Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES01-12-2010
Haz click para ampliar Esta maña en Pontevedra un ben agardado xuízo. Ten a ver coa denuncia que interpuxo a Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas contra o Concello de Cangas por non paraliza-las obras do porto deportivo que aínda se pretende facer en Massó.
Por todos é sabido a reticencia da alcaldesa a frear esta operación urbanística de gran calado. Sabido é mesmamente a forte débeda contraída polo BNG nacional coa entidade Caixanova que lle pagou moitas campañas sendo a día de hoxe a formación política que máis cartos lle debe á entidade financieira de Galloso. Tampouco se pode obviar que Clara Millán mentres foi secretaria de financiamento do Bloque mantivo estreitas relacións coa entidade esta que no canto de atender ás necesidades do pobo se adica a especulación salvaxe e a depredacións paisaxística así como á eliminación dos recursos pesqueiros dos nosos mariñeiros.
Quédanos saber se a man de Caixanova chegará máis unha vez ó xuíz que ten que dar sentencia a este caso. Seriamos ilusos se agardasemos ó 100% un resultado positivo malia que non había licenza e que a alcaldesa incurriu gravemente nesa deixadez de funcións. Non interesa sabe-los evidentes intereses ocultos, só queremos rematar dunha vez con este conflito e poñer a todos aqueles que delinquiron no seu sitio.
Grazas a tódolos veciños e mariñeiros por facer desta loita unha esperanza pra salva-lo que nos queda de costa neste pais.
>> Ampliar datos o ghato


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES01-12-2010
A min estes sacanme as ganas de ir votar dan noxo.
UNHA DE CANGAS
RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES01-12-2010
E curioso que ti que andas polos xulgados non nos informaras do xuizo que tivo lugar estes días e no que Quimaño de gañou, moi ao pesar de ACE e do PP, ao Concello de Cangas.

Porque somos moitos os cangueses e canguesas que dicimos que ese pacto ACE-PP para sacarlle o soldo aos 2 concelleiros e á alcadesa foi vegonzoso, patética...e máis cando o ex concelleiro de Urbanismo estivo cobrando por "facer" o seu traballo nese mesmo lugar e cando o líder dos populares é un persoa que vive única e exclusivamente da política, xa fora municipal ou provincial.

É certo que o traballo da concellería de deportes é inexistente e lamentable, pero non máis que na época do señor Gestido ou co de outras áreas da ACTUAL LEXISTURA DO TRIPARTITO E DA ANTERIOR DO PP como cultura, personal, Urbanismo, Obras e Servizos.....

santi o do carrasco
RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES01-12-2010
asi nos vai con esta xusticia a ver si se pon a cola para cobrar como o resto dos mortales
isto e unha broma
RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES02-12-2010
No xuízo quedou claro o que xa estaba claro nos papeis, que a pesares dun informe do inspector de obras informando sobre a realización de obras de acopio de materiais, movementos de terras e recheos, e dun informe do arquitecto municipal ditaminando que esas obras eran desconformes co planeamento vixente, a alcaldesa non iniciou expediente de restauración da legalidade urbanística.

A secretaria ratificouse no seu informe onde afirmaba que dende a emisión do informe da anterior secretaria Concepción Campos negando a posibilidade de paralización non houbera ningún cambio lexislativo, e dixo que para ela ese informe era correcto. A xuíza non lle permitiu ao avogado da confraría preguntarlle si consideraba que a lei de portos do 2003 tiña importancia no caso, a pesares de non estar citada como lexislación aplicable no informe de Concepción Campos. Argumentou que non era sitio para facerlle un exame xurídico á secretaria. En cambio permitiu que o avogado do concello lle preguntase si pensaba que o concello de Cangas tiña competencias sobre obras de infraestrutura no mar, e respostou que pensaba que non, sendo a pregunta tamén unha pregunta xurídica.

O avogado de Puentes y Calzadas tentou todo o tempo presentar o a apertura de expediente como unha teima persoal de Abalo, fuxindo no posible de entrar en argumentacións xurídicas.

De tódolos xeitos as argumentacións xurídicas están enriba da mesa, para a realización de obras de infraestruturas no mar era preciso un plan de usos e un plan especial que non existen (o plan especial acordaríase entre autoridade portuaria e concello) e polo tanto o concello ten capacidade de paralizar unhas obras que lle afectan e que carecen de soporte legal. A xuíza vaino ter difícil se quere dar por bo o informe de Concepción Campos, escandalosamente amañado e falto do máis mínimo rigor xurídico (lembremos que argumentaba que o concello xa emitira a súa opinión sobre o ordenamento portuario en Cangas ao emitir o pleno un informe favorable a unha proposta de plan de usos presentado no 2001, proposta que nunca foi aprobada, e tendo en conta ademais que o informe favorable condicionábase a formulación dun plan especial)
cangas non se vende
RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES02-12-2010
Corrupción “de libro”: informes descaradamente embrollados e manipulados, informes encadeados uns con outros, a secretaria de agora ratifica “que non houbo cambios na lexislación dende a emisión do outro informe”, expedientes que se perden, que non se inician...cunha recualificación detrás que podería reportar 250 millóns DE EUROS de beneficio neto. Pensa mal e acertarás non, investiga máis e descobrirás.
o escándalo da corrupción
RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES03-12-2010
Estes non teñen vergoña dimisión xá .
dimisón
RE: BNG VENDIDOS// PSOE COMPLICES03-12-2010
Coma sempre penosa a panfletada de Juan Calvo no seu economicamente deficitario libelo diario. A confraría “insinúa”, ao seu avogado unha lei “se le antoja” determinante...Expresións despectivas para os mariñeiros de cangas e os seus representantes e apoio descarado ás opinións pro-empresa. Todo para recoñecer que a alcaldesa non incoou expediente a pesares de ter os informes de que se estaban a realizar obras na zona de Punta Balea e que esas obras eran disconformes co planeamento municipal..que vos aproveiten os aguinaldos.
cachapiollos
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados