se lle equipare cun funcionario que sí gañou a súa praza previo examen. Está claro que nesta xente, aínda que moitos dos que din ser da FPG se "iluminen" coas bombillas ou os "enchufes" -nunca mellor dito-, tamén está moi presente o capitalismo actual".

É certo que ao mellor os actuais dirixentes do PSOE, BNG ou PP non merezan repetir pola súa nefasta xestión. ¿Pero e ACE? Só pararvos a pensar nun dato: este partido (antigo FPG) sempre estivo liderado pola mesma persoa. O día que el marche, esa coalicción ou a antiga FPG tenderá a desaparecer do mapa político cangués. E se o DEUS pensa que non é así, que de un paso adiante, se aparte e el mesmo o comprobe. Entonces Cangas cambiará, seguro, e todos aqueles que por diferentes motivos non se atreven a dar o salto a política igual o farán.

PD: a esquerda canguesa ten que mobilizarse, unirse e evitar que o Partido Popular volva ao goberno de Cangas. Xa se está vendo o que fai Feijoo09, Baltar en Ourense, Louzán en Pontevedra, Mos, Porriño.....



ex membro do PSG


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: REFLEXION03-12-2010
Cuanto razón tienes amigo
Carlos
RE: REFLEXION03-12-2010
O sistema político actual é nefasto. Ao nivel dun pobo como Cangas a xente coñécese o suficiente como para que cun sistema de listas abertas saíran 21 concelleiros/as razoablemente normais e traballadores/as. Pero non, as listas son pechadas e os votos para os partidos máis votados valen bastante máis.

Despois, a administración local da un poder case absoluto á figura do alcalde. Isto favorece a aparición de pequenos tiranos dos que os exemplos de Lois Pena, Enrique Sotelo e Clara Millán demostran en Cangas que poden ser tristemente recorrentes.

Máis, a financiación dos concellos é insuficiente, o estado e a Xunta son os receptores da maior parte dos nosos impostos, e as necesidades dos núcleos pequenos só se coñecen dende a escala cercana e non entran dentro dos cálculos de votos que fan dende Santiago ou Madrid. O recurso máis habitual e nefasto é recorrer ao urbanismo para solucionar as necesidades orzamentarias, producindo diñeiro fresco a curto prazo e máis gastos aínda a medio prazo.

De todos xeitos, eu penso que debería ser posible un goberno local algo mellor que a liña experimentada por Cangas nos últimos tempos. Participación e transparencia está en tódolos programas, pero despois é moi difícil de cumprir. Nos tempos actuais non debera ser tan difícil facer consultas á poboación sobre temas puntuais. Nos plenos, os rogos e preguntas dos cidadáns non entran na acta, cando deberan ser fundamentais, incluílos na acta e atendelos.

Tamén penso que é moi difícil que a maior empresa de Cangas (o concello) funcione en mans de xente sen experiencia algunha. E xente con experiencia haina: os funcionarios/as son profesionais con estudos, probas de capacidade e, supostamente, formación continua. Pode que os políticos deberan deixar funcionar máis por se mesma a maquinaria do concello. E suprimir personalismos e intereses privados, que existe corrupción na adxudicación de obras e licencias o sabemos todos/as, e se deixamos gobernar ao PP xa institucionalizamos esa corrupción.

Sentidiño coas listas que facedes, que estamos en tempos moi revoltos e pode que se precise de xeito urxente unha colectividade forte.
ácrata
RE: REFLEXION03-12-2010
Detecto moi mala uva no denunciante se se me permite esta replica que quixera facer. Preghunta o denunciante que que fixo ACE amais do de Massó. O que non fixo foi traizoar ó electorado que o votou, iso está claro, pois asinouse un pacto de ghoberno cuns puntos ben claros que os outros socios incumpliron e isto prescindiche de apuntalo na túa denuncia.
Xoghas a enmerdar coas patrañas do suposto enchufismo, non en tanto, e tan anti-PP que es, esquece-la rede clientelar de 600 familias que tiña Sotelo.
Por outro lado a túa amnesia voluntaria lévate a aseverar aquí, non con pouca fachenda, que ACE non fixo nada. Poida que cara a galería non fixese nada pero por detrás o seu traballo máis incesante foi o de combate-lo persistente e absurdo boicoteo dos seus socios de ghoberno. É moi doado afirmar que non se fixo nada cando se controla a Facenda e se denegan facturas pras concellerías de ACE. É tamén sinxelo acusar a esta agrupación de esquerdas de enchufismo cando se procede a facer contratacións de costas a propia concelleira de Persoal cando ACE formaba parte do tripartito. É moi doado falar de depuración da esquerda cando se apoia partidos absolutamente corrompidos pola banca como os socios de ghoberno que tivo ACE. A canto ascende a débeda do BNG con Caixanva? Díghono porque é o partido que máis cartos lles debe.... E así poderiamos seguir toda a noite. Non tedes verghoña.
E aghora vides chorando que vai vir o PP a recupera-la alcaldía pra que voten por vós outra vez como "mal menor". A xente ha de votar o que lle pareza. O elector debe prescindir do chamado voto útil que xa se mira ben a que leva. A xente debe votar, se é que decide facelo, en consonancia cos seus ideais, así seghuro que non se verá nunca defraudado e apesar de que a súa forza política non sexa unha maioría ou unha maioría absoluta.
Por certo, "os rogos e preguntas" pra que o pobo participe meteuno Mariano Abalo cando presidiu a Xestora logho do conflito de Lois Pena. Ide a Vigho ou a outro lado e ese tipo de participación cidadá soaralles a chinés...
Bolxevique
RE: REFLEXION03-12-2010
Sighe reflexionando a ver a que conclusión cheghas.... pero que sexa en base a casos feacientemente comprobábeis, que eu xa teño mirado aquí espetar denuncias en base a flagrantes calumnias polo mero feito de lava-la cara e de facer dano a quen traballo polo interés do pobo..l..
Bolxevique
RE: REFLEXION03-12-2010
¿ex membro do PSG ou militante do BNG intentando rescatar algun voto?
! anda que te den!
RE: REFLEXION03-12-2010
Parece que se te cheira o medo no corpo polo que vai pasar nas vindeiras eleccions,e a ver si das unhs argumentos mais fortes para non votar a ACE,dende logo a min non me convences.
Se non queres caldo,SETE tasas.
RE: REFLEXION03-12-2010
A ver si me aclaro,¿a quen queres que vote a Clara Millon ou a Hector Pufero para salvar o pobo?A verdade non sei si prefiriria a $otelo,polo menos xa sei a que aterme cando gañe.O mellor de todos pa min é D. Jesus,!Ese si que sería un bo alcalde!todo o dia en contacto co pobo polas tabernas.
Pepiño Coeteiro
RE: REFLEXION03-12-2010
E curioso que o argumento que dan os defensores de ACE sobre o traballo feito por ACE é que non defraudou aos seus electores. Entón, os gobernos únicamente teñen esa función? Non defraudar ao seu electorado? Manda carallo, pois sí que iríamos ben así se así fose.

Eu non estou pedindo aquí nin o voto para o BNG nin para o PSOE nin tampouco quero que aqueles que desexen votar a ACE o deixen de facer pola miña opinión. Non quero convencer a ninguén, soamente dicir que Cangas se merece outra clase política, de moita maior calidade que a actual. O noso pobo está deixando de ser o referente do Morrazo, é iso é moi grave.

PD: Para aquel que pensa que son un ex militante do BNG dicirlle que está moi equivocado e que non tería ningún problema en tomarme un viño con el e debatir todo isto en persoa.

ex membro do PSG
RE: REFLEXION03-12-2010
Cando queiras tomamos unha taza, tamen debatiria eu moitas calumnias que votache ti na tua reflexion , e seguro que quedas parbo o ver o curriculum de algun.
!anda e que te den!
RE: REFLEXION03-12-2010
Pois igual me sorprenderías, por iso dime onde e cando tomamos ese viño. Se queres ata pago eu. Sería un pracer.
ex membro do PSG
RE: REFLEXION04-12-2010
compañeiro, por non defraudar ó seu electorado entendese que bolchevique trata de decir que ace cumpriu ou tratou de cumprir, ata onde lle foi posíble coi boicoteo dos socios, co seu proghrama, isto é que non venden fume coma outros e miran polos veciños
pisi home
RE: REFLEXION04-12-2010
Ostia! Como é iso? Cal é a función dun goberno fora do seu compromiso cos seus electores? Aquí están saíndo cousas moi interesantes! De qué se trata entón, de gobernar “para o pobo” pero “sen o pobo” non? Cumprir as consignas do partido ou os intereses propios, aínda que sexa incumprindo sistematicamente o programa electoral ou calquera tipo de pacto asinado... xa miramos, xa
aúuuhhh
RE: REFLEXION04-12-2010
Para Carlos e para o ex-miembro do PSG, que me parecedes o mesmo, reflexionade, se temos neste momento o goberno de Núñez Feijo, non será que QUINTANA, tivo moito que ver. Oito anos é fácil de gobernar, neste momento deberíamos a estar gobernados dende a Xunta por o bipartido, a non ser que tires por terra, o mínimo de coherencia co predicado... a foto do barco, os bailes, os autobuses e sobre todo as externalizacións das que tanto falaron, sexamos todos coherentes. E por certo, iso de invitar o viño, pode ser, pero ti tomaras auja, e despois criticaras o que tome viño
externalizado
RE: REFLEXION05-12-2010
a ests do BNG non de lle da pa mais pagar o que debedes puferos!!!!!!!!!
stop pufo
RE: REFLEXION05-12-2010
!!O gasto do concello en personal é demoledor. Así non se pode seguir. Necesitamos solucións urxentes, e esas pasan por reducir o persoal.!!
Ben falado, ! comentario dun socialista, e con coñecimento de causa, que tendo a concellala de deportes que reclama un soldo gañado con moito sudor (que despidan a uns cuantos que por ela vale a pena)
Cargo de confianza a secretaria dos socialista ( a secretaria) hasta ós conserxes poderian despedir sin incluir a Geno!
Cargo e soldo de confianza do bng al menos queda en FAMILIA, pero estes xa mandaron a Oliver a traballar.
Con todos estes traballadores con soldos de confianza o conello funcionaria perfectamente,e si se necesita axuda sempre podemos privatizar CONOTERO o CONTUCHO.
E como sempre que o pagen os traballadores ou non son eles os responsables da crisis.
sociaLISTA
RE: REFLEXION05-12-2010
sociaLISTA, chamemos a Zapatero e informemos que xa ten os/as responsabels da crise, xa temos a solución a crise Os traballadores do concello de Cangas, son os respnsabels da CRISE, dille...que o dí un ex-membro do PSG e que CARLOS dalle toda a razón.
¡Cánta envexa! e van, vai, de colega ou amijiños de sempre. ( xa dixen que Carlos e o ex membro do PSG e a mesma persoa), non teñen crise, pero a envexa faino vivir nunha crise continua.
externalizado
RE: REFLEXION05-12-2010
ex....¿sociata? "Detrás de la economía también debe haber poder, dado que solamente el poder garantiza la economía", menudo favor lle fais ós sociatas. ¿é o que queres?, ¿Queres realmente un goberno de esqueradas? ou só eres un resentido da FPG... ou un barriga chea do BNG....é o que parece... !viva o nacionalismo¡ Loitar por un goberno de esquerdas non se fai a conta dos máis pequenos.
Adolfo Hitler
RE: REFLEXION05-12-2010
E fácil criticar por criticar. Pero só unha cousa. Informate do número de traballadores do Concello de Cangas e do resto do país da súa mesma poboación. Logo daraste conta de se sobra ou non personal. Agora ben, se a túa política é a mesma que a do señor Baltar na Deputación de Ourense entonces enténdote e incluso te aplaudo. Así sí que me convences: Cangas necesita mais traballadores, moitos máis, e se entran sen aprobar unha oposición -como moitos dos actuais ¿OU NON?- moito mellor.

ex membro do PSG
RE: REFLEXION05-12-2010
Con compañeiros de camiño así, !para qué enimigos!
Sociatas andade ó loro.
Si votar cabiara algo, estaría prohibido. (Reflexión)
S. Vasquez
RE: REFLEXION06-12-2010
Bueno, lembrade que tamén está outra opción: Nardo Faro, de quen o "Faro de Vigo" dí expresamente que ten vínculos estreitos con mandos da Benemérita. Qué vos parece? Ésta Benemérita...
xelmírez
UPAC TIENE MI VOTO.06-12-2010
UPAC creo que tiene posibilidades de sacar 1 o 2 , es sabidisimo "la cocina" que hubo en el recuento de las elecciones anteriores.
Eu.
RE: REFLEXION06-12-2010
COITADIÑO A ONDE VAS sem parajuas anda vaite a cazar xaribins .
nardi-to
RE: REFLEXION06-12-2010
A ver ex membro de psg a túa reflexión non probocou mais que asco, ¿por algo sería non?quiza por a ignorancia e a falta de respeto que demostrache dende un primeiro momento.
PD:un consello;se queres un amigo para tomar unhs viños buscate un can,quizais Nardi poida deixarte algun,ou se non que te presten a Roni.
Membro do meu membro
RE: REFLEXION07-12-2010
En Cangas tenemos lo que nos merecemos y punto. Nuestros gobernantes son una representación del pueblo, y están ahí porque nosotros queremos. Si el 90% de este pueblo fuera educada, culta y honrada, ahora mismo todos estos señores (Sotelo, Clara, Héctor, Nardo y Mariano) no se presentarían a las elecciones. Pero como Cangas sobran los ignorantes, los incultos, los egoistas y los maleducados, pues esta gente se convierte en nuestros representantes. La gente que está en el concello no es más que la punta del iceberg de un pueblo degenerado que está podrido y corrompido por todas las esquinas.
desencanto
RE: REFLEXION09-12-2010
Pois eu estou tan a gusto coa xente de Cangas, O Hio ou Aldán e miro que xente como Sotelo ou Clara non é normal en absoluto. Paréceme que o que son maquinarias de veleno e corrupción son os partidos, onde o que está enriba é o que pisou a tódolos demáis.
pobo encantador
RE: REFLEXION10-12-2010
Desencanto, ¡Cánto vocabulario¡. Gracias por o teu coñecemento, acabo de enterarme que son un dexenerado, un podrido e un corrompido. Debo de ser trato de inmediato.
sos
RE: REFLEXION11-12-2010
xUNTATE con nardito tatata , e seghuro que te invita a unha empanada coma que tes ti ou mais grande .
PARA O EX DO PS....
RE: REFLEXION11-12-2010
sos, se aínda te enterache agora eres todo iso e moito máis.
desencanto
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados